-
Posted: April 30, 2008, 7:38pm CEST by Jorquera
“Galiza é pobre”, “Precisamos da solidariedade do Estado ad aeternum”. Estes son algúns dos tópicos cos que nos bombardea o discurso dominante para perpetuar a imaxe dunha Galiza pedichona e esmolante. No BNG cremos firmemente que Galiza é un país rico, que podemos facernos plenamente responsábeis da nosa fiscalidade se existen unha regras claras e [...]
-
Posted: April 14, 2008, 6:02pm CEST by Jorquera
O Gabinete que presentou esta fin de semana o presidente do Goberno non ofrece grandes novidades respeito da última lexislatura nas grandes liñas económicas -Solbes segue á fronte do Ministerio de Economía e Facenda e da Vicepresidencia Segunda-, como en materia autonómica, onde Elena Salgado mantén a carteira de Administracións Públicas.
Pero o aspecto máis preocupante [...]
-
Posted: April 7, 2008, 2:22pm CEST by Jorquera
Non entendo a obstinacion do PSOE por dificultar que o Grupo Mixto se poida desdobrar e por impedir que forzas políticas que suman máis dun millón de votos e que están a só tres centésimas do 5% a nivel se estado, poidan constituir grupo parlamentar, como xa ocorreu en lexislaturas pasadas.
Foi esa inxustificable falta de [...]
-
Posted: March 28, 2008, 7:12pm CET by Jorquera
Saúdos e todos e todas de novo e desculpade pola miña ausencia das últimas semanas. Despois da campaña tomei un pequeno respiro duns días coa familia para empezar con novos azos unha lexislatura que se presenta ilusionante para Galiza e para o BNG.
Como xa vos enteraríades, pola prensa este mércores tiven o primeiro encontro [...]
-
Posted: March 11, 2008, 12:56pm CET by Jorquera
Grazas de corazón polo voso apoio. Logramos que Galiza siga tendo voz propia en Madrid con máis apoio social aínda, a pesares nun contexto totalmente adverso de bipartidismo mediático abafante. Tede por seguro que o voso apoio permitirá que Galiza sexa decisiva, que Galiza conte, nunha situación na que o PSOE vai precisar do noso [...]
-
Posted: March 7, 2008, 10:41am CET by Jorquera
Onte foi o gran día da campaña. Centos de amigos e amigas reunímonos no Palexco para manifestar claramente que o vindeiro día 9 votaremos pensando en Galiza, exercendo de galegos e galegas tamén á hora de votar. A sociedade galega está cansa de ver pasar a deputados/as do PSOE e do PP que [...]
-
Posted: March 7, 2008, 10:18am CET by Jorquera
Entrevista a Jorquera
-
Posted: March 4, 2008, 2:49pm CET by Jorquera
A catro días de que se celebren as eleccións hai tres cousas claras: o PP non vai gañar as eleccións, non vai haber maiorías absolutas e, polo tanto, os partidos nacionalistas volverán ser decisivos para a conformación de maiorías parlamentares. Así se reflicte, mal que lles pese a moitos, nos inquéritos publicados este domingo tanto [...]
-
Aínda que esta afirmación resulte obvia e mesmo grandilocuente, penso que é necesaria facela á vista das declaracións de onte do Ministro de Cultura e cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña, o señor César Antonio Molina, nas subliñaba que nin o que lles escreve nin o candidato do PP, Antonio Erias, “séran [...]
-
Olá de novo! En primeiro lugar quería pedirvos desculpas por estar ausente estes días da miña bitácora: fun respondendo os correos, que agradezo sinceramente, pero a intensa actividade de campaña impediume engadir novos comentarios.
Aproveito un momento de respiro para facer unha reflexión sobre un tema que preocupa non só ao BNG, senón coido que a [...]
-
Estes días de precampaña xa comezamos a ver polas rúas do país os primeiros cartazes eleitorais. Resulta curioso que mentres os candidatos e candidatas provinciais do BNG son os que aparecen nos cartaces nos do PSOE e PP os únicos que figuran son Rajoy e Zapatero. Qué pasa? Qué Rajoy e Zapatero se presentan como [...]