-
Xa lle pedimos na convocatoria do ano pasado que dedicase parte do diñeiro do Fondo Estatal do Goberno do Estado á primeira fase do Cnetro de Día de Baralla. Pero para este alcalde, para o Sr. Capón ese servizo non é prioritario. E nin o ano pasado nin este. O BNG pensa que Baralla precisa [...]
-
Polo visto o noso alcalde vai permitir que se peche a Oficina de Extensión Agraria de Baralla. Mentres o BNG xestionou a Consellería de Medio Rural a oficina permaneceu aberta e aínda ben non volveu o PP xa a quere pechar.
Na porta da Oficina de Extensión Agraria leva varias semanas un cartel que advirte que [...]
-
Nunca nas últimas décadas, padecemos un ataque tan visceral e calculado contra a nosa lingua. O PP colocou o galego na diana do exterminio. Véndenos ese malfadado trilingüismo como a panacea. Que curioso que non optasen por esa alternativa outros idiomas máis normalizados, seica para potencialos. Que curioso que en Alemaña non opten por introducir [...]
-
Anuncios…promesas… Desde hai case catro anos, levamos reclamándolle ao alcalde que lle dese un servizo á antiga Casa do Médico. Que se fixese nela o Centro de Día ou puxese en marcha a galescola de Baralla. O BNG no Goberno xa a tiña prevista e Capón non moveu un dedo para poñela en marcha. Todo [...]
-
meta name=”google” value=”notranslate”>A este alcalde é mellor non poñerlle cousas nas mans. Non hai máis que ver a solución “que lle está dando ao Campo da Feira de Sobrado. Polo visto, ao que se dedica é a malcopiar modelos alleos. Deulle por “rodear castiñeiros” de flores. Un espazo que o único que precisaba eran atencións pequenas. Ou [...]
-
A diferenza está en crer e querer mellor futuro para os veciños e veciñas do concello, ou pensar atender antes outros intereses. O alcalde e o PP de Baralla votaron en contra de que siga aberra a Oficina de Igualdade e Benestar que se abriu no antigo comercio de Pedro de Airexe, co BNG [...]
-
Mañá pola tarde, os que dalgún xeito convivimos con el, queremos facer público e compartido o noso recoñecemento.
Non son eu dos que me gusta falar de homenaxes, e si máis de recoñecementos. Recoñecemento por traballo e dedicación, por amor e paixón, por compromiso e lealdade, por amizade e orgullo, por dignidade e firmeza, por alegría [...]
-
Para poder vivir no rural necesitamos apostar polos servizos públicos. Entre eles os dedicados á infancia: atención pediátrica e gardaría infantil. Durante os últimos anos levamos varias iniciativas a Pleno para intentar que o alcalde se mollase para poñer en marcha a Galescola de Baralla (unha actuación que a Vicepresidencia xa lle asignara a [...]
-
Esta visto que queren destruír todos os servizos sociais. O PP anuncia, deixa caer, que vai pechar as oficinas de I+B que o BNG puxo en marcha desde as súas responsabilidades de goberno. Unha desas oficinas está en Baralla. Durante anos e anos, Baralla foi perdendo servizos públicos. E foi coa chegada do BNG ao [...]
-
Pode parecer unha frase moi dura, pero o peor de todo é que é certa. O PP de Feijoo, o mesmo PP que nongoberna Baralla, acaba de anunciar que vai ELIMINAR, que lle vai sacar o complemento de 200 € para as pensións non contributivas que puxera en marcha o BNG desde o goberno da [...]
-
Xa se sabe que ás veces é o menos común dos sentidos e que certas decisións, poden ser, cando menos discutíbeis. Pero tamén é certo que as decisións deben estar motivadas pola busca de solucións. Todo isto vén a conto da prohición de circulación que o alcalde estableceu no acceso a rúa do Centro de [...]
-
Hoxe fíxose público o posicionamento dos directores e directoras dos colexios da comarca contra o peche de unidades escolares que decidiu o PP, como é o caso do colexio de Doiras. O Partido Popular en estado puro. Primeiro eliminou o sistema de préstamo universal de libros e as familias teñen que pagar agora por [...]
-
Cando os cartos que se gastan son os de todos, non importa a crise. Iso, polo visto, é o que pensa o Sr. Capón. Outro ano máis, cos cartos de todos os veciños, organizou un xantar para os seus invitados na área fluvial. O ano pasado foron máis de tres mil euros os [...]
-
Acaba de presentarse públicamente o proxecto de investigación “Nomes e Voces”. Naceu en 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, dirixida por Ánxela Bugallo, co obxectivo de estudar a represión en Galiza, durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos [...]
-
Se en algo se notou a chegada do PP ao goberno da Xunta, foi na súa capacidade de parar proxectos. A Baralla, de momento, tocoulle o parón da obra de selado do vertedoiro de lixo. Por iso, este venres levamos a pleno, unha inciativa na que lle pedimos ao alcalde que se mova e [...]
-
Esta semana, como hai anos, os labregos galegos volven a saír á rúa para defenderen o seu dereito a vivir do seu traballo. Loitan contra a presión da multinacional que é a Unión Europea, -que vixencia ten hoxe o lema histórico do nacionalismo “mercado común europeo, ruína do pobo galego”-, e contra a pasividade do [...]
-
O listado de actuacións de destrución dos servizos públicos por parte o PP medra día a día. Non é que sexa nada novo e os galegos e as galegas, e nomeadamente os nacionalistas, temos que seguir defendendo os nosos sinais de identidade e os dereitos que tanto nos custou conseguir. A vivir no noso idioma, [...]
-
O PP vén de anunciar a eliminación do programa de gratuídade dos libros de texto, unha medida que introducía a mecánica de coidado dos libros e que beneficiaba a máis de 82.000 familias que a día de hoxe non saben que vai pasar. Tamén na educación, o PP aposta por recortar gasto social. Non é [...]
-
Onte centos de gandeiros pedíronlle á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Madrid que lle poñan solucións á grave crise que está padecendo o sector agrario, do leite e da carne. Feijoo e o PP cansáronse de dicir que tiñan a solución. E xa se vai vendo cal é: volver a dar axudas, primar [...]
-
Nestes tempos de crise, do único que se ocupa o PP e o sr. Feijoo é de poñer riba da mesa propostas de ataque contra o idioma. Nunha das últimas decisións, o PP elimina o galego para a superación das probas das oposicións. A mellor maneira de abrirlles as portas aos opositores do resto [...]
-
O BNG DE BARALLA PÍDELLE AO CONCELLO QUE AXILICE O DESBROZAMENTO DAS PISTAS
Pregunta tamén polo proxecto de selamento do vertedoiro licitado polo bipartito
O BNG de Baralla vai defender mañá venres, ás 8 da tarde, no pleno da Corporación, unha iniciativa na que lle pide ao alcalde que axilice os traballos de limpeza e desbrozamento das [...]
-
Este domingo, milleiros de persoas dixémoslle ao PP e a Feijoo que queremos vivir na nosa lingua. Que non imos dar un paso atrás na defensa do noso idioma. A identidade dun país non depende duns resultados electorais e a administración pública , sexa a que sexa, ten a obriga de defender a nosa [...]
-
Todos sabemos que con case 1.600.000 euros de orzamento- con máis de 266 millóns de ptas-, que se poderían facer moitas cousas por Baralla. Pero claro, fai falla rigor e control no gasto e confianza no futuro do concello, e iso é algo que o alcalde non ten. O orzamento que aprobou en pleno o [...]
-
Como vos contaba hai uns días, o alcalde eo PP, aprobaron asinar un convenio coa fundación-empresa San Rosendo, que preside Benigno Moure, para facerlles con cartos de todos os veciños, unha boa parte das obra da residencia privada. Finalmente, o Tribunal Supremo condenouno por apropiarse de máis de 500.000 € dunha anciá ingresada nunha das [...]
-
Sentidiño. Rigor e control, deben ser os criterios cos que se deben planificar e realizar as obras. Pero xa sabemos que é moito pedirllle a este alcalde. Agora que se están executando as obras financiadas polo Fondo de Investimento Local, falta faría, por exemplo, sentidiño para canalizar a auga nos accesos, por exemplo, [...]
-
Nada sorprendente. Onte, o sr. alcalde e o PP apostaron por darlle cartos públicos a empresa San Rosendo para facer en Baralla unha residencia que os nosos xubilados non van poder pagar. Ou hai algún que cobre 1300 euros ao mes? Por certo, xa son curiosas as présas que lles entraron para asinar o convenio. [...]
-
Hoxe temos pleno extraordinario, no que o alcalde leva a votación o convenio coa empresa-fundación San Rosendo para a construción dunha residencia da terceira idade. O alcalde vaille “regalar” a esta empresa-fundación privada as obras de accesos, traída de auga, saneamento, peches, portas de entrada, aparcadoiro e rede eléctrica. Si, o mesmo alcalde que rexeitou [...]
-
Todos coñecemos casos de persoas, de veciños nosos que precisarían que o Concello lles asignase o servizo de axuda a domicilio. Por certo, unha actuación para a que o Concello vai recibir este ano da Vicepresidencia da Igualdade, preto de 88.000 € para cubrir os gastos de axuda no fogar para dependentes e para [...]
-
O 065 é unha das moitas iniciativas que puxemos en marcha desde Vicepresidencia co obxectivo de crear unha rede de servizos sociais pública no país. Algo moi necesario para concellos do rural coma o noso. Xa funcionaba xantar na casa e agora vai empezar a funcionar o servizo de transporte adaptado 065,un servizo que [...]
-
Non é que nos sorprendese, pero o alcalde e o PP votaron en contra da nosa proposta de iniciar este ano un programa de actuacións e amaños nas escolas rurais do concello.
Segundo o sr. Capón, “teñen pouco uso”. Se o BNG lle propoñía empezar a mellorar os servizos e as instalacións das escolas era precisamente [...]
-
Hoxe, ás 8 temos pleno ordinario do Concello. Outra vez máis, é o BNG que concentra as propostas do pleno. Levamos unha iniciativa para reclamar o amaño das escolas rurais de Baralla, que despois de máis de 20 anos de alcaldía do sr. Capón seguen con problemas de humidade, con cristais rotos, sen subministración de [...]
-
Un proxecto político coma o do BNG precisa de moitas mans. Por iso, cada vez que alguén asume formar parte del, o país medra. E onte medrou outro pouquiño. Moitas veces nos laiamos do decaemento do noso concello, pero por unhas razóns ou por outras, non se dá un paso ao fronte para [...]
-
Outra máis das cuestións que ten abandonada este alcalde é o planeamento urbanístico da vila e dos nosos núcleos rurais. O nivel de indefinición é tal que hoxe non se pode edificar, por exemplo, na zona de Fabeiro, ou noutras moitas as limitacións derivan dun planeamento obsoleto (rúas que aparecen nas Normas Subsidiarias que nunca [...]
-
En Baralla contamos cunha serie de construcións dun importante valor social e arquitectónico, que no seu día cumpriron un papel clave na educación de moitos e moitas dos nosos veciños. Algunha destas antigas escolas, de moita importancia arquitectónica como é o caso da de Penarrubia ou a de Lexo (obra ao parecer do arquitecto Xosé [...]
-
Non todos somos iguais. Teima o PP en querer facérnolo crer, pero non todos somos iguais. Teima en facer o posíbel porque non se asente o sistema público de servizos sociais a través do Consorcio , dun consorcio público do que forman parte a Xunta e a maior parte dos concellos do país, tamén os [...]
-
Unha das nosas apostas para Baralla segue a ser o Centro de Día. Tanto desde o Concello como desde o Consorcio de Servizos Sociais da Vicepresidencia Da Xunta traballamos para conseguir que Baralla contase cun Centro de Día. E logramos que técnicos do Consorcio viñeran ver os terreos. Foi a falta de interese deste alcalde [...]
-
Teima o Sr. Feijoo en querer destruír os avances positivos que se produciron estes catro anos de goberno. Quere ser o alumno avantaxado de Rajoy e dos coros mediáticos madrileños que o animan a poñer a cotizar no mercado os servizos sociais, que o aguilloan a seguir e aumentar a súa guerra contra o idioma [...]
-
Día tras día, o Sr. Feijoo anuncia unha nova marcha atrás, anuncia a destrución de moitas das medidas que puxemos en marcha desde o goberno. Unha delas, o Consorcio de Servizos Sociais. Unha iniciativa do BNG na Xunta que permitiu poñer en marcha o xantar na casa, o servizo de transporte 065 ou abrir en [...]
-
Os distintos procesos electorais teñen características propias. E o das eleccións galegas xa pasou. Os do BNG seguimos pensando que hai outra maneira de facer as cousas. E como cremos neste país e na súa xente, desde a nosa responsabilidade municipal, imos seguir traballando para mellorar as condicións de vida dos nosos veciños e veciñas.
Somos [...]
-
Vexo hoxe con preocupación que hai quen pide xa e de inmediato a demisión de Quintana, seguindo por certo, o coro mediático madrileño. Que fácil é apuntarse a coller a machada.
Polo visto os que antonte aínda berraban que eran “anxo quintana” hoxe afían as navallas para cobraren presas. O BNG é unha fronte, unha organización [...]
-
O día despois tráenos a vitoria do PP de Feijoo, a vitoria da dereita de España. Moitos proxectos iniciados que van quedar parados. Creo que a nosa actución no goberno, que a actuación do goberno foi globalmente positiva, pero a cidadanía optou por volver para atrás, elixiu volver ao PP e ás súas políticas [...]
-
Onte, no pleno, o alcalde e o PP volveron votar en contra da nosa proposta de incluír nos orzamentos do ano 2009, dúas partidas económicas para a compra de terreos para o Centro de Día e para o polígono industrial. Excusas e máis excusas. Non quixo dedicar o diñeiro do Fondo Estatal a estas actuacións [...]
-
É o BNG quen introduce no pleno propostas sobre as necesidades dos veciños e veciñas de Baralla. O BNG vaille propoñer ao alcalde que reserve dúas partidas económicas dentro dos orzamentos do ano 2009 para facerse cos terreos ou co edificio precisos para construción do Centro de Día de Baralla e para poñer en marcha [...]
-
Onte á tarde a Secretaria Xeral de Benestar, Chus Lago, e a delegada en Lugo de Vicepresidencia, Branca Rodríguez Pazos, fixeron pública a posta en funcionamento da Oficina de I+B de Baralla, que lles vai prestar servizos a 18 concellos da nosa provincia. Con esta actuación evidénciase a aposta do BNG desde as súas [...]
-
Hoxe públicanse no DOG as candidaturas ás eleccións galegas do vindeiro 1 de marzo. O BNG, a militancia da comarca Lugo-Centro, apostou porque eu formase parte desa candidatura. O compromiso do nacionalismo co rural de Lugo, con concellos coma o noso, cos seus sectores produtivos, demostrouse nesta lexislatura nas actuacións das distintas consellarías da [...]
-
Nin unha soa medida de urxencia adoptou o Sr. Capón para mitigar os efectos do temporal de vento dos pasados días que provocou a caída árbores, paus do tendido eléctrico e de cableado eléctrico e como consecuencia a interrupción da subministración.Todos sabemos que a responsabilidade da falta de subministración eléctrica é da empresa subministradora FENOSA, [...]
-
Baralla terá un centro de Igualdade e Benestar que atenderá 18 concellos
Próximamente a Vicepresidencia da Xunta de Galiza, a área que dirixe o compañeiro Anxo Quintana, vai abrir en Baralla, unha oficina do Consorcio que vai centralizar as actuacións en inclusión social, apoio familiar e igualdade de xénero. A iniciativa é unha aposta máis do [...]
-
Este venres, o BNG celebra o seu acto de presentación pública de candidaturas ás eleccións galegas. Contamos con todos os galegos e galegas e queremos pedirlles o seu apoio para unha alternativa nacional, de progreso, de benestar e orgullosa do noso idioma e do noso País. Nesta ocasión, a militancia da organización quixo que [...]
-
A Conselleraía de Medio Rural vén de declarar o solo rústico de protección agropecuaria do noso concello, de especial interese agrario. Con esta iniciativa, definida na Lei do Banco de Terras de Galiza, Medio Rural aposta outra vez polo presente e polo futuro do noso sector agrogandeiro. O Banco de Terras constitúe un instrumento fundamental [...]
-
Como xa vos contaba, o pasado día 26 debatemos no pleno as nosas propostas para investir os cartos do Fondo Estatal. Propoñiamos que unha parte se destinase ao desenvolvemento do solo industrial e á primeira fase do Centro de Día de Baralla, porque nos parecían os dous proxectos máis acaídos e os que de seguro [...]
-
Felicitación BNG
-
Este venres 26, ás 8 da tarde, temos o pleno extraordinario que pedimos para debater e aprobar as obras a incluír no Fondo Estatal de investimento. Agardemos que o alcalde sexa receptivo ás nosas propostas de dedicalo a poñer en marcha as infraestruturas do polígono industrial e o Centro de Día. Son obras moi [...]
-
O Consello da Xunta de Galiza vén de aprobar diversas partidas de gasto para o amaño e mellora da estrada que une Baralla con Baleira. As actuacións previstas son distintas no tramo entre Baralla e Neira de Rei e Neira de Rei-Baleira. No seu día, nós pedísmolle ao alcalde que ao mesmo tempo xestionase na [...]
-
En días coma o de onte é cando se precisa rigor e dedicación. En días coma o de onte é cando un alcalde ten que asumir a situación e as necesidades dos veciños. Pero este alcalde que temos vive no descanso continuo. Vivendas sen luz, sen auga, árbores caídas que impedían o paso… Si, moitas [...]
-
Os vindeiros 27 e 28 de decembro temos partido da selección galega de fútbol. Da masculina e da feminina. Xogamos contra Chile e contra Euskadi. Coma calquer evento onde está presente o País, este ten un significado que vai máis alá. Unha Nación, unha selección.
[ofutbolgalegoune.eu] Ou entra en
[www.galizanova.org]
-
Nós teriamos claro que unha parte dos 536.982 € do Fondo estatal de investimento local debe servir para poñer en marcha o solo industrial de Baralla e o Centro de Día. Serían as actuacións máis acaídas aos obxectivos do plan: crear emprego. Dedicar o diñeiro a actuacións que afecten a todos os veciños é a [...]
-
A nevada desta fin de semana volveu demostrarnos a nula xestión deste alcalde que padecemos. Non nos chegaba coa falta de medios técnicos e humanos de FENOSA, que nos deixou sen luz horas e horas, e a maiores sufrimos a falta de previsión e o desinterese do Sr. Capón. É algo teñen en común esta [...]
-
O pleno ordinario de hoxe ás 8 da tarde, vaise volver centrar nas iniciativas que presenta o BNG. Levamos a debate a pleno unha moción na reclamamos do alcalde que modifique das taxas de depuración e abastecemento, para vinculalas ao consumo real de cada vivenda, o que permitiría reducir os custes dos usuarios. Así mesmo, [...]
-
Xa hai meses denunciamos o estado de abandono no que quedaba a estrada de Baralla a Láncara, e os accesos do propio núcleo de Pousada, polas obras que realizou o concello. E levamos o problema a pleno varias veces. Non é xustificábel que despois de máis dun ano, eses enormes buratos na estrada e os [...]
-
A actuación ocuparía case 125.00 m², con algo máis de 80.000 m² destinados a parcelas de uso industrial e comercial, na Mocha, e que suporía unha vital actuación para o futuro económico e social de Baralla. Pero desde que se asinou o convenio, o alcalde non moveu un dedo para cumprir os compromisos do [...]
-
2ª. Todal-as funciós adeministrativas: O réximen bancario no que intervirá pol-a función social que oxe teñen os Bancos. A mesma facultade pr-a solución do Creto agricola.
Manifesto da Asembleia nazonalista de Lugo
Ten 90 anos pero é unha proposta con total actualidade. Si, economía e agricultura. Así o propoñían aqueles primeiros nazonalistas que se xuntaron [...]
-
Os veciños non se poden converter nos pagadores da mala xestión e do pouco rigor no gasto por parte da alcaldía, do Sr. Capón e do PP.
A entrada en vigor das taxas de saneamento puxo en evidencia a necesidade dunha modificación coordenada das ordenanzas de abastecemento de auga e de depuración, e unha revisión rigorosa [...]
-
Recentemente a Consellaría de Cultura e Deporte que dirixe o BNG, concedeulle ao Concello de Baralla unha subvención de 3.000 € para o ano 2008 e outros 3.000 € para o ano 2009 para a adquisición e instalación dos equipos e aparellos de ximnasio e exercicio físico. Esta actuación que significa unha calara aposta na [...]
-
Estes días, o Concello está pintando as zonas de aparcamento reservado para discapacitados. E foron eleixir para unha delas, un punto ben pouco axeitado. Todos e todas coñecemos as dificultades de paso pola rúa denominada Irmáns Diaz Moreno, a que baixa (e sobe) desde a N-VI até Fabeiro, entre a Casa do Concello e a [...]
-
Aínda non hai moitos anos, nas cartas que se recibían ou que se mandaban, no enderezo aparecía o nome da miña casa: a casa do Zapateiro. E nada fixo que despois dun cento de anos, pasase a chamarse do “zapatero”. Esa nomenclatura das casas, desgrazadamente, perdeuse para Correos e pasamos a ser un número [...]
-
Coa chegada da auga e do inverno, faise necesaria a axilización dos traballos de reposición da sinalización viaria na N-VI, nos tramos nos que se realizaron traballos de conservación, para mellorar a seguridade deste tramo. E é preciso que se habiliten accesos seguros aos núcleos que atravesa a N-VI, como é caso de Constantín, Ferreiros, [...]
-
Estes días estanlles chegando ás casas de diversos veciños os recibos da taxa de saneamento, un servizo co que non contan. Entendo que a causa debeu ser un erro na base de datos e espero que se solucione de inmediato. Non estaría de máis que eses mesmos veciños recibisen unha carta para explicarelles o erro [...]
-
Clica para ver partidas nos orzamentos
Nos orzamentos da Xunta para o ano 2009, xa aparece a primeira partida para a mellora da estrada Baralla-O Cádavo, neste caso para o proxecto e as expropiacións necesarias. Imos estar tamén atentos para informar os veciños e para que o proxecto respecte o máis posíble o valor ambiental [...]
-
Zona xeográfica da DOP Queixo do Cebreiro
Moitos veciños e veciñas de Baralla, probablemente, nin sequera o saberán, pero o noso concello tamén pertence á Denominación de Orixe Protexida Queixo do Cebreiro. É máis, o presidente do Consello Regulador é un veciño noso: Enrique de Cernadas (”o marqués”). Mágoa que polo pouco apoio institucional non contemos [...]
-
Por distintas razóns, había días que non andaba polo blog. E que mellor que volver con boas noticias: a posta en marcha en Baralla, por parte da Vicepresidencia, que dirixe o compañeiro Quintana, do servizo de Xantar na Casa. Representa moito nun concello que conta con case un 35 % da súa poboación por riba [...]
-
A vontade para solucionar problemas e a xestión tamén se demostran nas pequenas cousas. Hai agora xa un ano, pedísmolle ao alcalde que colocase un espello no enlace da pista de Pacios coa N-VI á altura da Valiña. A verdade é que a incorporación non ten moita visibilidade e o espello axudaría. Pois un ano [...]
-
Onte, o Consello da Xunta, autorizaba un investimento de máis de 240.000 € para o selamento do vertedoiro incontrolado de lixo de Baralla.
O BNG levaba anos reclamando esta actuación e son este alcalde e ao Partido Popular os responsábeis de que tardase tanto:o PP non o pechou cando gobernaba a Xunta e o alcalde non [...]
-
Contaba hai uns días o xantar particular que organizou o alcalde polo San Vitorio. Ese que pagamos todos. Este venres pregunteille por el no Pleno, polo número de persoas que asistiron, polo custo e polos criterios do convite. O subsconciente xa o levou a respondernos que “lo voy a pagar yo”. Si, vostede vai asinar [...]
-
-
Máis unha vez temos que volver sobre o tema. Este alcalde ten abandonados os accesos aos núcleos. Un mes detrás doutro, temos que denunciar esta situación. Nin se actúa sobre os que xa están deteriorados, nin se actúa sobre os que empezan a estragarse, para evitar que se danen máis. xa falamos dos casos de [...]
-
A pouco de rematar o ano, nada se sabe da convocatoria municipal de subvencións que estabelce a ordenanza en vigor. Nada se sabe das axudas que agradecerían as asociacións culturais, de mulleres, de veciños, os clubes deportivos que temos no concello. Nada se sabe, porque esa é a táctica deste alcalde.
Nós imos presentar unha iniciativa [...]
-
Un xa non sabe se estaba mellor antes ou agora. A verdade é que as obras de reposición dalgúns tramos do firme da N-VI entre Baralla e Sobrado quedaron con moitas deficiencias: firme desigual e pouco uniforme, zonas necesitadas de mellora e incluso xa se fixeron novos buratos. Cumpriría que o alcalde se dirixise a [...]
-
Onte falaba cun mozo, un veciño noso que participou esta fin de semana no rallie San Froilán, da súa experiencia na competición e da cantidade de xente que chegou a Láncara e ao Corgo para ver os tramos que se disputaban nestes dous concellos. E contábame que en Baralla contamos con tramos tan bos ou [...]
-
Os condutores que teñen que usar a estrada que une Baralla con Láncara, levan varios meses sufrindo os buratos que se produciron como consecuencia das obras que realizou o Concello, da traída de de auga municipal en Pousada. Desde aquel momento, o alcalde parece que non se volveu acordar de que desfixera a estrada en [...]
-
Malia a resposta que lle vén de dar a Consellería de Sanidade, que dirixe o PSOE, aos nosos deputados no parlamento galego, imos seguir traballando para que poidamos contar cun pediatra, polo menos, un día á semana. O número de cativos avala esa demanda e non é de recibo que todos os concellos do redor [...]
-
Xa denunciamos repetidamente as deficiencias do sistema de recollida de lixo e reclamamos o pechamento do vertedoiro. Agora, en teoría, e por decisión do Sr. Alcalde, parece que imos depositar o lixo na planta de Lugo. Algo que evidentemente nos vai saír máis caro que verter en Becerreá. Pero aí non acaba todo. O pasado [...]
-
Douscentos!! Douscentos “convidados e convidadas”, a un xantar que imos pagar todos os veciños do concello. Esa é a maneira que ten o Sr. Capón de xestionar os cartos públicos. Pagarlle unha enchente o pasado venres, aos seus amigos a conta dos cartos de todos. Concelleiros do PP, pedáneos, tíos, sobriños, curmáns e demais [...]
-
Remataron as vacacións e xa estamos de volta. Hai ben cousas que contar, pero iremos con elas pouco a pouco.
-
No pleno do pasado xoves, conseguimos dar un paso adiante para a apertura da galescola e para iniciar o proceso de posta en marcha do Centro de día. Despois de moitas iniciativas e peticións, e despois de que este alcalde perdese un ano, conseguimos que se dirixa ao Consorcio para traballar para poñer en marcha [...]
-
Acabamos de presentar unha iniciativa no Concello, que se vai debater este xoves, no pleno ordinario do Concello, para reclamar que se lle ceda ao Consorcio de Servizos Sociais a antiga “Casa do Médico” para construír o Centro de día de Baralla. O 34,5 % da poboación de Baralla supera nestes momentos os 65 anos [...]
-
O BNG, a través dos seus deputados Cristina Ferreiro e Fernando Blanco Parga, presentamos unha iniciativa no Parlamento galego para interesarnos pola posibilidade de contar con asistencia pediátrica no centro de saúde de Baralla. Segundo datos do Sergas, Baralla contaría cunha poboación pediátrica de 188 persoas. Con esta proposta parlamentaria queremos saber se o [...]
-
Onte, no acto que organizamos polo día da patria, falamos de nacionalismo, de País e de futuro. Pero os veciños e veciñas que nos acompañaron, puxeron de manifesto a súa preocupación polos problemas do concello: urbnanismo, galescola, atención a terceira idade e centro de día, atención pediátrica… Sobre este último asunto, imos presentar unha iniciativa [...]
-
Hoxe, ás 9 e media da noite, no Centro Sociocultural, anímamosvos a participar no acto do BNG con motivo da celebración do Día da Patria galega e de explicación da nosa actuación desde as consellarías da Xunta de Galiza.
-
Estes días empezará a chegarvos ás casas o boletín BNG de xullo. Un pequeno resumo do noso traballo das últimas semanas. Se o queres consultar preme aquí Boletin BNG-xullo-08
-
O río Neira ten un gran potencial económico e social, e a celebración e consolidación dunha festa como a da troita, podería axudar ásúa posta en valor. O noso río ten unha recoñecida sona como río troiteiro entre os pescadores galegos e de fóra de Galiza, que cumpriría revitalizar e aproveitar economicamente. É necesario [...]
-
Portada da igrexa de Berxelos
Contamos cun patrimonio hsitórico enorme, pero desde o Concello non se aposta por poñelo en valor e sacarlle toda a rendabilidade que podería dar. A recente restauración das pinturas da igrexa de Berxelos que financiou a Consellería de Cultura, -e mon son as únicas pinturas que temos nas igrexas do concello, [...]
-
Cada día que pasa empeora a pinta das obras que o Concello está realizando ao lado do río. A “estrela” da actuación é a pista de tenis, algo que non ten razón de existir no que se pretendía que fose unha área fluvial. Por que se primou o cemento e non o adecentamento dunha zona [...]
-
Estes días estanse realizando obras no local, propiedade do alcalde, que destinaba a tanatorio. Até aí nada sorprendente. Pero o rechamante, áinda que non sexa unha novidade, é que se utilice o todoterreo do Concello para retirar os cascallos dunha obra privada e que aínda por riba acaben no vertedoiro de lixo incontrolado. Iso si [...]
-
Estes días estanlles chegando a varios propietarios de tractores de Baralla a comunicación do imposto municipal de circulación. A Lei de facendas locais establece a correspondente exención do imposto deste tipo de vehículos. Sería ben que o alcalde enviase ás parroquias un bando para aclarar a situación e o procedemento que deben seguir os seus [...]
-
Este sábado, coma anos anteriores, a AMPA e a dirección do Colexio CPI de Baralla, convidáronnos a facer outro tramo do camiño de Santiago, entre Sarria e Portomarín. Un bo día, unha agradábel camiñada, unha boa compañía e un agradecido xantar,-sobremesa incluída-, para rematar a xornada. Grazas polo convite e polo trato. E para o [...]
-
Xa hai algún tempo, unha ambulancia tiña que saír remolcada por un tractor da casa de Ribadeneira de Quintá polo mal estado da pista de acceso.Cando no último pleno lle volvemos pedir ao alcalde o amaño urxente de varias pistas do rural, caso de Penouta, Vilar de Francos ou Laxes, e faciamos mención expresa aos [...]
-
Xa hai días que circulaban rumores sobre os elixidos e elixidas para as contratacións temporais para a brigada de obras (de obras??) do Concello e para o servizo de axuda a domicilio. Polo que parece, no caso da brigada de obras repiten boa parte dos que estaban e en axuda a domicilio, primaron máis as [...]
-
Hai poucos días chegoume algunha información sobre un convenio urbanístico para edificar na parcela situada por detras do Centro Médico. De momento, nada hai de xeito oficial, que pasase pola Xunta de Goberno Local ou polo Pleno. Pero é curioso, cando menos, que xusto unhas semanas despois de se adxudicar a redacción do PXOM, “aparezan” [...]
-
Onte á tarde, vin na televisión a varios dos meus veciños camioneiros, retidos pola garda civil en Benavente. Son dos que se ían exercer o seu dereito de manifestación a Madrid en defensa de melloras laborais, reclamando unha tarifa mínima que evite o que modernamente se chama “competencia desleal”. O caso é que nesta Unión [...]
-
Que razón pode haber para negarlles aos traballadores de CAMPESA o local do Centro Sociocultural se non está ocupado con outra actividade? Ningunha. Pois o Sr. Capón negoulles a utilización do local público, que a empresa tamén paga cos seus impostos. Como consecuencia, os cartos dos cafés e do xantar quedaron en Becerreá. Outra proba [...]