-
Posted: Maio 22, 2015, 6:32pm CEST by xurxo
Terá lugar este venres 22 de maio ás 10 da noite, no CAMPO DA FESTA DA ANGUÍA.
Non faltes!
-
Posted: Maio 18, 2015, 12:41am CEST by xurxo
Achégovos a ligazón onde podedes consultar o programa de goberno 2015-2019 que nestes días estámoslle entregando en man a todos os veciños e veciñas de Castrelo de Miño.
Para que Castrelo de Miño continúe florecendo…
-
Posted: Maio 18, 2015, 12:36am CEST by xurxo
Podedes visualizar as fotografías na páxina de Facebook de Castrelo Positivo
-
Posted: Maio 15, 2015, 4:16am CEST by xurxo
Terá lugar este vindeiro domingo 17 de maio ás 18:30 horas
no novo centro socio-cultural de Macendo, sito no campo da festa.
Falarán:
Rita Lago Ozores, concelleira do BNG
Alfredo Suárez Canal, ex-conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia
Xurxo Rodríguez Méndez, alcalde e candidato do BNG.
-
Posted: Maio 12, 2015, 1:24am CEST by xurxo
Este domingo presentamos o programa de goberno 2015-2019. Foi un emotivo e ateigado acto no que participaron moitos veciños e veciñas, e ao que tamén asistiron para arrouparnos dous grandes amigos, como Ana Miranda e Anxo Quintana.
Na edición de Galicia do ABC, si do ABC, penso que fixeron unha boa crónica da xornada: Aquí
-
Posted: Maio 11, 2015, 1:52am CEST by xurxo
Podes consultar a galería do acto na seguinte ligazón
-
Posted: Maio 9, 2015, 12:21am CEST by xurxo
Terá lugar este vindeiro domingo 10 de maio ás 18:30 horas
no salón de actos da casa do concello de Castrelo de Miño.
Falarán:
Ana Miranda, ex-eurodeputada do BNG
Anxo Quintana, ex-vicepresidente da Xunta de Galicia
Xurxo Rodríguez Méndez, alcalde e candidato do BNG.
-
Posted: Maio 8, 2015, 3:05pm CEST by xurxo
No primeiro día da campaña electoral a nosa candidatura e os nosos proxectos foron a entrevista central do xornal La Voz de Galicia. Moitas grazas a Xosé Manoel polo texto e a Santi polas fotografías.
Achego o pdf da versión en papel, e aquí pode consultarse a versión dixital.
-
Posted: Maio 8, 2015, 1:54pm CEST by xurxo
Como xa ven sendo tradición ás 0:00 horas do 8 de maio, achegámonos ata as instalacións do parque náutico e dimos por comezada a campaña electoral para as municipais de 2015 co inicio da pegada de carteis. Non acompañou o tempo pero non impediu que nos achegaramos igualmente a cada unha das parroquias do concello.
[...]
-
Posted: Maio 6, 2015, 11:27pm CEST by xurxo
Como xa sabedes, este xoves 7 de maio, un minuto despois das 23:59 horas iníciase oficialmente a campaña electoral das municipais 2015.
O BNG de Castrelo de Miño realizará un acto simbólico no Parque Náutico de Castrelo de Miño, que comezará ás 23:45 horas. E como xa é tradición, haberá que ir pegar algún cartel de [...]
-
Posted: Maio 6, 2015, 11:15pm CEST by xurxo
En La Región pode consultarse premendo aquí
Titulan que: O BNG de Castrelo de Miño, a ampliar a maioría, e que Xurxo Rodríguez manifestou que lidera unha candidatura “forte e unida, que aspira “a consolidar e incluso ampliar a maioría absoluta”.
En Faro de Vigo pode consultarse premendo aquí
-
Posted: Maio 5, 2015, 5:01am CEST by xurxo
Na Voz de Galicia: Preme aquí
Na Región: Preme aquí
-
Posted: Maio 4, 2015, 2:10am CEST by xurxo
Podes consultalo premendo a seguinte fotografía:
-
Posted: Maio 4, 2015, 1:56am CEST by xurxo
Hoxe foi un día para facer balance público do moito e ben feito, e para presentar a candidatura do BNG de Castrelo de Miño ás eleccións municipais de 2015.
Moitísimas grazas a todas e todos por acompañarnos hoxe, e darnos tantos e tantos ánimos para continuar construíndo este marabilloso Castrelo Positivo no que vivimos.
Podedes ver o [...]
-
Posted: Abril 29, 2015, 10:35pm CEST by xurxo
[ 3 Maio 2015; 6:00 p.m. a 8:00 p.m.. 6:00 p.m. a 8:00 p.m.. ]
-
Posted: Abril 7, 2015, 4:47am CEST by xurxo
Este vindeiro venres 10 de abril realizaremos unha asemblea aberta do BNG de Castrelo de Miño no albergue do parque náutico de Galicia. Estades convidados todos os veciños e veciñas de Castrelo de Miño.
Ven e participa, a túa opinión e colaboración é necesaria para continuar mellorando Castrelo de Miño. Constrúe connosco o programa para os [...]
-
Posted: Abril 1, 2015, 4:23am CEST by xurxo
Como xa sabedes, manteño unha intensa actividade en distintas redes sociais como facebook, twitter ou instagram, entre outras. Pero agora que se convocaron as eleccións municipais, penso que este formato de blog vai permitirme achegarvos unha serie de informacións e arquivos que son moito máis doados de compartir neste formato.
Así que, olá a todxs de [...]
-
Posted: Marzo 25, 2015, 3:18am CET by xurxo
Achego un pequeno resume da xestión municipal realizada polo BNG de Castrelo de Miño desde 2011 a 2015:
-
Posted: Marzo 7, 2015, 3:05am CET by xurxo
Achego un pequeno resumo da xestión municipal realizada polo BNG entre 2007-2011
-
Posted: Xuño 12, 2011, 2:14am CEST by xurxo
Concelleiras, concelleiros, veciñas e veciños de Castrelo de Miño, amigas e amigos,
Permitídeme en primeiro lugar agradecer a vosa presenza esta tarde de sábado no solemne acto institucional de Constitución da nova Corporación Municipal. Felicitemos en primeiro lugar a todos e cada un dos veciños e veciñas de Castrelo de Miño que o pasado 22 de [...]
-
Posted: Xuño 10, 2011, 2:09am CEST by xurxo
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE)
FAGO SABER que de conformidade co establecido na lexislación vixente, faise público que por esta Alcaldía convocouse SESIÓN PÚBLICA EXTRAORDINARIA DO PLENO deste Concello a celebrar no Salón de Sesións da Casa do Concello na hora e data indicados e con sometemento á Orde do [...]
-
Posted: Maio 24, 2011, 5:39am CEST by xurxo
Hoxe o xornal La Región publicou os nomes dos/as concelleiros/as electos nestas eleccións municipais do ano 2011.
-
Posted: Maio 24, 2011, 5:33am CEST by xurxo
Publicado en La Voz de Galicia de hoxe 24 de maio de 2011
-
Posted: Maio 23, 2011, 5:28am CEST by xurxo
Preme na imaxe para consultar os resultados.
-
Posted: Maio 21, 2011, 3:47pm CEST by xurxo
-
Posted: Maio 21, 2011, 2:33pm CEST by xurxo
Podes visualizalo na seguinte ligazón: Festa Peche de Campaña
-
Posted: Maio 19, 2011, 4:03pm CEST by xurxo
Este venres 20 de maio ás 21:30 horas organizaremos un acto público de peche da campaña electoral do BNG de Castrelo de Miño para estas elección municipais. Terá lugar no campo da festa de Barral e comezará ás 21:30 horas. Falarán Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, Iago Tabarés, e o candidato e alcalde [...]
-
Posted: Maio 16, 2011, 2:44am CEST by xurxo
-
Posted: Maio 16, 2011, 2:19am CEST by xurxo
Podes consultar o album fotográfico na seguinte ligazón: Mitin en Macendo
-
Posted: Maio 12, 2011, 2:49am CEST by xurxo
-
Posted: Maio 11, 2011, 1:33am CEST by xurxo
-
Posted: Maio 10, 2011, 7:38pm CEST by xurxo
Podes consultalo na seguinte ligazón:
-
Posted: Maio 9, 2011, 2:52am CEST by xurxo
-
Posted: Maio 8, 2011, 2:58am CEST by xurxo
-
Posted: Maio 8, 2011, 2:16am CEST by xurxo
Na seguinte ligazón podes consultar o album fotográfico: Mitin en Cortiñas
-
Posted: Maio 6, 2011, 10:43pm CEST by xurxo
Contaremos coa presenza do portavoz parlamentario do BNG Carlos Aymerich.
-
Posted: Maio 1, 2011, 2:10am CEST by xurxo
Pulsa na seguinte ligazón para visualizar o album fotográfico da presentación:
Presentación da Candidatura do BNG de Castrelo de Miño
-
Posted: Abril 30, 2011, 4:43am CEST by xurxo
O Bloque Nacionalista Galego convídate á presentación da candidatura encabezada por Xurxo Rodríguez Méndez ás vindeiras eleccións municipais no Concello de Castrelo de Miño, que tamén contará coa participación do parlamentario galego e ex-conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.
A presentación terá lugar ás 18:30 horas do domingo 1 de maio de 2011 no Centro [...]
-
Posted: Marzo 23, 2011, 3:38am CET by xurxo
Podes consultalo na seguinte ligazón:
-
Posted: Marzo 20, 2011, 4:21am CET by xurxo
Nesta semana finalizarán as obras do centro de día de Castrelo de Miño. Podes consultar a nova que publica La Región
-
Posted: Marzo 19, 2011, 4:14am CET by xurxo
No vindeiro mes comezarase a obra de reforma da casa do concello.
Consulta a nova publicada na Voz de Galicia
-
Posted: Marzo 16, 2011, 4:19am CET by xurxo
Onde hai 4 anos había 500 microparcelas de 60 propietarios, agora está en produción o maior e mellor viñedo da D.O. Ribeiro. E segue sendo propiedade dos mesmos veciños e veciñas que están a dar un exemplo de como se debe xestionar a terra. Cando se unen a vontade dos veciños e o entusiasmo das [...]
-
Posted: Marzo 12, 2011, 4:25am CET by xurxo
Desde o Concello de Castrelo de Miño e coa colaboración de moitos veciños e veciñas publicamos unha web na que se recollen fotografías históricas de todas as parroquias.
Podes consultar a nova publicada en La Región
Podes consultar a páxina web de Memoria de Castrelo
-
Posted: Marzo 9, 2011, 5:08am CET by xurxo
Consulta a nova publicada en La Región
-
Posted: Febreiro 23, 2011, 5:12am CET by xurxo
Terá lugar o 26 de febreiro de 2011 ás 7 da tarde no salón de actos do albergue do parque náutico sito en Cortiñas.
Intervirán a deputada no parlamento galego Tereixa Paz e o alcalde de Castrelo de Miño Xurxo Rodriguez Mendez
-
Posted: Marzo 25, 2009, 2:46am CET by xurxo
Perfil de Xurxo Rodriguez MendezCreate Your Badge
-
Posted: Maio 2, 2007, 3:36pm CEST by xurxo
Mentres actualizo a páxina podes seguir a miña actividade política na web comarcal do BNG-RIBEIRO. www.ribeiro.tv
-
Posted: Abril 20, 2007, 8:49pm CEST by xurxo
[ 22 Abril 2007; 5:00 pm a 7:00 pm. ]
O domingo 22 de Abril ás 5 da tarde no Colexio Público de Astariz, presentaremos a nosa Candidatura á Alcaldía de Castrelo de Miño.
Acompañaranos o Alcalde de Allariz, Paco García e a Vicepresidenta do Parlamento de Galiza, Tereixa Paz.
-
Posted: Abril 20, 2007, 8:45pm CEST by xurxo
Hoxe venres mantiven unha xuntanza en Ribadavia co Delegado de Innovación e Industria, sobre distintos proxectos que a Consellería pode desenvolver en Castrelo de Miño (Rede inalámbrica de banda larga de conexión a internet, xuntanzas nos vindeiros días con empresarios de Castrelo de Miño…)
-
Posted: Abril 19, 2007, 8:42pm CEST by xurxo
Como lle prometeramos aos representantes das distintas asociacións da comarca, xestionamoslle unha xuntanza coa compañeira Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda da Xunta de Galiza, para aportar información sobre o Parque Medioambiental de Galiza en Carballeda de Avia. Asistiron membros do Foro Social, de Coto do Frade, de Ridimoas e de Amigos da Terra.
Foi unha xuntanza [...]
-
Posted: Abril 18, 2007, 8:35pm CEST by xurxo
Como responsable comarcal do Ribeiro, asisto a reunión da comisión electoral da provincia de Ourense. Seguimos avanzando na coordenación da campaña electoral.
-
Posted: Abril 16, 2007, 8:30pm CEST by xurxo
Xuntamonos hoxe luns para imprimir e ensobrar a carta que redactamos nestes derradeiros días na que nos diriximos aos nosos veciños emigrantes. Como xa dixen hai uns días, estamos convencidos de que teñen que ser partícipes deste cambio que se vai producir en Castrelo de Miño.
-
Posted: Abril 13, 2007, 8:30pm CEST by xurxo
Vou até Santiago de Compostela ao Consello Nacional do BNG. Aprobamos por unanimidade todas as candidaturas de Galiza. Imos presentar listas en todos os Concellos do País.
-
Posted: Abril 8, 2007, 8:24pm CEST by xurxo
Xuntámonos de novo este domingo 8 de abril. Acordamos redactar unha carta para facer chegarlle a nosa lista e o noso programa aos nosos veciños da emigración. Queremos facelos participes no cambio que se vai producir en Castrelo de Miño.
-
Posted: Abril 7, 2007, 8:19pm CEST by xurxo
Como responsable comarcal do BNG estiven en Ribadavia no Consello Comarcal de hoxe venres. Rematamos a confección das listas nos 10 concellos do Ribeiro e na entidade local menor de Berán. Por primeira vez na historia da nosa organización, imos presentar listas en todo O Ribeiro. Saímos todos orgullosos e satisfeitos.
-
Posted: Abril 3, 2007, 8:12pm CEST by xurxo
Como responsable comarcal do BNG Ribeiro, mantiven hoxe unha xuntanza cos representantes do Foro Socila Queremos Saber, que como o seu propio nome indica, nos piden información sobre o Parque Medioambiental de Galiza que ubicará en Carballeda de Avia.
Sobre ese asunto, o BNG do Ribeiro ten un posicionamente público que se pode consultar en www.bng-ribeiro.org [...]