Mítin en Encrobas

Eventos Non hai comentarios

22 Maio 2007
9:00 pm

O martes 22 de maio ás 21h. no local social de Pontoxo, nas Encrobas, apresentamos o noso programa electoral. Acompañarame Emi Candal.

Seguimos de rolda

Novas Non hai comentarios

Continuamos cos mítins que estamos a celebrar polas parroquias para que as veciñas e veciños de Cerceda coñezan o noso programa.MitinMeirama

O pasado xoves estivemos en Meirama, onde poidemos comprobar o malestar que causan na parroquia as obras do AVE, sen que dende o goberno municipal se trate de buscar unha solución, ou que a única obra que levou a cabo o concello foi a substitución das farolas neste últimos catro anos. Carlos e Emi explicaron as nosas propostas, pois eu quedeime sen voz!

O venres, acompañad@s do coordenador executivo do BNG Francisco Jorquera, celebramos o mítin de Cerceda. Achegáronse numerosas persoas interesadas nas nosas propostas, e puideron coñecer a tod@s @s integrantes da candidatura grazas ao traballo do compañeiro Óscar da Laracha que nos fixo unha presentación que é a envexa de todo o mundo!

MitinCerceda2MitinCerceda1

Por último, o sábado visitamos a parroquia de Rodís, grazas a cesión que unha veciña nos fixo dun local, xa que o alcalde nos negou o uso do local social para celebrar o noso mítin.

Mítin en Rodís

Eventos Non hai comentarios

19 Maio 2007
7:30 pm

O sábado 19 ás 19:30, acompañada de Antón Amor, achegarémonos ata a parroquia de Rodís para que @s veciñ@s coñezan as nosas propostas para os vindeiros catro anos e nos acheguen as súas suxestións e preguntas. Será na antiga carpintería do Adro.

Mítin en Cerceda

Eventos Non hai comentarios

18 Maio 2007
9:00 pm

O venres 18 de maio ás 21 h. no Bar Primo celebramos o noso mítin central. Para presentar as propostas que temos para o concello, acompañaranos Francisco Jorquera, coordenador executivo do BNG e senador.

Mítin en Meirama

Eventos Non hai comentarios

17 Maio 2007
9:00 pm

Continuamos este xoves coas visitas ás parroquias para exporlles o noso programa. Será en Meirama, no Bar Calsir ás 21 h., con Emi Candal e Carlos Villamisar.

Primeiros mítins da campaña

Novas Non hai comentarios

Onte celebramos os primeiros mítins nas parroquias de Xesteda e Queixas. Aínda que estaba un poucoMitinQueixas rouca, puiden expor as nosas propostas acompañada de Xosé Antonio e Ricardo. Ao final dos mítins, mantivemos unhas conversas c@s veciñ@s que asistiron a escoitarnos, para darnos a coñecer as súas suxestións e facernos preguntas das que nos lles fixemos.

O alcalde prohíbenos usar os locais sociais

Novas Non hai comentarios

Chegoume hoxe un escrito asinado polo alcalde do concello, José G. Liñares, no que se nos comunica que non podemos usar os locais sociais de Xesteda e Rodís para celebrar os nosos mítins. Así é como entende a democracia Liñares! Segundo me dixo telefonicamente, considera que “eses non son lugares axeitados para actos públicos”, que vaiamos a un bar como van eles. Será para contribuír á maltreita economía local!

Polo tanto tivemos que cambiar o lugar de celebración do mítin de Xesteda do domingo, que será no Bar Xesteda.

Inicio da Campaña

Novas Non hai comentarios

Tal e como tiñamos previsto, ás 12 da noite comezamos a campaña electoral, pegando os cartaces nos espazos habilitados pola Concello de Cerceda. Nen a auga teimuda que caía nen o vento poideron con nós. A ilusión, a alegría e a forza serán elementos que, sen dúbida, formaran parte das nosas vindeiras xornadas no camiño de acadarmos o día 27 un resultado histórico para o BNG.

Pegada

Mitin en Queixas

Eventos Non hai comentarios

13 Maio 2007
8:30 pm

O domingo 13 ás 20:30, o compañeiro Ricardo Orxeira e eu mesma, apresentaremos as nosas propostas na parroquia de Queixas, no Bar Rama.

Mitin en Xesteda

Eventos Non hai comentarios

13 Maio 2007
12:00 pm

O domingo 13 ás 12:00 no Local Social de Xesteda, iniciamos a rolda de mítins que daremos por todas as parroquias do concello para darlle a coñecer @s veciñ@s de Cerceda as nosas propostas. Neste primeiro, acompañarame Xosé Antonio Gende para falarvos do noso programa eleitoral.

Ireivos informando neste espazo das datas de celebración de todos eles.

« Entradas anteriores Entradas Recentes »