-
Nós teriamos claro que unha parte dos 536.982 € do Fondo estatal de investimento local debe servir para poñer en marcha o solo industrial de Baralla e o Centro de Día. Serían as actuacións máis acaídas aos obxectivos do plan: crear emprego. Dedicar o diñeiro a actuacións que afecten a todos os veciños é a [...]
-
A nevada desta fin de semana volveu demostrarnos a nula xestión deste alcalde que padecemos. Non nos chegaba coa falta de medios técnicos e humanos de FENOSA, que nos deixou sen luz horas e horas, e a maiores sufrimos a falta de previsión e o desinterese do Sr. Capón. É algo teñen en común esta [...]
-
O pleno ordinario de hoxe ás 8 da tarde, vaise volver centrar nas iniciativas que presenta o BNG. Levamos a debate a pleno unha moción na reclamamos do alcalde que modifique das taxas de depuración e abastecemento, para vinculalas ao consumo real de cada vivenda, o que permitiría reducir os custes dos usuarios. Así mesmo, [...]
-
Xa hai meses denunciamos o estado de abandono no que quedaba a estrada de Baralla a Láncara, e os accesos do propio núcleo de Pousada, polas obras que realizou o concello. E levamos o problema a pleno varias veces. Non é xustificábel que despois de máis dun ano, eses enormes buratos na estrada e os [...]
-
A actuación ocuparía case 125.00 m², con algo máis de 80.000 m² destinados a parcelas de uso industrial e comercial, na Mocha, e que suporía unha vital actuación para o futuro económico e social de Baralla. Pero desde que se asinou o convenio, o alcalde non moveu un dedo para cumprir os compromisos do concello. [...]
-
2ª. Todal-as funciós adeministrativas: O réximen bancario no que intervirá pol-a función social que oxe teñen os Bancos. A mesma facultade pr-a solución do Creto agricola.
Manifesto da Asembleia nazonalista de Lugo
Ten 90 anos pero é unha proposta con total actualidade. Si, economía e agricultura. Así o propoñían aqueles primeiros nazonalistas que se xuntaron [...]
-
Os veciños non se poden converter nos pagadores da mala xestión e do pouco rigor no gasto por parte da alcaldía, do Sr. Capón e do PP.
A entrada en vigor das taxas de saneamento puxo en evidencia a necesidade dunha modificación coordenada das ordenanzas de abastecemento de auga e de depuración, e unha revisión rigorosa [...]
-
Recentemente a Consellaría de Cultura e Deporte que dirixe o BNG, concedeulle ao Concello de Baralla unha subvención de 3.000 € para o ano 2008 e outros 3.000 € para o ano 2009 para a adquisición e instalación dos equipos e aparellos de ximnasio e exercicio físico. Esta actuación que significa unha calara aposta na [...]
-
Estes días, o Concello está pintando as zonas de aparcamento reservado para discapacitados. E foron eleixir para unha delas, un punto ben pouco axeitado. Todos e todas coñecemos as dificultades de paso pola rúa denominada Irmáns Diaz Moreno, a que baixa (e sobe) desde a N-VI até Fabeiro, entre a Casa do Concello e a [...]
-
Aínda non hai moitos anos, nas cartas que se recibían ou que se mandaban, no enderezo aparecía o nome da miña casa: a casa do Zapateiro. E nada fixo que despois dun cento de anos, pasase a chamarse do “zapatero”. Esa nomenclatura das casas, desgrazadamente, perdeuse para Correos e pasamos a ser un número [...]
-
Coa chegada da auga e do inverno, faise necesaria a axilización dos traballos de reposición da sinalización viaria na N-VI, nos tramos nos que se realizaron traballos de conservación, para mellorar a seguridade deste tramo. E é preciso que se habiliten accesos seguros aos núcleos que atravesa a N-VI, como é caso de Constantín, Ferreiros, [...]
-
Estes días estanlles chegando ás casas de diversos veciños os recibos da taxa de saneamento, un servizo co que non contan. Entendo que a causa debeu ser un erro na base de datos e espero que se solucione de inmediato. Non estaría de máis que eses mesmos veciños recibisen unha carta para explicarelles o erro [...]
-
Clica para ver partidas nos orzamentos
Nos orzamentos da Xunta para o ano 2009, xa aparece a primeira partida para a mellora da estrada Baralla-O Cádavo, neste caso para o proxecto e as expropiacións necesarias. Imos estar tamén atentos para informar os veciños e para que o proxecto respecte o máis posíble o valor ambiental [...]
-
Zona xeográfica da DOP Queixo do Cebreiro
Moitos veciños e veciñas de Baralla, probablemente, nin sequera o saberán, pero o noso concello tamén pertence á Denominación de Orixe Protexida Queixo do Cebreiro. É máis, o presidente do Consello Regulador é un veciño noso: Enrique de Cernadas (”o marqués”). Mágoa que polo pouco apoio institucional non contemos [...]
-
Por distintas razóns, había días que non andaba polo blog. E que mellor que volver con boas noticias: a posta en marcha en Baralla, por parte da Vicepresidencia, que dirixe o compañeiro Quintana, do servizo de Xantar na Casa. Representa moito nun concello que conta con case un 35 % da súa poboación por riba [...]
-
A vontade para solucionar problemas e a xestión tamén se demostran nas pequenas cousas. Hai agora xa un ano, pedísmolle ao alcalde que colocase un espello no enlace da pista de Pacios coa N-VI á altura da Valiña. A verdade é que a incorporación non ten moita visibilidade e o espello axudaría. Pois un ano [...]
-
Onte, o Consello da Xunta, autorizaba un investimento de máis de 240.000 € para o selamento do vertedoiro incontrolado de lixo de Baralla.
O BNG levaba anos reclamando esta actuación e son este alcalde e ao Partido Popular os responsábeis de que tardase tanto:o PP non o pechou cando gobernaba a Xunta e o alcalde non [...]
-
Contaba hai uns días o xantar particular que organizou o alcalde polo San Vitorio. Ese que pagamos todos. Este venres pregunteille por el no Pleno, polo número de persoas que asistiron, polo custo e polos criterios do convite. O subsconciente xa o levou a respondernos que “lo voy a pagar yo”. Si, vostede vai asinar [...]
-
-
Máis unha vez temos que volver sobre o tema. Este alcalde ten abandonados os accesos aos núcleos. Un mes detrás doutro, temos que denunciar esta situación. Nin se actúa sobre os que xa están deteriorados, nin se actúa sobre os que empezan a estragarse, para evitar que se danen máis. xa falamos dos casos de [...]
-
A pouco de rematar o ano, nada se sabe da convocatoria municipal de subvencións que estabelce a ordenanza en vigor. Nada se sabe das axudas que agradecerían as asociacións culturais, de mulleres, de veciños, os clubes deportivos que temos no concello. Nada se sabe, porque esa é a táctica deste alcalde.
Nós imos presentar unha iniciativa [...]
-
Un xa non sabe se estaba mellor antes ou agora. A verdade é que as obras de reposición dalgúns tramos do firme da N-VI entre Baralla e Sobrado quedaron con moitas deficiencias: firme desigual e pouco uniforme, zonas necesitadas de mellora e incluso xa se fixeron novos buratos. Cumpriría que o alcalde se dirixise a [...]
-
Onte falaba cun mozo, un veciño noso que participou esta fin de semana no rallie San Froilán, da súa experiencia na competición e da cantidade de xente que chegou a Láncara e ao Corgo para ver os tramos que se disputaban nestes dous concellos. E contábame que en Baralla contamos con tramos tan bos ou [...]
-
Os condutores que teñen que usar a estrada que une Baralla con Láncara, levan varios meses sufrindo os buratos que se produciron como consecuencia das obras que realizou o Concello, da traída de de auga municipal en Pousada. Desde aquel momento, o alcalde parece que non se volveu acordar de que desfixera a estrada en [...]
-
Malia a resposta que lle vén de dar a Consellería de Sanidade, que dirixe o PSOE, aos nosos deputados no parlamento galego, imos seguir traballando para que poidamos contar cun pediatra, polo menos, un día á semana. O número de cativos avala esa demanda e non é de recibo que todos os concellos do redor [...]
-
Xa denunciamos repetidamente as deficiencias do sistema de recollida de lixo e reclamamos o pechamento do vertedoiro. Agora, en teoría, e por decisión do Sr. Alcalde, parece que imos depositar o lixo na planta de Lugo. Algo que evidentemente nos vai saír máis caro que verter en Becerreá. Pero aí non acaba todo. O pasado [...]
-
Douscentos!! Douscentos “convidados e convidadas”, a un xantar que imos pagar todos os veciños do concello. Esa é a maneira que ten o Sr. Capón de xestionar os cartos públicos. Pagarlle unha enchente o pasado venres, aos seus amigos a conta dos cartos de todos. Concelleiros do PP, pedáneos, tíos, sobriños, curmáns e demais [...]
-
Remataron as vacacións e xa estamos de volta. Hai ben cousas que contar, pero iremos con elas pouco a pouco.
-
No pleno do pasado xoves, conseguimos dar un paso adiante para a apertura da galescola e para iniciar o proceso de posta en marcha do Centro de día. Despois de moitas iniciativas e peticións, e despois de que este alcalde perdese un ano, conseguimos que se dirixa ao Consorcio para traballar para poñer en marcha [...]
-
Acabamos de presentar unha iniciativa no Concello, que se vai debater este xoves, no pleno ordinario do Concello, para reclamar que se lle ceda ao Consorcio de Servizos Sociais a antiga “Casa do Médico” para construír o Centro de día de Baralla. O 34,5 % da poboación de Baralla supera nestes momentos os 65 anos [...]
-
O BNG, a través dos seus deputados Cristina Ferreiro e Fernando Blanco Parga, presentamos unha iniciativa no Parlamento galego para interesarnos pola posibilidade de contar con asistencia pediátrica no centro de saúde de Baralla. Segundo datos do Sergas, Baralla contaría cunha poboación pediátrica de 188 persoas. Con esta proposta parlamentaria queremos saber se o [...]
-
Onte, no acto que organizamos polo día da patria, falamos de nacionalismo, de País e de futuro. Pero os veciños e veciñas que nos acompañaron, puxeron de manifesto a súa preocupación polos problemas do concello: urbnanismo, galescola, atención a terceira idade e centro de día, atención pediátrica… Sobre este último asunto, imos presentar unha iniciativa [...]
-
Hoxe, ás 9 e media da noite, no Centro Sociocultural, anímamosvos a participar no acto do BNG con motivo da celebración do Día da Patria galega e de explicación da nosa actuación desde as consellarías da Xunta de Galiza.
-
Estes días empezará a chegarvos ás casas o boletín BNG de xullo. Un pequeno resumo do noso traballo das últimas semanas. Se o queres consultar preme aquí Boletin BNG-xullo-08
-
O río Neira ten un gran potencial económico e social, e a celebración e consolidación dunha festa como a da troita, podería axudar ásúa posta en valor. O noso río ten unha recoñecida sona como río troiteiro entre os pescadores galegos e de fóra de Galiza, que cumpriría revitalizar e aproveitar economicamente. É necesario [...]
-
Portada da igrexa de Berxelos
Contamos cun patrimonio hsitórico enorme, pero desde o Concello non se aposta por poñelo en valor e sacarlle toda a rendabilidade que podería dar. A recente restauración das pinturas da igrexa de Berxelos que financiou a Consellería de Cultura, -e mon son as únicas pinturas que temos nas igrexas do concello, [...]
-
Cada día que pasa empeora a pinta das obras que o Concello está realizando ao lado do río. A “estrela” da actuación é a pista de tenis, algo que non ten razón de existir no que se pretendía que fose unha área fluvial. Por que se primou o cemento e non o adecentamento dunha zona [...]
-
Estes días estanse realizando obras no local, propiedade do alcalde, que destinaba a tanatorio. Até aí nada sorprendente. Pero o rechamante, áinda que non sexa unha novidade, é que se utilice o todoterreo do Concello para retirar os cascallos dunha obra privada e que aínda por riba acaben no vertedoiro de lixo incontrolado. Iso si [...]
-
Estes días estanlles chegando a varios propietarios de tractores de Baralla a comunicación do imposto municipal de circulación. A Lei de facendas locais establece a correspondente exención do imposto deste tipo de vehículos. Sería ben que o alcalde enviase ás parroquias un bando para aclarar a situación e o procedemento que deben seguir os seus [...]
-
Este sábado, coma anos anteriores, a AMPA e a dirección do Colexio CPI de Baralla, convidáronnos a facer outro tramo do camiño de Santiago, entre Sarria e Portomarín. Un bo día, unha agradábel camiñada, unha boa compañía e un agradecido xantar,-sobremesa incluída-, para rematar a xornada. Grazas polo convite e polo trato. E para o [...]
-
Xa hai algún tempo, unha ambulancia tiña que saír remolcada por un tractor da casa de Ribadeneira de Quintá polo mal estado da pista de acceso.Cando no último pleno lle volvemos pedir ao alcalde o amaño urxente de varias pistas do rural, caso de Penouta, Vilar de Francos ou Laxes, e faciamos mención expresa aos [...]
-
Xa hai días que circulaban rumores sobre os elixidos e elixidas para as contratacións temporais para a brigada de obras (de obras??) do Concello e para o servizo de axuda a domicilio. Polo que parece, no caso da brigada de obras repiten boa parte dos que estaban e en axuda a domicilio, primaron máis as [...]
-
Hai poucos días chegoume algunha información sobre un convenio urbanístico para edificar na parcela situada por detras do Centro Médico. De momento, nada hai de xeito oficial, que pasase pola Xunta de Goberno Local ou polo Pleno. Pero é curioso, cando menos, que xusto unhas semanas despois de se adxudicar a redacción do PXOM, “aparezan” [...]
-
Onte á tarde, vin na televisión a varios dos meus veciños camioneiros, retidos pola garda civil en Benavente. Son dos que se ían exercer o seu dereito de manifestación a Madrid en defensa de melloras laborais, reclamando unha tarifa mínima que evite o que modernamente se chama “competencia desleal”. O caso é que nesta Unión [...]
-
Que razón pode haber para negarlles aos traballadores de CAMPESA o local do Centro Sociocultural se non está ocupado con outra actividade? Ningunha. Pois o Sr. Capón negoulles a utilización do local público, que a empresa tamén paga cos seus impostos. Como consecuencia, os cartos dos cafés e do xantar quedaron en Becerreá. Outra proba [...]
-
É ben rechamante que despois de máis de 2 meses desde a aprobación en Pleno dos orzamentos do ano 2008, e por tanto, das subvencións nominativas a asociacións, todas esas asociacións (culturais, deportivas,..) non teñan ningunha comunicación da súa concesión. Como esperaba o alcalde que o soubesen? Ou é que non quería que o soubesen [...]
-
A celebración e as notas do segundo exame da praza de alguacil supuxo o cumprimento da tradición. Os rumores que circulaban sobre a “obxectividade” do proceso, cumpríronse . Algúns datos curiosos. Lembremos que esta proba consistía en preguntas cortas sobre o concello.
►Dos 9 aspirantes, dos que sete son de Baralla, só “pasan” dos 5 [...]
-
Que ben define esta expresión o que fixo onte a ministra de Fomento, cando o BNG lle preguntou polas obras do AVE a Galiza! A ministra do PSOE intentou que parecese o que non é e que ninguén se decatase. Pero comparar as obras do AVE a Galiza coas dos obreiros nunha casa: «Chegan, pero [...]
-
O Consorcio de Servizos Sociais vén de públicar a convocatoria de prazas para diversos Centros de Día da provincia de Lugo (entre eles O Corgo e Abadín). O BNG xa propuxo que se convertera a antiga casa do médico no centro de día de Baralla. Pero este alcalde non está nesa liña. Nos imos [...]
-
Onte celebrouse o primeiro exame da praza de alguacil-porteiro. Ao final non se presentaron todos/as os inscritos. Esta é a relación de aprobados
Notas do exame e relación de aprobados/as
-
Pasou o pleno e segundo o alcalde, as cousas están tan ben, que nin os accesos a Penouta nin a Lebruxo teñen buratos, nin os de Laxes necesitan un amaño… nin vai facer nada para solucionar os problemas de recepción de televisión en varias zonas do concello… E claro, as obras da teórica “área fluvial” [...]
-
Este venres, 30 de maio, ás 8 da tarde, temos Pleno ordinario no Concello. É unha boa maneira de comprobar en directo a desidia deste alcalde e do PP e a alternativa que o BNG representa para o Concello. Anímate a asistir.
Se queres ver a orde do día, pica AQUÍ
Se queres consultar as Iniciativas que [...]
-
Curioso… Ou se cadra, non tanto. Unha ex-secretaria de Cacharro, forma parte como 1ª vogal do tribunal para a praza de alguacil-porteiro. Por certo, que xa a deixou ben situada antes de marchar. Dá que pensar verdade? Pois o caso é que da morea de funcionarios/as da Deputación, o alcalde vai e escolle unha [...]
-
Sería bo que o alcalde aproveitase as obras que está executando a Consellería en dúas pistas competencia do concello dentro do PEIM (Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural) para completar o proxecto. A Consellaría que dirixe o nacionalista Alfredo Suárez Canal, inviste preto de 60.000 € no amaño dos viais que van de [...]
-
Insiste o Sr. Capón e o PP na reiterada negativa por poñer en marcha a galescola de Baralla. A actitude do alcalde é unha proba máis do seu pasotismo á hora de mellorar os servizos públicos para os veciños e veciñas do concello. Despois da sinatura do convenio coa Xunta en xuño de 2005, os [...]
-
Cando un pasa pola vila, decátase de que a situación de limpeza das rúas e en consecuencia a impresión que lle damos aos que nos visitan é case de vergonza. Abonda con ver o lixo que se vai acumulando no chan ou a altura da herba que rodea aos magnolios que en mala hora [...]
-
O outro día, centos de peixes morreron na presa que discorre paralela ao río Neira, como consecuencia das obras da denominada área fluvial de Baralla. E digo denominada, porque mal pode ser unha área fluvial se o que menos importa no proxecto do alcalde é a zona de baño. Iso si, cemento que non falte. [...]
-
Xa se vai cumprir un ano desde as eleccións municipais e nada novo do solo industrial que precisamos. Daquela, lembraredes, fora cando se colocara o cartel anunciado a compra dos terreos. E desde aquela, nada. O alcalde non moveu un dedo para poder poñer en marcha a urbanización dos terreos. Noutros concellos do redor, van [...]
-
O alcalde vén de aprobar a oferta de emprego público do Concello para o ano 2008. O primeiro paso para prepararlle o camiño ao actual axente de desenvolvemento local, membro da executiva local do PP de Baralla. Parécevos que esa a praza que máis necesita o Concello? Entrou nela hai xa máis de catro anos, [...]
-
A redución de áreas previstas no borrador do decreto de bacharelato será unha “eiva” para acadar un “currículo equilibrado”. A redución na área de Educación Física, supoñería a práctica desaparición desta materia pois unha hora en toda a etapa outórgalle un carácter residual, tería menos carga horaria que Relixión e colocaría aos nosos estudantes moi [...]
-
Hoxe sae no BOP a publicación das litas definitivas e a data do exame para a praza de ALGUACIL- PORTEIRO do concello de Baralla. Preme AQUÍ se queres consultar a resolución.
-
O anuncio dunha actuación incompleta
Diante do anuncio por parte do alcalde da entrada en funcionamento dun reemisor da Sexta, o BNG lémbralle ao alcalde que aínda hai varias zonas do concello, como son Laxes, Aranza, Teixeira e a propia zona de Neira de Rei, que non reciben, ou que reciben con dificultade o sinal das [...]
-
O BNG reclama a execución dos alumeados públicos pendentes
O concello está parado pola incapacidade do alcalde
O BNG de Baralla pídelle ao alcalde que dedique unha parte dos case 2 millóns de euros a execución das obras dos alumeados públicos pendentes en moitos núcleos do concello. O voceiro nacionalista, Xosé Manuel Becerra, lembra que “despois [...]
-
Hai que ter valor para acusar aos xogadores dun equipo de fútbol de seren os culpábeis da súa desaparición. Pois foi o que fixo o Alcalde cando lle preguntamos porque retiraran da competición ao Baralla. Segundo o Sr. Capón “non había xogadores suficentes…. porque non se levantaban da cama”. Coma sempre, para este alcalde as [...]
-
Como cada mes impar, o último venres, temos Pleno do Concello. No de mañá, levamos unha chea de iniciativas.
Accesos abandonados
O BNG de Baralla vai reclamar no Pleno que celebra mañá a Corporación Municipal, o amaño dos accesos ao núcleo de Penouta e unha actuación urxente nalgunha zona dos accesos a Lebruxo, que se atopan nunha [...]
-
O Noitebús é unha iniciativa máis das que o Sr. Capón pasa. E son moitos os mozos e mozas de Baralla que cada fin de semana se desprazan a Sarria ou a Muimenta, ou a Lugo. As axudas previstas na Orde da Consellería para a posta en funcionamento deste servizo de autobueses poden chegar até [...]
-
O BNG acusa ao alcalde de “non facer nada”, de non xestionar para que Baralla poida contar a medio prazo cun Centro de Día para a atención de persoas maiores. Un servizo que ademais lles permitiría aos seus familiares compatibilizar o seu coidado coa súa actividade laboral diaria. Baralla conta con case un 35 [...]
-
Este sábado día 15 publicouse no Boletín Oficial da Provincia a listaxe de admitidos/as na convocatoria da praza de alguacil-porteiro.
Clica aquí LISTAXE se a queres consultar.