Redución dun cinco por cento do salario dos funcionarios e funcionarias, conxelación das pensións contributivas, eliminación da retroactividade nas axudas da Lei de Dependencia ou supresión do cheque-bebé. Son medidas que nada nos sorprenderían se quen as implanta é un goberno de dereitas co falso pretexto de facer fronte as consecuencias da crise económica que estamos atravesando. Xa estamos afeitos ás políticas anti sociais do Partido Popular e lamentablemente, con cada paso que da na súa xestión, o Goberno da Xunta de Galiza non deixa que o esquezamos.
O que non entra dentro da lóxica é que un goberno que se di de esquerdas, como é o que preside o socialista José Luis Rodríguez Zapatero, asuma o ideario da dereita e nestes momentos de dificultade basee a súa política económica nun paquete de medidas que supoñen importantes recortes sociais e merman o poder adquisitivo das capas sociais que máis fondamente están sentido os efectos da crise.
Con estas medidas impulsadas polo Goberno do Estado, mentras os especuladores responsables da grave situación económica que vivimos permanecen alleos as consecuencias da súa desfeita, son os que peor o están pasando os que realmente sufrirán a fuxida cara adiante que está facendo o PSOE. Parece que o único que lle importa é cubrir ben o expediente diante da Unión Europea, Estados Unidos e o Fondo Monetario Internacional, sen ter en conta que con estas medidas paradoxicamente vai causar o efecto contrario ao desexado e afogará aínda máis aos sectores máis perxudicados.
É certo que en tempos de crise hai que conter o déficit, pero non con iniciativas que eliminan prestacións sociais e cargan a responsabilidade de saír da crise sobre pensionistas, funcionarios, dependentes e familias traballadoras. Iso non é o que faría un verdadeiro goberno de esquerdas.
Redución dun cinco por cento do salario dos funcionarios e funcionarias, conxelación das pensións contributivas, eliminación da retroactividade nas axudas da Lei de Dependencia ou supresión do cheque-bebé. Son medidas que nada nos sorprenderían se quen as implanta é un goberno de dereitas co falso pretexto de facer fronte as consecuencias da crise económica que estamos atravesando. Xa estamos afeitos ás políticas anti sociais do Partido Popular e lamentablemente, con cada paso que da na súa xestión, o Goberno da Xunta de Galiza non deixa que o esquezamos.O que non entra dentro da lóxica é que un goberno que se di de esquerdas, como é o que preside o socialista José Luis Rodríguez Zapatero, asuma o ideario da dereita e nestes momentos de dificultade basee a súa política económica nun paquete de medidas que supoñen importantes recortes sociais e merman o poder adquisitivo das capas sociais que máis fondamente están sentido os efectos da crise.