Comparecín na comisión terceira do Parlamento para presentar os
orzamentos da Vicepresidencia para o 2009. O diñeiro que destinaremos o vindeiro ano ás políticas sociais, á igualdade e á defensa do autogoberno ascende a 546,7 millóns de euros, o que supón un incremento do 10,8% con respecto ao 2008 e a ratificación do compromiso do Goberno galego coas políticas sociais nun momento de crise económica.
Nos vindeiros días iredes vendo con detalle o diñeiro que hai orzamentado para cada partida e plan de acción nos que estamos a traballar.