-
A realidade mudou nestes 3 últimos anos tanto na normativa urbanística como na propria situación económica do país. No momento de se someter a aprobación o documento inicial non existían aínda as normas do Hábitat, nin a exixencia do 40% de reserva do solo para vivenda protexida, nin a normativa de defensa do litoral; por [...]
-
En declaracións realizadas a medios de comunicación, o alcalde de Oleiros pregúntase porque os grupos da oposición non votan favorabelmente o Plan Xeral se -segundo el- cren que os únicos cambios adaptados no plan son os da adecuación á normativa vixente. Ao mesmo tempo que o alcalde se fai esta pregunta os proxectos do [...]
-
O BNG recibiu onte do goberno local o documento do Plan Xeral que o goberno pretende aprobar co apoio do PSOE. Desde a entrega do documento até a comisión informativa que se celebrará xoves 27 ás 18h30 hai escasamente 3 días para o estudo dun documento tan importante e que consta de centos de follas [...]
-
Oito veciños de Oleiros acompañaron a Fina quintáns o pasado sábado áo recinto feiral de Silleda para participar dunha xornada organizada pola Consellaría de Medio Rural.
A Portavoz do BNG en Oleiros e as persoas que a acompañaron, maioritariamente da parroquia de Dexo, asistiron ás conferencias sobre a xestión das UXFOR con propietarios de montes de [...]
-
O goberno local de Oleiros argumenta que o BNG apoiou na aprobación inicial o documento do Plan Xeral para atacar agora o BNG polas nosas exixencias a respeito deste documento. A realidade mudou nestes 3 últimos anos tanto na normativa como na propria situación económica do país. No momento de se someter á aprobación o [...]
-
A pasada semana, o Alcalde de Oleiros anunciaba que levará as modificacións do Plan Xeral de Oleiros ao vindeiro pleno ordinario, modificacións que ninguén viu plasmadas en ningún documento concreto nin expostas publicamente. Nin sequera a outra parte do acordo (PSOE) viu esas modificacións a pesar de ser o garante da aprobación desas modificacións no [...]
-
O alcalde de Oleiros manifesta que as vivendas que vai construír a Consellaría de Vivenda e Solo en Coruxo e no Graxal serán dous guetos. Tanto Coruxo como o Graxal son zonas limítrofes con núcleos urbanos consolidados. En concreto, Coruxo está ao lado das Galeras, onde reside o proprio alcalde, e son lugares privilexiados pola [...]
-
A Alternativa dos Veciños e mais o Partido Popular criticaron onte o Plan de Vivenda presentado pola conselleira para o concello de Oleiros. Resulta curioso ver como a Alternativa dos veciños e mais o PP coinciden na súa visión elitista da vivenda e cualifican de gueto a promoción pública de vivenda en núcleos tan céntricos [...]
-
Despois de teren chegado a un acordo secreto (non se fixo exposición pública das modificacións incluídas), a Alternativa e o PSOE entraron agora nunha serie de contradicións públicas.
O PSOE di que só resta levar a Pleno a aprobación do PXOM e o Goberno Local di que se non hai a seguridade da aprobación por parte [...]
-
Sábado 8 Galiza Nova realizará na Coruña diversos actos para festexar o 20 aniversario da súa fundación.
Os actos de celebración deste sábado 8 de novembro de Galiza Nova comezarán ás 20h00 no Forum Metropolitano do Parque Europa coa exposición nacional do vixésimo aniversario da súa fundación. No acto estarán presentes Ermitas Valencia, concelleira de Xuventude, [...]
-
A Portavoz do BNG no Concello de Oleiros, Fina Quintáns, acompañada por Manuel Sarmiento, membro da asemblea local do BNG, reunirase na tarde de mañá quinta feira (xoves) con representantes da ANPA do Colexio Valle-Inclán para escoitar directamente as súas demandas
A entrevista que manterán mañá a portavoz do BNG no Concello, Fina Quintáns, e o [...]
-
Anxo Quintana e Teresa Táboas hoxe na presentación do Plan Sectorial Galego de Solo Residencial no ámbito da Área Funcional da Coruña
Na mañá de hoxe presentouse na Coruña o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial, que prevé a construción de 45.600 vivendas protexidas en todo o país, a través de 95 actuacións distribuídas en 57 [...]
-
A Consellaría de Educación responderá sobre a ausencia de comedor no colexio de Primaria Valle Inclán de Perillo por iniciativa do grupo do Bloque Nacionalista Galego na Cámara Galega. O noso portavoz parlamentar, Carlos Aymerich, preguntou a Educación sobre os motivos polos que a Asociación de Pais e Nais de Alumnos/as (ANPA) do centro se [...]
-
Urbanizacións en “fondo de saco”, espalladas ao longo do territorio, illadas entre si e dispersas, sen tecido social, restrinxidas a grupos sociais con rendas similares e de poder adquisitivo medio-alto, sen locais comerciais e coa dificultade de dar servizos con ese modelo, de gas, auga, transporte, e mesmo vixilancia agás aquelas que a pagan de [...]
-
A posición do goberno de Oleiros a respeito dos últimos roubos no concello, chama moito a atención. A concelleira de interior do Goberno Local propuxo estes días como solución para os veciños e veciñas que extremen as medidas de seguranza pechando ben as súas portas e fiestras.
Mentres, o Partido Popular tira da receita reaccionaria de [...]
-
O grande artista galego do debuxo realizará unha obra mural na Biblioteca Central Rialeda en Oleiros por unha iniciativa da Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza que dirixe a nacionalista Ánxela Bugallo.
O artista realizará unha obra mural nesta biblioteca situada no pazo da Rialeda en Perillo e a obra estará finalizada no mes de [...]
-
SOCIEDADE GASTRONÓMICA NAZONALISTA “NÓS”
O BNG de Oleiros convoca afiliadas e afiliados,
simpatizantes,
amigas e amigos,
veciñas e veciños de Oleiros e da comarca,
alén doutras persoas boas e xenerosas
vindas dos lugares máis recónditos do noso país
ao
MAGOSTO DO BNG
que se celebrará na
CASA DO POBO DE MERA
DOMINGO, 9 DE NOVEMBRO DE 2008
desde as 12h00 até á última hora da tarde
co seguinte
MENÚ:
Empanada
Xamón [...]
-
Esta tarde, a Portavoz Municipal do BNG Fina Quintáns e o Responsábel Local do BNG de Oleiros Xurxo Dopico, reuniranse cos representantes dos veciños e veciñas de A Cova-As torres para analizar as reivindicacións realizadas por estes ao concello e ver a posibilidades de realización destas demandas por parte do goberno local.
O BNG ofrecerá aos [...]
-
Os veciños e as veciñas da zona da entidade urbanística A Cova-As Torres demandan do Concello de Oleiros unha serie de melloras de carácter público para a zona citada. As demandas referidas foron presentadas por escrito o pasado día 13 do presente mes nas dependencias do Concello e tamén remitidas ao BNG.
O texto presentado no [...]
-
O acordo céntrase na consolidación estrutural e posta en valor da fortaleza.
A contía ascende a 417.864 euros, dos que Consellaría de Cultura inviste 104.466 e o Ministerio de Fomento achega 313.398 euros procedentes do 1% cultural.
A Consellaría de Cultura formaliza un convenio de colaboración co concello de Oleiros, propietario do Castelo de Santa Cruz, para [...]
-
A corredoira das Viñas, que une a Av. Che Guevara á altura de Santa Cristina coa rúa Neira Vilas na Canteira de Perillo, atópase sen beirarrúa e sen iluminación, cunha calzada estreita que fai perigar a integridade dos peóns nun tramo altamente denso que soporta centos de vehículos diarios por comunicar a Av. Che Guevara [...]
-
Primeiro foi o transporte escolar e agora son os comedores dos colexios públicos de Oleiros. Os colexios públicos de primaria Valle-Inclán, Luís Seoane e Parga Pondal non contan con comedor da Xunta de Galiza, o que provoca un caso de discriminación para con aqueles alumnos e alumnas que acuden a algún destes centros e que [...]
-
Despois de termos constatado a baixada de solicitudes e de concesións de licenzas a respeito do ano 2007, o BNG, para completar a información e a transcendencia real destes datos nos primeiros meses de crise, solicitou polo rexistro municipal ao goberno local de Oleiros a cuantificación económica dos ingresos por licenzas urbanísticas do pasado ano [...]
-
Despois de o BNG ter solicitado através do rexistro municipal a información sobre o número de licenzas urbanísticas solicitadas e outorgadas no ano 2007 e no que levamos de 2008, e tendo sido recibida a referida información, podemos confirmar que se está a producir en plena crise económica unha importante baixada tanto no números de [...]
-
Hoxe comezan as xornadas de homenaxe aos irmáns Suárez Picallo, que se celebran en Sada até o 14 de outubro, día no que os restos mortais de Ramón Suárez Picallo chegarán a Galiza desde Buenos Aires para seren enterrados
Esta tarde inaugúranse as II Xornadas Irmáns Suárez Picallo que a Comisión Irmáns Suárez Picallo organiza con [...]
-
Desde o BNG de Oleiros sorpréndenos a comparación que fai o goberno local de Oleiros entre o modelo de Vivenda de Promoción Pública da Xunta de Galiza e o modelo promovido desde o Concello de Oleiros para eludir o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida. Que o goberno local presuma de que as vivendas [...]
-
Covadonga Díaz, portavoz municipal do PSOE en Oleiros, criticou o sistema de cooperativas de vivendas do concello de Oleiros por considerar este sistema como inxusto ao primar a antigüedade no concello por diante de criterios de tipo social como a renda familiar, número de fillos ou persoas a cargo, etc.
Xusto o que leva decindo o [...]
-
A nosa deportista máis internacional, Eva Castro, participa da creación de MUDEGA, Mulleres Deportistas Galegas, asociación que loitará pola igualdade real entre sexos no mundo do deporte, un campo no que é moi necesario avanzar, pois é de todas e todos coñecida a discriminación que padecen as mulleres, tamén no ámbito deportivo.
Eva Castro, que participou [...]
-
O BNG de Oleiros, critica a posición do Partido Popular polas súas críticas á situación da Ría do Burgo, pois foi este un partido que permitiu a degradación da ría en 16 anos de goberno de fraga na Xunta e doce anos de goberno Aznar no Estado.
Para o BNG de Oleiros resulta hipócrita a postura [...]
-
A Dirección Xeral para o Deporte, que retomou o proxecto de recuperación do estadio do INEF por valor de 1 millón e medio de euros, está a punto de finalizar unhas obras que avanzan a un bo ritmo e xa están instaladas as torres de iluminación, graderío, pista, estrutura das aulas, almacén e vestiarios, alén [...]
-
O goberno de Oleiros negou que desde o noso concello houbese verquidos á ría do Burgo, argumentando que todos estaban canalizados e controlados. Esta versión do goberno contrasta cos feitos demostrados pola cofradía de mariscadores/as da ría, que comprobaron e verificaron onte a presenza dun verquido de fecais directo á ría do Burgo na zona [...]
-
Na estrada que vai desde San Pedro de Nós a Cecebre, á altura da Urbanización Xardín de Nós, no punto quilométrico 1.1 da AC221, de titularidade autonómica, existe un punto negro de alta perigosidade tanto para vehículos como para persoas por causa da alta velocidade á que circulan os vehículos nese tramo. Nese punto están [...]
-
Os rapaces e rapazas de Oleiros para practicaren skate vense na obriga de se desprazaren á pista máis cercana no concello de Culleredo ou necesitan inventar artiluxios caseiros compostos de táboa, palé e outros enxeños para teren algún tipo de posibilidade de práctica deportiva do skate. O goberno local, apesar de levar anos coñecendo as [...]
-
Desde a denuncia pública do BNG das irregularidades e as carencias do transporte metropolitano no concello de Oleiros, o goberno local ten mudado radicalmente o seu posicionamento.
O goberno local pasou en só uns días de descualificar o BNG por denunciar a ilegalidade na concesión das liñas e demandar a mellora de frecuencias e paradas en [...]
-
O BNG de Oleiros exixe ao goberno local a máxima urxencia na reparación da cuberta do patio exterior da escola infantil da Canteira, con problemas estruturais graves e risco de derrubamento.
A escola infantil máis nova do concello de Oleiros, que conta con só 3 anos de existencia e unha moderna construción para os nenos [...]
-
O BNG solicitou esta mañá por rexistro ao alcalde de Oleiros o número de licenzas urbanísticas concedidas no concello de Oleiros no ano 2007 e no que levamos de 2008, coas súas correspondentes cantidades de ingresos obtidos a través das referidas licenzas.
Fina Quintáns solicitou hoxe ao alcalde de Oleiros a información referida ao número de [...]
-
Os veciños e veciñas dos Tornos en Oleiros (na zona limítrofe co concello de Sada) seguen agardando polas actuacións do goberno local e lamentando a discriminación que teñen respeito doutras zonas do concello de Oleiros.
Os Tornos agarda tamén que o bo entendemento do alcalde de Oleiros co seu homónimo de Sada facilite a execución da [...]
-
O alcalde de Oleiros minte cando fala de acordo entre as empresas e totalmente falso. Non ai ningún tipo de acordo,e de feito se síguen os procesos xudiciais abertos.
Poderiase preguntar ao alcalde ou ao secretario xeral da Consellaría quen sería o responsable no caso de que houbese un acccidente con víctimas, agora que está demostrada [...]
-
- El Ayuntamiento de Oleiros (A Coruña), mediante resolución de Alcaldía, acordó la cesión de uso de un inmueble municipal como sede social, situado en Santa Cristina (Perillo), que consta de planta baja y primera. Estamos gestionando fórmulas de financiación de la obra de acondicionamiento, mediante subvenciones y aportaciones privadas.
O texto que figura encima, foi [...]
-
Desde o BNG de Oleiros, celebramos que se teñan criado liñas de autobuses ás parroquias de Oleiros, que se tenda a mellorar o transporte metropolitano por estrada, ferrocarril ou marítimo, mais sempre respeitando a legalidade vixente e as garantías de libre concorrencia, transparencia e os mínimos dereitos nas concesións dos servizos públicos.
Parécenos grave que un [...]
-
Unha nova sentenza, declara NULAS as resolucios do servizo provincial de transportes que autoriza a Calpita a prestación do transporte metropolitano que se puxo en marcha en Oleiros antes das últimas eleccions autonómicas promovida polo Partido Popular.
Como saben, esta e a segunda sentenza sobre o mesmo tema, e ainda así seguese prestando, ca connivencia [...]
-
O PP de Oleiros pretende presentar mañá unha moción para mellorar os xogos infantís dos espazos públicos do concello de Oleiros, proposta esta que nos parece correcta, mais que precisa de certas matizacións:
1º) Os xogos infantís deben homologarse e adaptarse ás normativas de seguridade en vigor.
2º) Sorpréndenos que o PP proceda nos plenos a presentar [...]
-
O BNG lamenta a ausencia do grupo de Alternativa dos Veciños e do PSOE nas manifestacións para exixir o saneamento da Ría do Burgo e acusa o alcalde de Oleiros de negar as evidencias sobre os verquidos na ría nos tramos do concello de Oleiros.
Que García Seoane se teña negado a aprobar a moción [...]
-
A Portavoz Municipal do BNG, Fina Quintáns, apresentou esta mañán polo rexistro do concello a moción do BNG comarcal para a milllora do transporte metropolitano. Reproducimola abaixo:
MOCIÓN
Exposición de Motivos
Moitos son os problemas de mobilidade na área metropolitana da Coruña, problemas que non só poden ser resoltos coa construción de novos viais. O BNG ten claro [...]
-
Fina Quintáns na mañá de hoxe no rexistro municipal
Na mañá de hoxe, Fina Quintáns apresentou no rexistro do Concello de Oleiros unha solicitude acompañada dunhas 316 asinaturas de veciños e veciñas de Oleiros reclamando o adecentamento dos accesos e do contorno da praia de Naval.
O BNG leva recollido durante todo o verán as asinaturas [...]
-
A iniciativa parlamentar promovida polo BNG de Oleiros fixo recuar o PSOE no súa tentativa de eliminación do transporte extraescolar nos centros de primaria de Oleiros
A pregunta parlamentar de Carlos Aymerich e Pablo Glez. Mariñas demandando o mantimento do transporte nos tres centros de primaria do concello, Rabadeira, Parga Pondal e Luís Seoane, exerceu de [...]
-
O BNG presentou na tarde de onte no Parlamento galego unha pregunta através dos deputados do BNG Carlos Aymerich Cano e Pablo González Mariñas relativa á supresión por parte da Consellaría de Educación do transporte extraescolar en diversos centros escolares do concello de Oleiros. Os deputados do BNG solicitaron saber cando vai ser re-estabelecido por [...]
-
Despois de numerosas reclamacións feitas polos rapaces de Oleiros para que se construira unha pista de Skate, o goberno local sigue incumplindo esta vella promesa.
Un grande número de practicantes desta actividade de ocio deportivo, teñen recillido sinaturas, feito peticións orais e por escrito ao goberno local e sempre recibiron promesas que siguen sen cumplirse.
A vella [...]
-
Despois de casi tres anos de que a dirección Xeral de Xuventude donara ao Concello de Oleiros o material para os locais de ensaio, o goberno local sigue sen dotar ao grupos de música do Concello dos locais onde poder ensaiar cos instrumentos, microfonía e amplificación donados polo departamento que dirixe Rubén Cela.
A Dirección Xeral [...]
-
O bus-exposición do BNG “Transformando Galiza” estará no Parque Luís Seoane de Santa Cruz na próxima segunda feira, luns, 15 de Setembro, para informar e expor con transparencia a xestión de goberno do BNG na Xunta de Galiza.
Asunto: Exposición pública no bus do BNG “Transformando Galiza”
Lugar: Parque de Luís Seoane (detrás da parada de taxis).
Horario: [...]
-
Malia a negativa do alcalde de Oleiros a recoñecer que se podería mellorar o contorno de Naval, as mobilizacións realizadas polos veciños e veciñas, e as sinaturas recollidas polo BNG, provocaron coa presión cidadá que o Concello publique a expropriación dos accesos despois de anos de esquecemento dun privilexiado contorno urbano entre as parroquias de [...]
-
Nun acto no que se detallarán as “liñas vermellas” en caso de negociación co goberno do Estado: máis autogoberno, financiamento para aplicar a Lei de Dependencia e cumprimento dos prazos da alta velocidade ferroviaria
O Bloque Nacionalista Galego, como vén facendo nos últimos anos, realizará este domingo 7 un acto público na vila de Allariz que [...]
-
O BNG traballa para a xente de Oleiros, independentemente de quén goberne o concello e así o demostramos cando formamos parte do goberno local pero tamén fora del co apoio decidido desde outras institucións como a Xunta de Galiza ou a Deputación Provincial.
Rematando as vivendas de o mesón da Auga que acumulaban case dez anos [...]
-
O alcalde de Oleiros sorpréndenos hoxe con unhas declaracións no diario La Opiniónde A Coruña, nas que acusa ao BNG de ter intereses económicos en Oleiros, según él, por cobrar as dietas de asistencias a plenos e comisións.
Xa que logo, o alcalde cifra os “intereses económicos” do BNG en 250€ mensuáis, todo un escándalo de [...]
-
[ 9 Agosto 2008; 12:00 pm a 1:00 pm. ] CONCENTRACIÓN: SÁBADO 9 ÁS 12:00 NA PRAIA DE NAVAL
-Contra o abandono durante máis de 20 anos do contorno de Naval, en Breixo (Dorneda).
-Pola colocación de iluminación, adecentamento dos espazos públicos e pola colocación de valados de protección e a mellora dos accesos e da limpeza do contorno de Naval.
Acude á concentración do Sábado 9 ás [...]
-
Carta de Fian Quintáns ao Alcalde de Oleiros.
Estimado sr. alcalde:
Sorprendennos moito no BNG as súas declaracións polo posicionamento do BNG sobre o Plan Xeral de Oleiros, e sobre todo cando vostede afirma que o documento actual é o mesmo que o inicial apoiado polo Bloque Nacionalista Galego.
O actual documento, cos cambios introcudidos por vostede no [...]
-
O BNG de Oleiros logrou que o goberno local inicie esta mesma semana as obras de asfaltado dos accesos á praia de Naval.
O BNG de Oleiros realizarou estes días na zona do contorno da praia de Naval unha recollida de sinaturas porta por porta para presionar o goberno local e adecentar os accesos.
Esta iniciativa do [...]
-
Desde o BNG de Oleiros exiximos do goberno local unha aclaración pública sobre o fase da negociación en que se atopa o Plan Xeral. No BNG pensamos que non se pode admitir que despois de o alcalde ter apremiado a aprobación con urxencia hai máis dun mes do referido plano, encontrámonos agora cun sospeitoso silencio [...]
-
Quero manifestar a miña máis rotunda condena dos actos realizados na rotonda de Nirvana contra a custosa estatua do Che instalada hai menos de quince días polo goberno en minoría de Alternativa dos Veciños, unha estatua colocada contra a vontade do resto do Pleno Municipal, isto é, contra a maioría da representación cidadá, mais que é parte [...]
-
Hoxe quero subliñar o esforzo importantísimo que as compañeiras e compañeiros do BNG realizaron ao longo dos xa máis de 3 anos desta lexislatura na Xunta de Galiza. As consellarías do BNG na Xunta de Galiza cumpriron ao longo dos 3 anos de lexislatura xa pasados co concello de Oleiros. Proba disto son as seguintes actuacións:
-Consellaría [...]
-
O alcalde de Oleiros xa conseguiu o que quería, pois a polémica xerada coa colocación do monumento ao Che Guevara fixo que o debate sobre o Plan Xeral desaparecese da vida política de Oleiros. Todas e todos constatamos a urxencia do goberno local para aprobar un Plan do que se nos ocultan os acordos acadados [...]
-
Quero manifestar ao Consulado de Cuba e á comunidade cubana de Galiza o meu máis fondo respeito e admiración pola figura do Che Guevara, a quen considero merecedor de todas aquelas homenaxes que se lle tributen, mais entendendo tamén que o Che non pode ser instrumentalizado e utilizado por un alcalde como foco dunha polémica para [...]
-
Diante da última polémica xerada polo ínclito Ángel García Seoane, coa famosa estatua do referente revolucionario de tantas xeracións, Ernesto Guevara de la Serna, coñecido popularmente como Che Guevara, gustaríame facer unhas pequenas consideracións:
1) O Che Guevara é merecedor de todas as homenaxes que se lle pretendan facer, mais sempre respeitando o seu pensamento e [...]
-
Xa comezou o verán e as veciñas e veciños de Oleiros véñenme demandando ultimamente, coa proximidade do verán, que faga públicas as súas queixas polo pésimo estado dos accesos á praia da Naval, así como do estado lamentábel en que se encontra o contorno desta praia. Despois de me teren realizado estas queixas a respeito [...]
-
O primeiro campo de fútbol de herba sintética do Condús (Eugenio Pardo Conchado) foi xestionado e propiciado polo BNG cando ocupaba a responsabilidade de Deportes no Concello de Oleiros. O campo de herba sintética do Condús foi un campo que non estaba previsto nos plans da Deputación e que xerou unha forte polémica entre o [...]
-
Desde o fondo respeito que me merece a figura do Che Guevara, que consta xa como nome dunha das principais avenidas do concello, non comparto a política de obras faraónicas que emprendeu o alcalde de Oleiros nos últimos tempos. Mais non apoiarei tampouco a hipocrisía dun Partido Popular que pretende agora impedir nun pleno extraordinario o que [...]
-
Se xa de por si é discutíbel a implantación dun campo de golf polo que pode constituír de antiecolóxico, e polo excesivo consumo de auga, ou pola xustificación que ten para amparar a especulación urbanística arredor destas infraestruturas deportivas, o campo de golf que o Concello de Oleiros pretende crear en Dorneda non prevé unha [...]
-
A día de hoxe, após varios anos de funcionamento das escolas municipais de música e danza, a realidade é a seguinte: non hai un grupo estábel de danza en Oleiros nin unha agrupación estábel xurdida das respectivas escolas municipais de música e danza.
Outra realidade que constato é o feito de as escolas públicas municipais seren [...]
-
Alternativa dos Veciños e mais o PSOE de Oleiros veñen de negociar un acordo para o Plan Xeral de Ordenación Municipal. As veciñas e os veciños teñen interese, loxicamente, en saberen en que consiste tal acordo. Debo, por tanto, facer as seguintes declaracións en referencia a este tema. Primeiro, debo salientar que hai persoas interesadas [...]
-
Ninguén foi máis inimigo que o Che de fastos e monumentos faraónicos. Na reforma dunha rotonda recén construída na avenida Che Guevara, a máis importante do concello, paréceme un gasto excesivo e sen sentido gastar 180.000€ dun diñeiro público que ben podería ser empregado en mellorar o benestar da cidadanía das veciñas e dos veciños [...]
-
Cando se aprobou inicialmente o Plan Xeral hai máis de 2 anos a situación económica non tiña nada a ver coa que estamos a vivir actualmente. A sociedade en xeral percibe claramente a crise (Zapatero chámalle “desaceleración”) que afecta fundamentalmente o sector inmobiliario, entre outros. A construción está a padecer un parón que afecta negativamente [...]
-
Os grupos municipais de Alternativa dos Veciños e PSOE escenificaron estes días un suposto acordo saído dunha dura negociación respecto do PXOM de Oleiros. O anuncio destes grupos do aumento dun 30% a un 40% de solo para vivenda protexida constitúe unha burla ás veciñas e aos veciños de Oleiros. En primeiro lugar, quero indicar [...]
-