-
Arquivado: Xullo 31, 2008, 12:45pm CEST por editor
Queda claro que o Goberno se fai o “remolón” á hora de proceder a reformar o sistema de voto dos emigrantes para que voten en urna. A Vicepresidenta do Goberno levou a cabo onte toda unha demostración de retórica evasiva para sortear o que o Parlamento galego aprobou por unanimidade, sabédelo, a proposición de [...]
-
Arquivado: Xullo 17, 2008, 1:12pm CEST por editor
Houbo moito movemento declaratorio co tema das balanzas fiscais feitas públicas polo Goberno nesta semana. Confeso que non gostéi do enfoque e desde logo, menos gostéi do método que se segue para concluir ditas balanzas fiscais. Foi penoso ver o titular que a Administración central pretendeu e logrou. Resulta que Galiza é un pais subsidiado, [...]
-
Arquivado: Xullo 10, 2008, 2:08pm CEST por editor
Seguro que estades ao tanto do que acontece no Parlamento galego para sacar adiante un acordo das tres forzas políticas en relación ao “nunca mencionado” AVE. É unha ironía porque son consciente de que leva días na axenda comunicativa e pode resultar incluso un pouco cargante, pero a cousa ten a suficiente entidade e relevancia [...]
-
Arquivado: Xullo 2, 2008, 7:00pm CEST por editor
Hai xa uns días que solicitéi á Ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, que proceda a convocar a Comisión Bilateral de Cooperación para cumprir co aprobado no Congreso a semana pasada: a creación dunha Subcomisión de seguimento das infraestruturas estatais na Galiza. Si, para, entre outras obras, controlar o ritmo de execución do tren de [...]
-
Arquivado: Xuño 27, 2008, 7:38pm CEST por editor
Aínda que o meu corazonciño pertence á selección galega de fútbol, non podo pasar por alto o triunfo de onte da selección española contra a selección rusa. Parabéns logo porque houbo un bón partido.
Tras este breve inciso, vou directo ao tema que recollían todos os medios de comunicación, e non podía ser menos dada a [...]
-
Arquivado: Xuño 18, 2008, 6:30pm CEST por editor
Cando anuncias algo simplemente avanzas o que vas facer pero cando presentas un plan quer dicer que xa existe, que ten forma e propósito de realidade. Digo isto porque esta mañá participei con Teresa Táboas na presentación do Plan Sectorial de Solo Residencial para Vivenda Protexida. Explicamos en que consiste e cal é a súa [...]
-
Arquivado: Xuño 12, 2008, 7:09pm CEST por editor
É difícil non falar doutra cousa que non sexa a folga dos transportistas destes días e as repercusións conseguintes. Como se dí en linguaxe comunicativa está na axenda setting. Faléi onte nunha entrevista en Radio Nacional deste tema co fondo musical dunha canción do meu venerado Leonard Cohen. Oes, foi unha aportación propia ao programa [...]
-
Arquivado: Xuño 5, 2008, 6:26pm CEST por editor
Parece cousa do demo pero xa estamos no mes de xuño, ás portas dunha nova celebración do Día da Patria. Non me tildedes de ansioso porque de aquí a aló queda un paso. Por iso decidimos no BNG lanzar hoxe mesmo a nosa campaña de actos de cara o vindeiro 25 de xullo que englobamos [...]
-
Arquivado: Maio 29, 2008, 5:48pm CEST por editor
Coido que a todos nos preocupa a denominada por uns, crise económica, por outros, desaceleración, incluso hai quen a chama retroceso, parón ou como queira que se chame á situación actual de burato económico máis ou menos voluminoso. Todo depende desde a perspectiva coa que se mire.
Certo que é difícil fuxir do decaimento do peto. [...]
-
Arquivado: Maio 23, 2008, 11:50am CEST por editor
Cando abrin a fiestra e miréi para arriba esta mañá atopeime de cara coa densa choiva. Un día para meterse na casa e non saír, para estar a resgardo. Conste que aínda que me incomoda porque estou todo o día no coche dun lado para outro, recibo con agrado esta descarga de auga porque son [...]