[ 22 Abril 2007; 5:00 pm a 7:00 pm. ]
O domingo 22 de Abril ás 5 da tarde no Colexio Público de Astariz, presentaremos a nosa Candidatura á Alcaldía de Castrelo de Miño.
Acompañaranos o Alcalde de Allariz, Paco García e a Vicepresidenta do Parlamento de Galiza, Tereixa Paz.
Hoxe venres mantiven unha xuntanza en Ribadavia co Delegado de Innovación e Industria, sobre distintos proxectos que a Consellería pode desenvolver en Castrelo de Miño (Rede inalámbrica de banda larga de conexión a internet, xuntanzas nos vindeiros días con empresarios de Castrelo de Miño…)