-
Onte o BNG presentou no pleno unha moción de urxencia na que pedíamos que se crease unha comisión con representación de todos os grupos municipais para establecer as obras que se poden acometer cos case 16 millóns de euros que lle van corresponder a Lugo polo decreto do goberno estatal para paliar a crise e [...]
-
Hoxe sae publicado na Voz de Galicia un artigo no que analisan os graves atrasos que sofre a construción da autovía Lugo-Santiago. Xa se empeza a falar de que non vai estar rematada antes de 2015!!! E estamos aínda en 2008. Polo tanto aos lucenses quedaríannos 7 anos de viaxes a Compostela por vias convencionais [...]
-
Hoxe tivemos Comisión de muller e benestar social e nela o goberno municipal do Sr. Orozco tivo que recoñecer a gravidade dos feitos denunciados polo BNG. Son feitos probados que unha empresa radicada no viveiro municipal de empresas de Garabolos deseñou unha páxina web para un anunciante que a dedica á prostitución.
A Comisión, unanimemente, rexeitou [...]
-
Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, celebra os seus 20 anos de existencia. E se ben é certo que 20 anos non son nada, son moitos para unha organización xuvenil como a nosa.
Eu formeime politicamente en Galiza Nova. Participei na súa constitución naquel 23 e 24 de xullo en Compostela e fun a súa [...]
-
Vaia por diante que o BNG non cuestiona os dereitos de ningunha empresa dedicada ao deseño de páxinas web, e por suposto, tampouco as facemos responsábeis dos contidos que os anunciantes colgan nelas. O que o BNG denunciou onte é que desde unha páxina web na que se anuncia pornografía exista un enlace coa empresa [...]
-
O BNG acaba da facer público que unha empresa radicada no CEI (centro de empresas) de Garabolos ten, entre as súas actividades, a realización do deseño de páxinas web, que son usadas por anunciantes de pornografía. Entrando en sexolugo.com vemos claramente como é unha páxina pornográfica e que nela aparece un enlace coa empresa, [...]
-
Hoxe volveu a Lugo Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso dos deputados. Deu conta das negociacións mantidas co PSOE para os orzamentos do Estado para 2009, das que xa falei algunha vez o mes pasado. Finalmente logramos 125 millóns de euros máis para Galiza, parte deles para Lugo (por exemplo, 1,5 millóns para a [...]
-
Imaxe moi rechamante a de hoxe nos xornais. Sonia Méndez e Loli Vieiro despois da xuntanza con representantes de Vicepresidencia e do Consorcio acusándonos de querer adoutrinar aos traballadores dos centros concertados coa Vicepresidencia. U-lo respecto por eses traballadores e traballadoras? Agora xa non se atreven a facer as afirmacións que facían sobre a aposta [...]
-
A Vicepresidencia da Xunta, a através da Dirección Xeral de Mocidade, acaba de abrir na nosa cidade o denominado Centro Lug, nas instalacións do que foron as residencias Irmáns Pedrosa e Eijo Garay. A nova denominación é Lug 1 e Lug 2. O Lug 1 (antes Irmáns Pedrosa) acolle unha residencia de estudantes de carácter [...]
-
Teoricamente o día 3 de decembro íase celebrar o pleno extraordinario para aprobar o Plan Xeral. Pero xa non vai ser así. Non vai ser así porque para poder facelo, este luns 17 teríannos que ter dado copia de toda a documentación e a nós non nos chegou nada… nin unha explicación. Será que como [...]
-
O Goberno municipal acaba de anunciar que está elaborando unha ordenanza que regule o botellón, aínda que máis que regular, falan exclusivamente de sancionar. Vaia por diante que eu creo que non hai que criminalizar o botellón e que tamén non ten discusión o dereito dos veciños e as veciñas de Lugo a poder descansar. [...]
-
Xa pasou a famosa xuntanza do G-20 e tal e como dicía o venres pasado, poucas cousas novas nos trouxo. Trouxo unha imaxe clásica de homes con traxe e gravata e unha presenza absolutamente reducida de mulleres. Que pouco cambian as cousas!
E de que falaron? Falaron de ECONOMÍA. Falaron de economía con letras maiúsculas. Porque [...]
-
Hoxe e mañá vaise celebrar a xuntanza do G-20 en Washington. Supoño que ninguén esperará que as receitas que aporten alí Zapatero vaian resolver os graves problemas que está a xerar a crise económica. Cando falan de refundar o capitalismo hai que botarse a tremer, porque o capitalismo salvaxe na súa versión actual, o neoliberalismo, [...]
-
Onte, outra vez, un home asasinou á que fora a súa parella e nai da súa filla polo feito de ser muller. Cada vez que acontece pensas en que non chegan as concentracións, non chegan as ordes de afastamento, non chegan os xulgados específicos (que Lugo non ten) contra a violencia de xénero, non chegan [...]
-
Despois das declaracións de onte de Orozco non podo deixar de falar do Plan Xeral. Teoricamente tería que ir a Pleno o día 3 de decembro, e para iso o vindeiro luns, 17 de novembro, teríamos que ter copia íntegra de toda a documentación. Non sei, pero todo soa a novo incrumprimento de datas. Orozco [...]
-
Pasou o pleno da cuestión de confianza e a vida deste concello segue adiante, aínda que onte algúns catastrofistas afirmasen o contrario. O BNG actuou de maneira coherente e non prolongou por máis tempo a farsa que crearon o PSOE de Orozco e o PP de García Díez e Barreiro. Orozco impuxo os seus orzamentos [...]
-
Poida que xa esteades cansos de que estes últimos días fale sempre do mesmo, pero é que ás veces as circunstancias políticas obrígannos a aclarar certas cousas. A nosa abstención no pleno de hoxe non é un apoio aos orzamentos de Orozco. Ímonos abster para pechar definitivamente un procedemento imposto polo PSOE, para poder aprobar [...]
-
O PSOE anunciou a semana pasada que vai promover a aprobación dos orzamentos nos concellos nos que non gobernan co argumento de “non crear problemas en época de crise”. Manda truco coa súa teoría! Con esa teoría seica van aprobar orzamentos que aos que lles fagan advertencias os interventores/as dos concellos, orzamentos que incrementan o [...]
-
Onte Barreiro, o presidente provincial do PP, recoñeceu publicamente que estaban dispostos a “liderar un goberno alternativo” ao do PSOE. É dicir, estaba falando dunha moción de censura a Orozco. Pero curiosamente, García Díez, o portavoz municipal o día antes dixera exactamente o contrario. Ante esta situación asáltame unha importante dúbida, quen manda no PP [...]
-
Orozco pensa que xa nos ganou a batalla porque sacou un as da manga e acolleuse a unha artimaña legal que lle permite aprobar os seus orzamentos, a cuestión de confianza. O luns temos un novo pleno e grazas a el vai sacar adiante os orzamentos do PSOE, que non os dos lucenses. Serían dos [...]
-
Lugo conta desde hoxe cuns orzamentos prorrogados. E este feito é por obra e graza de Orozco e do PSOE que non aceitaron mellorar a proposta que nos fixeron aos grupos políticos e que o BNG xa anunciara que así non ia aprobar. Agora que ninguén se rasgue as vestiduras nin minta, nin engane, nin [...]
-
Esta tarde ás 5 temos pleno, e vai ser un pleno importante. Vai ser importante porque van os orzamentos. Uns orzamentos que o BNG xa anunciou que, se se manteñen como están, non imos aprobar porque seguen incidindo en gastos absolutamente innecesarios en época de crise. Queremos que se recorte o gasto en publicidade, en [...]
-
Estase debatindo no concello de Lugo un novo regulamento de participación cidadá. Nel o meu compañeiro Xosé Chorén puxo sobre a mesa as nosas alternativas, alternativas encamiñadas a que os cidadáns participen realmente no deseño da política municipal, para que as súas propostas se escoiten e se debatan.
Pero coma sempre, o PSOE e Orozco non [...]
-
Hoxe o senador do BNG, o compañeiro Bouza, leva ao Senado unha iniciativa na que reclama outra vez que en Lugo, Ourense e Ferrol se creen xulgados específicos de violencia de xénero. É este un tema, o da violencia de xénero, do que se fala e se escribe arreo, constantemente, en todos os medios e [...]
-
Onte non puiden escribir nada que tivemos un día moi completo. Empezamos a mañá coa Comisión de Planeamento na que se nos deu conta dos informes emitidos polas distintas administracións sobre o Plan Xeral. Maioritariamente aceitáronse as consideracións feitas por todos os organismos, incluidas as Consellerías de Cultura, agás aquelas que entendíamos que invadían competencias [...]
-
Esta fin de semana un medio de comunicación publicaba unha entrevista co Presidente dos construtores lucenses na que afirmaba que a vivenda non vai baixar de prezo, senón que vai subir un 30%. El achaca esa hipotética subida ás Normas do Hábitat. Por suposto non fala da especulación do solo e do enriquecemento do sector. [...]
-
Xa falei esta semana dos cartos que o Estado lle vai entregar á banca para que superen a súa situación de crise. E xa dixen tamén que o BNG se opuxo porque non lles poñen condicións para aplicar eses fondos que son de todos os cidadáns, que veñen dos nosos impostos. Pero estes días aínda [...]
-
Orozco non está disposto a aceitar cambios no seu orzamento e vai ter que prorrograr o deste ano. E o PSOE vaillo permitir. O BNG fíxolle catro propostas concretas para incrementar o orzamento e aumentar os investimentos. Pero non quere aceitar nada que veña de nós, e agora o que vai facer é buscar escusas [...]
-
Toca falar dos orzamentos da Xunta. Presentáronos onte e, aínda que con matices, son uns orzamentos positivos para esta provincia e tamén para o concello de Lugo. E digo isto non só polo investimento comprometido en gasto social, polo apoio ao medio rural e ao sector primario e ás políticas de I+D, e por esas [...]
-
Finalmente e despois dunha dura negociación o BNG vai apoiar os orzamentos do Estado. E ímolos apoiar a cambio de cousas concretas. E esas cousas concretas non é só que supoñan un incremento dos cartos que se destinan a Galiza, senón acordos políticos que nos van permitir actuar como País e incrementar as nosas competencias [...]
-
Onte veu a Conselleira de Política Territorial contarnos que o Plan Paradai avanza con rapidez e que o ano que vén imos ter nova ponte en Paradai, esa que cortaron e que unía As Gándaras e Paradai. Hoxe os cativos de Paradai cruzan a via do ferrocarril para ir á parada do bus que se [...]
-
A Dirección Xeral de Patrimonio da Consellaría de Cultura xa informou de novo o plan xeral. E o informe é desfavorábel porque o goberno municipal e as redactoras non modificaron aqueles aspectos que xa no 2006 lles dicían que había que cambiar. O traballo das redactoras é tan pouco rigoroso que enviaron fotos de elementos [...]
-
Está claro que as mulleres pouco importamos. O Ministro de Xustiza respondeu onte a unha pregunta do BNG na que se lle preguntaba se ian crear nas cidades de Lugo, Ourense e Ferrol xulgados específicos contra a violencia de xénero, tal e como establece a Lei Contra a Violencia de Xénero, e o sr. ministro [...]
-
Teño que andar outra vez a voltas co Plan Xeral porque Orozco moito fichar a unha muller que non foi elexida concelleira para ocuparse do urbanismo pero nada máis. Segue coa súa política de imaxe cara a fóra pero sen resolver nada no concello. Hai un acordo dos 3 grupos polo cal a finais de [...]
-
Xa se acabou o San Froilán e agora toca facer balance das festas. Balance positivo polo bon tempo, pola xente (aínda que houbo menos ca outros anos), e pola festa en si. Pero tamén hai aspectos negativos ou polo menos non tan positivos que poñer sobre a mesa. Podo empezar falando das medidas de seguridade [...]
-
Estamos en época de crise, iso está ben claro. Chamémoslle como lle chamemos é iso, unha crise que nos está afectando a todos e a todas, pero non por igual. A verdade é que a min non me preocupa da mesma maneira o que lle pode pasar a unha entidade bancaria ou a unha empresa [...]
-
O pleno de onte foi absolutamente atípico. Empezamos cun Orozco incapaz de manexar o cronómetro co que nos marcan os tempos. Seguimos cun Rábade falto de recursos e que miraba constantemente para o alcalde, non sabemos se para pedirlle o consentimento para seguir falando, ou por medo a levantar tamén el as iras do [...]
-
Cando chega o San Froilán parece que todo se para en Lugo. Seguro que os veciños e veciñas desta cidade van aparcar por uns días ou por unhas horas incluso a crise e, coma todos os anos, gozar das festas se é que o tempo acompaña. Este ano xa se escoitaron críticas ao programa das [...]
-
Seguimos ás voltas coa ponte. Hoxe os medios publican que o Ministerio de Fomento promete licitar a ponte a comezos do ano que vén… Promesa repetida e incumprida en numerosas ocasións. Se a ponte tiña que estar rematada neste ano e aínda non se empezou, a verdade é que xa non podemos crer nada.
Semella que [...]
-
Cadro dos Orzamentos do Estado: 151.000 € para a Nova Ponte de Lugo
Unha cifra: 151.000 €. Esta é a consignación orzamentaria que ten a nova ponte de Lugo nos orzamentos do Estado para o ano que vén. Claro que os 5 millóns de € que tiña para este ano seguen sen gastar. Pero [...]
-
A policía local de Lugo leva cun conflicto aberto moitos anos, conflicto que se recrudeceu nos últimos meses nos que a situación xa se fixo insostíbel. O meu compañeiro e portavoz municipal, Xose Anxo Laxe, fixo públicos onte unha serie de datos que son moi claros. Esta cidade padece un total caos de tráfico, non [...]
-
Esta fin de semana o Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana e o Portavoz no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, indicaron que de non haber modificacións nos orzamentos do Estado, o BNG non os vai apoiar.
Non podemos prestarlle o noso apoio a unhas contas que non garantizan o investimento no noso País, pois aínda que [...]
-
Onte celebrouse unha comisión de tráfico na que se analisou a seguridade vial no concello. Os últimos atropelos producidos en distintas rúas, en ocasións en pasos de peóns, puxeron de manifesto a necesidade de mellorar a regulación do tráfico na cidade. Entre outras cousas acordaron poñer radares na Ronda para reducir a velocidade, pois é [...]
-
Onte a Ministra de Fomento, Magdalena a magnífica, díxolle ao portavoz do BNG no Congreso que era difícil reutilizar as vias que van quedar libres pola entrada en funcionamento do AVE para o ferrocarril de cercanías. Jorquera insistiulle na necesidade que tén o noso país de contar cunha compañiá ferroviaria galega que poña en marcha [...]
-
Este luns estiveron en Lugo o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e a conselleira de Vivenda, Tereixa Taboas. Os dous son nacionalistas e, mal que lle pese a Orozco, presentaron un proxecto de vivenda protexida para Garabolos que é a envexa de calquera cidade. Vanse construir máis de 800 vivendas con distintos tipo de protección, [...]
-
Case parece que Lugo é unha nación que precisa dun debate sobre o seu Estado. A Lei de Grandes Cidades permite facer este tipo de cousas: debates nos que o alcalde tén tempo ilimitado (onte falou durante case dúas horas) e a oposición tén 15 minutos e despois 10 de réplica. Xa se ve que [...]
-
Na rúa López Guntín había un tampón urbanístico que se derrubou non fai moito. Tiraron coa casa que impedía o acceso á rúa desde Lamas de Prado e…máis nada. O concello asfaltou o tramo de rúa no que estaba a casa que se tirou e non fixo nada máis. Nin pintou os aparcadoiros, nin mellorou [...]
-
A Ordenanza Municipal de Parques, Xardíns e Arboredo Urbano contempla a posibilidade de crear o Catálogo Municipal de Árbores Singulares co obxecto de preservar e poñer en valor todas as especies vexetais sobresaintes do municipio.
En Lugo estamos afeitos a que se talen carballeiras para levantar edificios e ao seu lado, se faga un novo xardín. [...]
-
Onte o portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, interpelou ao Presidente do Goberno sobre o uso do galego na administración central, poñendo como exemplos a negativa de corpos como a Garda Civil e o Exército a aceitar certificados de estudos emitidos en galego, a ausencia total do seu uso por parte da xustiza, a [...]
-
Onte o goberno municipal foi visitar as obras do Plan Paradai. Os veciños seica estaban moi contentos. É normal que anden contentos despois de 15 anos nos que non se fixo nada. Mágoa que só lles preguntasen aos que non están afectadas polo desdobramento de Duquesa de Lugo. Mágoa porque seguramente estes, os que viven [...]
-
Xa se achega outubro e nesta época sempre toca falar de orzamentos. Orzamentos do concello, orzamentos da Xunta e orzamentos do Estado. No caso do concello empezouse co debate das taxas e impostos. Orozco quere facernos crer que algunha das súas propostas de conxelación impositiva van ser a solución para a crise que tamén nos [...]
-
En Lugo cada día se ve peor cine. As salas que se manteñen abertas só emiten cine comercial, nada de cine social, nada de cine alternativo, nada de cine que non sexa americano. Por iso se agradece tanto a semana de cine de autor. Porque nos permite ver o cine que se fai noutros paises, [...]
-
As obras nesta cidade parece que empezan sempre tarde e que nunca dan acabado. É o que pasa coas que andan facendo en Mar Cantábrico. Eu paso por alí case todos os días e de verdade que son para desesperarse. Levamos todo o verán coa rúa cortada, non se sabe moi ben porque, e agora [...]
-
Seguimos ás voltas co tren. Está claro que esta é a súa semana. Agora incluso os medios de comunicación se fan eco das graves carencias ferroviarias que ten lugo. Menos mal! Porque a única maneira de ganar as batallas e dándoas. Se abandonamos a reclamación dun tren de cercanías galego, se non pedimos unha conexión [...]
-
Onte dixémoslle ao PP que se quere unidade política para mellorar o ferrocarril en Lugo que aposte, como o fai o BNG, pola creación dunha compañía ferroviaria galega que xestione o ferrocarril de cercanías e a conexión entre as cidades galegas.
E mentres nós facemos esta proposta, o PP e o PSOE enléanse na súa batalla [...]
-
Imos pedir o desdobramento da Ronda Norte para darlle servizo ao novo polígono industrial das Gándaras e tamén ao novo hospital, pois esta via enlaza na Campiña coa Ronda Leste, principal acceso a esta infraestrutura sanitaria.
A entrada en funcionamento do novo polígono industrial das Gándaras está prevista para finais do ano que vén, polo que [...]
-
Chega o outono tamén ao concello de Lugo e con el o Concelleiro de Medio Ambiente parece outro. Non sei se será polo cambio de estación que se aveciña ou polas novas responsabilidades que asumíu, pero parece outro. Agora é ben rara a semana na que non anuncia unha obra ou non presenta unha actuación. [...]
-
Hoxe mantiven unha reunión con representantes da organización ecoloxista Adega na que analisamos a situación do ferrocarril en Lugo. É este un tema do que falamos con frecuencia e que lamentabelmente volve a estar de actualidade.
Moléstanme os xogos interesados neste asunto. Moléstame que os representantes dos partidos estatais só se sumen ás demandas cando non [...]
-
Dicir que Lugo ten un ferrocarril terceiromundista non é dicir nada novo. O BNG leva moitos anos denunciando as actuacións de Renfe e do Goberno do Estado nesta materia e o PSOE e o PP súmanse cando non teñen responsabilidades de goberno. Porque cando as teñen, uns e outros deixan a esta provincia e a [...]
-
O pleno de onte foi o das estreas. Estreouse o novo concelleiro da zona rural e a nova delegada (que non concelleira) de urbanismo. A mágoa é que no pleno tivemos máis do mesmo: prepotencia, chulería, despotismo e poucas ganas de traballar por parte do alcalde e do seu equipo.
María Novo, a delegada de urbanismo, [...]
-
Empezamos novo curso político con pleno no Concello. Esta tarde estréase a nova responsábel (concelleira non electa) de urbanismo, María Novo, quen lle vai ter que dicir aos cidadáns de Lugo se vai ser a voz do seu alcalde (até o momento non fixo outra cousa como delegada) ou vai ter algo de iniciativa propia. [...]
-
Teoricamente hoxe empezo as miñas vacacións, pero tiven que empezar o mes igual que acabei xullo, falando do Plan Xeral e de urbanismo. E tiven que facelo porque a nova delegada desta materia quere que lle pasemos, nada máis e nada menos que por escrito, as irregularidades que detectamos no PXOM. A esta señora aínda [...]
-
Posted: July 31, 2008, 12:49pm CEST by pazabraira
Non teño outro calificativo para o que está pasando co Plan Xeral que non sexa o de esperpento. É un esperpento porque só nunha análise moi superficial da documentación que lle mandaron aos distintos organismos xa detectei erros, planos que non coinciden, propostas que non figuran, urbanizábeis que amplían a súa superficie,…. E isto só [...]
-
Posted: July 30, 2008, 10:22am CEST by pazabraira
Onte estiven na Fonsagrada. Imos prensentar unha iniciativa no Cogreso dos deputados demandando a retirada do Estudo de Impacto Ambiental da liña de alta tensión Boimente (Viveiro)-Pesoz (Oscos). Esta liña atravesa toda a cornisa marítima da provincia de Lugo e introdúcese en Asturias a través do concello da Fonsagrada.
Na Fonsagrada atravesa por unha das zonas [...]
-
Posted: July 29, 2008, 11:03am CEST by pazabraira
Por fin, a partir de hoxe, podemos ver no Concello unha copia da proposta definitiva do Plan Xeral. Xa ía sendo hora, pois mandáronllo aos distintos organismos o 4 de xullo e nós non o puidemos consultar até hoxe mesmo. E agora, pois velo si, pero nada de copias. O Sr. Orozco eo PSOE seica [...]
-
Posted: July 28, 2008, 10:20am CEST by pazabraira
Non sei o que dará de si a xuntanza de hoxe coa nova “delegada” de urbanismo. Espero polo ben de Lugo que non sexa máis do mesmo, aínda que son bastante excéptica. E digo isto porque está empeñada en dicir que a convoca por iniciativa propia e non porque a pedise o BNG o día [...]
-
Posted: July 24, 2008, 10:44am CEST by pazabraira
Non lles quedou máis remedio e o goberno do PSOE tivo que convocar a comisión de planeamento para o luns 28. Vai ser unha reunión interesante. Por fin imos ver en acción a nova responsabel de urbanismo. Debería irse preparando, pois o seu papel agora é distinto, é un papel loxicamente político.
Eu o único que [...]
-
Posted: July 23, 2008, 10:58am CEST by pazabraira
Falar do Plan Xeral é como falar do ceo ou do inferno. Nunha cidade como a nosa na que practicamente nos coñecemos todos, o PXOM é fonte de moitas conversas nos bares, nas casas e nos postos de traballo. E fálase del porque lle vai ao peto á xente. O Plan Xeral decide se tes [...]
-
Posted: July 22, 2008, 11:56am CEST by pazabraira
O alcalde acaba de anunciar un recorte dos gastos do concello para paliar a crise. E como non pode ser menos en calquera goberno, polo que empeza é por conxelar os salarios dos cargos políticos e dos directores xerais que tén. Vai aforrar a asombrosa cantidade de…. 40.000 €. Non vos riades, a cantidade está [...]
-
Posted: July 21, 2008, 10:19am CEST by pazabraira
Esta semana vaise seguir falando moito de financiamento. Vannos seguir acusando aos nacionalistas de ser insolidarios e pedichóns. Xa o facían antes cos cataláns e vascos e agora tamén con nós.
Desde logo no BNG temos moi claro que non imos aceptar sen máis a proposta do Ministro Solbes, e o PSOE galego se ten dignidade [...]
-
Posted: July 18, 2008, 10:54am CEST by pazabraira
Esta semana falouse moito de crise, de Fadesa e tamén das balanzas fiscais. O BNG leva anos e anos denunciando que a información que sempre nos dan os partidos estatais sobre o que achega Galiza ao Estado e o que recibe del está falseada. Está falseada porque está claro que se as grandes empresas que [...]
-
Posted: July 17, 2008, 12:25pm CEST by pazabraira
Lugo ten 54 parroquias e 318 núcleos de poboación. Actualmente teñen saneamento 3 e están en obras 2. Por certo que dous dos tres núcleos que teñen saneamento son da época na que o meu ben querido compañeiro Marcos Cela foi concelleiro de Medio Ambiente (cantas veces nos lembramos del. É forte a pegada que [...]
-
Posted: July 16, 2008, 11:44am CEST by pazabraira
Xa temos novo concelleiro para a zona rural. A verdade é que non é tan novo pois xa leva medio ambiente desde fai 8 anos. Imos darlle certo marxe para que tome posesión do cargo, pero a verdade é que nunha entrevista que lle publican hoxe xa me deixou claro que as cousas na zona [...]
-
Posted: July 15, 2008, 10:57am CEST by pazabraira
Onte denunciei o estado de total abandono da mediana da avda. das Américas e hoxe xa nos contesta o concelleiro de Medio Ambiente, que está previsto darlle solución. Mágoa que tardase tanto. Unha mágoa porque a imaxe que se dá de Lugo desde fai meses nesta zona é lamentábel. Alí hai de todo menos unha [...]
-
Posted: July 14, 2008, 10:19am CEST by pazabraira
Por fin se creou a Confederación Hidrográfica do Miño (CHM), unha das grandes demandas do BNG desde que temos representación no Congreso e no Senado. Creouse por fin e o seu primeiro presidente é un home ben coñecido en Lugo, Francisco Fernández Liñares. Hoxe sae unha entrevista del no Progreso onde non deixa quedar moi [...]
-
Esta mañá estivemos no novo polígono industrial das Gándaras co Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, a Conselleira de Vivenda, Teresa Taboas e o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco. As máquinas xa están explanando o terreo do que vai ser un dos maiores e máis modernos polígonos industriais de Galiza. Son moitas hectareas cedidas no seu [...]
-
Posted: July 10, 2008, 11:19am CEST by pazabraira
Onte celebramos no Hotel Méndez Núñez (moi ligado ao nacionalismo pois foi nel onde se celebrou a primeira reunión da Asemblea Nacionalista fai agora 90 anos), un acto con motivo do 25 de xullo. Este día ten moita importancia para o nacionalismo galego. É un día de reivindicación e de festa.
E de reivindiación foi a [...]
-
Posted: July 9, 2008, 11:06am CEST by pazabraira
Xa hai nova concelleira de urbanismo e onte mesmo o único comentario que había eran os seus contactos coa “familia” dos construtores de Lugo. Que ben¡ Se xa se rumoreaba que tiñan pouco poder e pouca capacidade de manobra neste Concello, agora disque aínda máis.
Por certo que a rolda de prensa de Orozco, Liñares e [...]
-
Posted: July 8, 2008, 12:52pm CEST by pazabraira
Estou intrigada e preocupada. Non sei que plan xeral lle mandaría o PSOE aos organismos que teñen que emitir os informes antes do pleno do Concello de outubro. Cal será, un con erros e inconcrecións, con propostas absurdas para a Piringalla, para O Carme…, sen a delimitación dos polígonos de actuación, coas expropiacións sen definir… [...]
-
Posted: July 7, 2008, 1:18pm CEST by pazabraira
Xa se disiparon as dúbidas urbanísticas se é que alguén as tiña. Orozco acaba de anunciar que vai nomear concelleira de urbanismo á xerente de EVISLUSA (empresa municipal do solo), unha persoa que non foi elixida polos cidadáns.
Grazas a Lei de grandes cidades que votaron favorabelmente o PSOE e o PP, en Lugo o urbanismo [...]
-
Posted: July 4, 2008, 12:28pm CEST by pazabraira
Menos mal que os veciños de Paradai protestaron e puxeron a andar tanto ao Concello como a Política Territorial. Menos mal que se moveron a tempo e puideron paralizar un novo disparate no que coma sempre ten moito que ver o goberno de Orozco coa súa proverbial incapacidade.
Os veciños e as veciñas puxeron sobre a [...]
-
Posted: July 3, 2008, 12:14pm CEST by pazabraira
Esta mañá perticipei nunha tertulia económica en Onda Cero. Estiven cun concelleiro do PP e co Secretario Comarcal de CC.OO Todos coincidíamos na análise da situación chamándolle polo seu nome, crise. Esta crise que sobre todo lle afecta aos que menos teñen, aos asalariados, aos labregos, aos autónomos, aos pensionistas,…
Desde logo non vou ser eu [...]
-
Posted: July 2, 2008, 11:49am CEST by pazabraira
Onte chamáronnos os veciños do barrio de Paradai e alí fomos pola tardiña a reunirnos con eles. Están moi preocupados polas obras do Plan Paradai, ese proxecto urbanístico que leva xa máis de 12 anos aprobado e que só agora comeza a materializarse. Están moi preocupados porque non teñen información sobre como vai quedar a [...]
-
Posted: July 1, 2008, 11:51am CEST by pazabraira
Acabou xuño, pasou o pleno (por certo, o goberno cada mes é menos serio nas súas respostas á oposición municipal) e entramos de cheo no verán. E claro, no verán ninguén quere traballar, e menos o PSOE. Por iso non creo que convoquen a Comisión de Planeamento que pedimos para falar sobre os atrasos do [...]
-
Posted: June 30, 2008, 10:53am CEST by pazabraira
Hoxe ás 5 da tarde temos o último pleno antes do verán. É o do mes de xullo, que se celebra cunha semana de antelación. Nel imos tratar unha serie de temas que son importantes para os veciños e veciñas de Lugo. Nós levamos dúas mocións a pleno de marcado carácter social. Unha para reclamarlle [...]
-
Posted: June 27, 2008, 12:22pm CEST by pazabraira
Hoxe rexistramos unha solicitude na que pedimos que se convoque unha Comisión de Pleneamento para que o alcalde e o PSOE nos expliquen porque se sigue atrasando o Plan Xeral. Os 3 grupos políticos acordamos no seu momento un calendario que determinaba que xa o día 18 de xuño, -é dicir, fai máis dunha semana-, [...]
-
Posted: June 26, 2008, 10:41am CEST by pazabraira
Hoxe sae na Voz que empresarios do Ceao protestan polas obras de acceso ao núcleo de Mazoi. Antes estes veciños accedían ás súas vivendas atravesando a vía ferrea, e estáselles habilitando un novo paso con ponte incluida para salvar o ferrocarril. Pero para facelo resulta que un vial do CEAO que tiña 16 metros agora [...]
-
Posted: June 25, 2008, 10:58am CEST by pazabraira
Neste concello todo é unha desorde, un descontrol. Onte saía publicado na Voz de Galicia que os expedientes urbanísticos non collen no arquivo e que andan ciscados por debaixo das escaleiras da planta alta do concello e hoxe o goberno sae dicindo que xa van resolver o problema cuns novos andeis, pero xa recoñecen que [...]
-
Posted: June 24, 2008, 10:30am CEST by pazabraira
Anda Quintana negociando transferencias pendentes por Madrid. Onte logrou varias transferencias necesarias para este país, para avanzar no noso autogoberno e para mellorar as condicións de vida de galegos e galegas. E coma sempre no Estado poñen trabas. Que se as cousas son difíciles, que se hai temas en conflito, que se non están dacordo [...]
-
Posted: June 23, 2008, 12:18pm CEST by pazabraira
Xa remata o mes de xuño e en Lugo seguen paradas moitas cousas. Seguimos sen Plan Xeral (e non sabemos cando o imos ter), seguimos sen autovías, seguimos sen AVE e sen ferrocarril de cercanías, seguimos sen galescolas polos caprichos deste alcalde, Lugo segue sen nova ponte, sen auditorio,…
Pero, iso si, a cambio temos accidentes [...]
-
Posted: June 20, 2008, 10:05am CEST by pazabraira
Acaba a semana igual que a empezamos, sen grandes acontecementos no Concello. As únicas novidades importantes son negativas: non chegou a documentación do Plan Xeral, cousa xa que non sorprende a ninguén.
Aínda que tamén chegou o anuncio de que o Concello non quere poñer os cartos que lle corresponden para poder soterrar a liña de [...]
-
Teño que volver falar do Plan Xeral. Teño que facelo porque onte tiña que chegar ao Concello o documento definitivo que lle hai que enviar á Consellería de Cultura, a Estradas de Galiza e do Estado e a Confederación Hidrográfica do Norte, para que emitan os seus informes. Uns informes que son obrigatorios e que [...]
-
Posted: June 18, 2008, 10:06am CEST by pazabraira
Lucíuse o concelleiro de urbanismo, o Sr. Liñares na resposta que me deu a unha solicitude de información. Pedinlle que se me indicasen as licencias que se presentaron desde o 11 de febreiro, data na que se levantou a suspensión pola tramitación do Plan Xeral. Pedín esta información porque é necesaria para saber como lle [...]
-
Posted: June 17, 2008, 10:24am CEST by pazabraira
Aparece na prensa que veciños da parroquia de Coeo se queixaron pola pretensión da empresa que vai realizar as obras da nova autovía a Santiago de crear dunhas grandes escombreiras de materiais sobrantes (terra fundamentalmente) nunha zona de elevado valor ambiental e agrario. Unha delas pretendían situala sobre unha masa de carballos autóctonos.
Parece mentira que [...]
-
Posted: June 16, 2008, 10:19am CEST by pazabraira
Esta vai ser unha semana tranquila no concello. Vai ser tranquila porque o día 18, Orozco e compañía marchan para China nesa macroexpedición comercial e cultural que seica vai resolver todos os problemas de Lugo. Mentres tanto nós quedarémonos aquí e seguiremos traballando porque ese mesmo día ten que chegar ao concello toda a documentación [...]
-
Posted: June 13, 2008, 10:32am CEST by pazabraira
Seica no concello de Lugo había superávit. Díxoo o alcalde non fai moito. Pero agora resulta que non hai cartos para poder soterrar a liña de alta tensión (LAT) que vai levar a enerxía ao novo hospital.
Os veciños e as veciñas das parroquias afectadas presentaron alegacións porque non queren que a LAT pase tan cerca [...]
-
Posted: June 12, 2008, 11:08am CEST by pazabraira
Estes días púxose de actualidade unha polémica ficticia sobre o uso do topónimo do noso país. Desde logo eu non vou renunciar a chamarlle a Galiza como sempre lle chamei: Galiza. O uso deste topónimo axústase estritamente á lei, á normativa lingüística, que permite referirse ao país como Galiza, por ser a forma maioritaria medieval [...]
-
Posted: June 11, 2008, 10:22am CEST by pazabraira
Hoxe vexo con sorpresa que no Plan Director de Infraestruturas da Conselaría de Política Territorial non figura a Ronda Leste, por estar considerada unha via urbana. Si figura sen embargo a Variante Oeste. Hai cousas que me chaman moito a atención, e esta é unha delas. Chámame a atención que se considere prioritaria unha via [...]
-
Posted: June 10, 2008, 10:16am CEST by pazabraira
Hoxe sae en todos os medios de comunicación anunciado o novo Plan Director de Estradas, elaborado pola Consellaría de Política Territorial. Nel figura a denominada variante oeste, autovía de enlace entre a A-6 e a autovía a Santiago.
Resulta curioso que de repente se considere necesaria unha infraestrutura que realmente xa ten un trazado paralelo e [...]
-
Posted: June 9, 2008, 10:09am CEST by pazabraira
O día 18 de xuño ten que chegar ao Concello o novo Plan Xeral para remitirllo á Consellaría de Cultura, a Estradas de Galiza e do Estado e á Confederación Hidrográfica do Norte. Ese mesmo día o alcalde marcha para China nesa viaxe institucional que ten organizada.
Eu xa pedín nas reunións que cando chegue o [...]