Estamos xa metidos de cheo nas Festas de Verán, unhas festas que este ano por primeira vez inclúen unha verdadeira Semana Grande. Xa non temos que mirar para outras cidades con envexa e lamentarnos porque as nosas festas se limitaran a unha serie de concertos espallados ao longo do verán. Vigo merecÃa unha Semana Grande é este ano por fin a ten. Os vigueses e as viguesas poden sentir o verdaeiro espÃrito dunha cidade en festas. FÃxose un gran esforzo para programar un calendario de actividades para todos os gustos e para todas as idades. Elaborouse un programa que fixera posible sentir que a cidade está realmente de festa, que permitira vivir na rúa que Vigo está de celebranción. Hai música, teatro, maxia, danza, humor, cine, mostras de artesanÃa e gastronomÃa, actividades para os máis cativos…
Estes dÃas estou acudindo a moitos dos espectáculos e actividades que se están desenvolvendo e a sensación que teño é que habÃa moito tempo que a cidadanÃa agardaba por unhas festas de verdade, onde poder involucarse e gozar do ambiente festivo. A boa acollida que está tendo o programa anÃmanos a seguir mellorando para vindeiros anos, pero reafÃrmanos na idea de que este é o camiño que hai que seguir.
Non hai que esquecer tampouco que as Festas de Vigo, ademais de ser para goce dos vigueses e as viguesas, deben ser un aspecto que poña en valor a cidade e contribúa a súa proxección exterior. Teñen que ser tamén un dos sinais de identidade da nosa cidade. Este ano puxemos o primeiro chanzo para que andando o tempo as festas sexan un elemento máis de Ãnterese da cidade, como acontece noutros lugares.
Ese é un traballo que temos que facer entre todos. Desde o que a nós nos corresponde podedes estar certos de que imos seguir traballando a reo para perfeccionar todo o que sexa necesario. Pero os vigueses e as viguesas tendes tamén un papel moi importante que desenvolver. A vosa participación é fundamental. ConvÃdovos a sumarvos á festa, a que participedes e gocedes das Festas de Vigo, as vosas festas.