-
As declaracións de onte do alcalde de Lugo despois de reunirse co Conselleiro de Medio Ambiente e Territorio nas que indica que este mesmo mes lle vai enviar o plan xeral adaptado ao informe da Xunta é unha absoluta falta de respeito aos cidadáns de Lugo.
O BNG leva dous meses reclamando que se celebre unha [...]
-
A postura do PSOE na reunión de onte sobre as costas do parque foi totalmente cínica. E digo isto porque Orozco pretendeu cargarnos a todos coas culpas que só eles teñen. Pretenderon que lle désemos un aval á súa política urbanística neste concello e que apoiásemos a legalidade dun proxecto urbanístico que está custionado nos [...]
-
No último pleno trataronse dúas mocións nas que se abordaba o estado da auga na cidade, unha do BNG e outra do PP. No caso da do BNG pedíamos que se trasladasen a unha única delegación, a de medio ambiente, todas as competencias neste tema. Estamos falando polo tanto de que a depuradora e a [...]
-
Onte dixen que o PSOE ten secuestrado o Plan Xeral. Pode parecer unha acusación moi grave, pero é absolutamente certa. Na comisión de urbanismo e por escrito a delegada, María Novo, confirmoume que o Goberno municipal non vai convocar ningunha reunión para analizar os cambios que están introducindo no documento. Cando o traian á Comisión [...]
-
Está claro que o PSOE e o PP están cociñando en Compostela o Plan Xeral de Lugo. Levamos dous meses sen ter ningunha reunión da Comisión de Planeamento e a Sra. María Novo só sabe dicir que “as negociacións van ben” e que “todo avanza por bon camiño”. E cando esta señora di isto, a [...]
-
Onte os cidadáns de Lugo asistimos atónitos ao descontrol máis absoluto por parte deste concello. Pola mañá cando abrimos as billas comprobamos como a auga saía “turbia”. A verdade é que houbo zonas da cidade onde a palabra turbia non se axusta á realidade, e o que saía era loda de todo!!! E así, grazas [...]
-
O novo portavoz municipal do PP, Jaime Castiñeira, andou falando de que o BNG leva a pleno propostas que non lle preocupan aos lucenses. Referíase o sr. Castiñeira ás nosas iniciativas para reclamar a retirada das bases do decreto do ensino e o arranxo na estrada N-640 que vai de Lugo a Ribadeo pasando por [...]
-
Seguimos ás voltas co Plan Xeral e eu creo que aínda vai para lonxe a súa aprobación. Estes días soubemos que o fiscal lle reclama ao concello información sobre determinados urbanizábeis e sobre a transformación de solos rústicos en urbanos consolidados. Para quen non saiba de que falo, estoume referindo aos terreos do anterior concelleiro [...]
-
O de onte en Compostela foi moito máis ca unha manifestación en defensa do galego. Foi o clamor dun pobo reclamando o seu dereito a ser e a existir. Porque ese é o dereito que nos negan, e non outro.
O PP e todos os seus adláteres pretenden facerlle crer á xente que o galego é [...]
-
O Goberno municipal ven de anunicar que as obras de recuperación do parque Rosalía de Castro van incluir o seu peche ao público en determinarios horarios.
Parece ser que ao PSOE lle entrou unha vea prohibicionista que quere levar até as últimas consecuencias. Ordenanza de represión cidadá – perdón, de civismo- peche ao público do parque [...]
-
O PP acaba de sacar adiante reformas urbanísticas de importante calado que teñen como finalidade que o territorio volva ás mans de quen levan anos e anos destrozándoo: os concellos e os construtores. A reforma da Lei do Solo e ás novas normas para o litoral poñen de manifesto unha vez máis quen quere o [...]
-
Chegou o 2010 e con el un novo decreto do galego. Vai ser este un ano decisivo para o galego, e seguro que imos ter que sair á rúa moitas veces para facernos escoitar porque está claro o que quere o PP: que o galego sexa residual, que non se aprenda na escola, que non [...]
-
Estes días está saindo na prensa información sobre as ruínas urbanísticas e sobre as ordes de execución de obras que emite o concello para que se rehabiliten vivendas que están en mal estado. Ten todo isto bastante que ver co novo plan xeral, aínda que non o pareza. Este documento prevé a construción de máis [...]
-
A estas alturas do mes de novembro deberíamos estar falando dos orzamentos do concello, pero a 23 de novembro non sabemos nada deles. Ben, hai algo que si sabemos polos medios de comunicación, que ou ben lle aprobamos os orzamentos a Orozco ou que volve a presentar unha cuestión de confianza como o ano pasado. [...]
-
Se hai que clasificalo dalgunha forma, eu diría que o informe que emitíu a Xunta, concretamente a Consellaría de Infraestruturas, é suave nas formas pero contundente no fondo. O informe cuestiona o modelo expansionista aprobado por PSOE e PP para este concello, onde queren construir case 36.000 vivendas en 10 anos cando nos 10 pasados [...]
-
Este sábado Lugo rendíulle un sentido homenaxe a Lois Diéguez. Neste acto de recoñemento social foron moitas as persoas que queixeron(mos) manifestarlle o noso afecto e o noso profundo respeto polo traballo de toda a súa vida, tanto no ámbito social como no político, no cultural, no literario,…
Foi un acto moi emotivo e tamén moi [...]
-
Este sábado ás 5 da tarde no salón de actos da Deputación de Lugo vaise celebrar un acto público de recoñecemento ao traballo que o escritor Lois Diéguez realizou durante os 40 anos que vivíu en Lugo, xa que recentemente mudou a súa residencia á cidade da Coruña.
Como sempre me di, pasou de ver a [...]
-
O Goberno do estado acaba de aprobar un novo Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL). É a 2ª parte do famoso Plan E de xigantescos carteis que vemos por todos os lados, en obras importantes e noutras non tanto. Neste caso ao concello de Lugo correspóndenlle algo máis de 10 millóns de euros, e grazas [...]
-
Esta semana en pleno aprobouse por unanimidade demandar da Xunta a delcaración do Parque Rosalía de Castro como BIC, e pouco despois enterámosnos de que o gobrno está asfaltando a explanada do pavillón municipal dos deportes sen pedirlle previamente informe a Cultura.
Cando se fixo pública a sentenza que di que a ubanización da CS-5 non [...]
-
Xa se ve cal é a política social do PP: retirarlle o complemento de 200 € ás pensións non contributivas, eliminar a gratuidade dos libros de texto, ampliar os concertos coa sanidade privada,… E pretenden facernos crer que o fan para que teñamos máis e mellores servizos!!!
Temos unha poboación fortemente envellecida, cobramos as pensións máis [...]
-
O xoves pasado tivemos a primeira xuntanza para renegociar as construcións que se van facer nas costas do parque. A verdade é que non podo calificala máis que de esperpéntica. Esperpéntica porque quen creou o problema e ten polo tanto a obriga de buscar solucións (o PSOE) chegou á xuntanza con todas as partes (grupos [...]
-
Impresionante manifestación a de onte en Compostela. Impresionante pola cantidade de xente, e polo ambiente, e por ver xuntas tantas e tantas persoas que só reclamabamos unha cousa, poder vivir en galego. Tivo razón un dos intervintes cando dixo que esta si que foi a verdadeira manifestación Pro Vida. Unha manifestación pola vida do noso [...]
-
Impresionante manifestación a de onte en Compostela. Impresionante pola cantidade de xente, polo ambiente e por ver xuntas a tantas e tantas persoas que só reclamabamos unha cousa, poder vivir en galego. Tivo razón un dos intervintes cando dixo que esta si que foi a verdadeira manifestación pro vida. Unha manifestación pola vida do noso [...]
-
Este domingo é necesario que todos e todas acudamos á manifestación que a plataforma Queremos Galego tén convocada en Compostela. O PP quere eliminar o noso idioma e por riba pretende que nos quedemos calados e que aceptemos como normal o exterminio do galego. É o momento de que nos poñamos de pé e nos [...]
-
Pasou o San Froilán e volvemos á realidade. A verdade é que durante esta semana non se pode falar de nada que non sexan festas. Teño que dicir que non me gustou a apertura das portas porque creo que boa parte dos políticos en activo que interviron deron un mitin político e esqueceron a que [...]
-
Onte visitou Lugo Guillerme Vázquez, o portavoz nacional do BNG. Compartimos con el unha xornada de traballo que tamén contou coa súa parte lúdica como non podía ser menos no San Froilán.
Veu a Lugo Guillerme sen a parafernalia doutros políticos. Na súa intervención pública tocou todos aqueles aspectos que teñen interese neste momento para a [...]
-
Despois de tantas promesas e de tanto falar, temos diante de nós o0s orzamentos do Estado e neles non figura un euro para a Estación Intermodal de Pepe Blanco e Orozco. Pero como tampouco figuran cartos para o AVE e como ferrocarril de cercanías non temos, pois que máis ten!
O papel terma do que lle [...]
-
Benvido sexa este plan e todos aqueles que apoien a Lugo. E agardemos que non se quede no de sempre, publicidade e pouco máis.
A estas alturas falar de que se vai facer un novo plan estratéxico no que se vai gastar máis de medio millón de euros aumenta o meu excepticismo. E digo isto porque [...]
-
Esta semana coñeceuse a sentenza xudicial que indica que a urbanización das Costas do Parque se fixo incumprindo a tramitación administrativa que lle correspondía. A sentenza di que é preceptivo e vinculante o informe de Patrimonio, quen debeu informar o expediente antes de que aprobasen a urbanización.
Esta sentenza é un triunfo da Asociación en Defensa [...]
-
Este ano van facer a apertura das portas no San Froilán os políticos, despois de que así o decidiran PSOE e PP. E pola súa parte van ser políticos en activo e que ocupan cargos institucionais. O BNG propuxo na Comisión de Festas que non se politizase o San Froilán e que non se deturpase [...]
-
Este curso escolar comeza cargado do problemas e de polémicas. A decisión do PP de eliminar a gratuidade dos libros de texto, de suprimir a presenza do galego nas aulas, de non crear comedores, de retirar profesorado de apoio aos cativos con discapacidades, de eliminar profesorado no rural (Concello de Cervantes) deixa ben clara cal [...]
-
É bon que haxa debate social. É bon porque son os veciños e as veciñas de Lugo os que teñen que dicir que cidade queren. A súa participación é vital para poder avanzar. Pero para avanzar Lugo tamén necesita feitos e non só palabras: feitos e non só promesas. Os lucenses queren que se fagan [...]
-
Esta tarde hai pleno, e vaise emitir en directo pola páxina web do concello. Vai ser longo porque hai moitas iniciativas, tanto do goberno como da oposición. Como non podía ser menos levamos unha moción de urxencia para falar sobre a estación intermodal de ferrocarril e autobuses, porque non queremos que se sigan tomando decisións [...]
-
Seguramente se alguén le a prensa destes días pensará que Lugo conta xa cun proxecto para unha estación intermodal na actual ubicación da de Renfe. E é lóxico que o pense cando o anuncio o fixo nada máis e nada menos ca un Ministro, neste caso o superministro, alabado por PSOE e PP, José Blanco. [...]
-
Xa comezou setembro e con el arranca un novo curso político que vai estar marcado pola crise, a gripe A, a reforma estatutaria, o idioma,… Feijóo déixase querer pola prensa e disfruta como se fose un neno cando lle din que pode ser o sustituto de Rajoi. Porque el realmente o que quere é ser [...]
-
Ultimamente o PP fala moito de liberdade, da súa liberdade. Da liberdade que lles dá a maioría para impoñer as súas normas, as súas prácticas e para retirarlles dereitos básicos a todos os cidadáns.
Acaban de facer público o resultado da enquisa do galego, e cando parece ser que maioritariamente os pais/nais queren un ensino nas [...]
-
Posted: July 28, 2009, 11:01am CEST by pazabraira
Xa está, xa pasaron os primeiros 100 días de goberno do PP. Seica hai que esperar sempre ese tempo para empezar a facer valoracións, pero neste caso a miña é a mesma hoxe que fai 100 días: negativa. É negativa porque non pode ser doutra maneira. Que nos deixaron estes 100 días? Pois deixáronnos ataques [...]
-
Xa sei que resulta un pouco monótono estar falando sempre do mesmo, pero é que non queda outra. Onte asinouse ese seica “fantástico pacto” polo cal o AVE vai chegar a galiza en 2015. Antes xa tiñamos outro acordo”seica non tan fantástico” polo cal ía chegar no 2012. A verdade é que eu case me [...]
-
Posted: July 17, 2009, 12:47pm CEST by pazabraira
Xa hai acordo sobre financiación, e non é bon para Galiza. E o chamativo de todo isto é que os alcaldes, tan dados eles a reclamar máis fondos para os concellos, agora están calados. Onde vai ese Orozco que sempre clamaba por máis cartos para poder atender ás necesidades de Lugo? Por que está agora [...]
-
Posted: July 15, 2009, 10:20am CEST by pazabraira
Como filla de labregos que son non podo deixar de sentir emoción cada vez que vexo os tractores entrar en Lugo. A imaxe de toda esa ringleira de múltiples cores (a cada cal máis intensa) é digna de ver e permanece fixada na retina.
O luns resultaba curioso ver as retencións de tráfico que había pola [...]
-
Posted: July 13, 2009, 11:24am CEST by pazabraira
Estase debatindo estes días sobre financiamento autonómico. Fálase moito pero concrétase pouco. O BNG xa dixo que non podíamos aceptar ningunha cantidade que ande por debaixo do 7,8% do total estatal. E iso partindo dun reparto de 15.000 millóns de euros, non dos 9.000 (todo máis 11.000) dos que falan desde Madrid.
Pero Feijóo non se [...]
-
Posted: July 10, 2009, 11:35am CEST by pazabraira
A nosa cidade vai pasar un verán máis sen praia fluvial. A verdade é que miras para Ourense e non podes deixar de sentir envexa do ben que integran eles o Miño na cidade. Contan con máis dunha praia fluvial, por suposto de carácter público. E en Lugo temos que seguir pagando se queremos desfrutar [...]
-
Posted: July 7, 2009, 12:42pm CEST by pazabraira
Seica hai a quen non lle gusta que nos nosos blogs critiquemos a política do PP. Eu non teño intención de darlle os parabéns a quen está atacando os sinais de identidade do meus país. Xa sei que haberá quen non comparta isto como eu non comparto a política do PP.
Que nos veñan agora con [...]
-
Posted: July 3, 2009, 1:48pm CEST by pazabraira
Anda o PP dicindo que elimina a gratuidade universal dos libros de texto para aforrar cartos en tempo de crise!!! Como se lle pode dar a volta a algo tan inxusto? Como poden presentar como unha medida progresista o que non é máis que o comezo do desmantelamento do ensino público? En época de crise [...]
-
Posted: June 30, 2009, 10:45am CEST by pazabraira
Andan PP e PSOE moi contentos con ese acordo asinado entre Feijoo e Blanco para o AVE galego. Adíano outra vez no tempo e xa nos falan de 2015. A data de 2012 da que o PP facía bandeira na precampaña e campaña de marzo xa está esquecida.
Onte no pleno do Concello, Orozco falóunos [...]
-
O luns temos pleno, o último antes do verán, e levamos unha iniciativa novedosa nunha cidade coma Lugo. O compañeiro Antón Bao, que é Vicepresidente da Deputación, vai defender a creación de itinerarios escolares seguros para que os cativos acudan ao colexio a pé ou en bicicleta sen ter que arriscar a súa integridade física.
Onte [...]
-
Hoxe inaugurouse o novo centro social de entrecarrís, que se vai chamar Centro Cívico Maruja Mallo (por fin un nome de muller). Este centro leva máis dun ano de atraso na súa apertura, e a responsabilidade é exclusivamente do goberno municipal e da súa incapacidade para facer un correcto seguimento das obras.
Pero o mellor de [...]
-
Como pode alguén pedirlle ao BNG que renuncie a defender o que son dereitos básicos das persoas? De que país estamos falando? Ten algún galego problemas para falar castelán cando vai ao concello, á Xunta, ao médico, ao banco, aos comercios, ao colexio dos seus fillos…? Non será que queremos pintar a realidade da cor [...]
-
Posted: June 15, 2009, 10:45am CEST by pazabraira
O venres os centros educativos distribuiron entre o alunado a enquisa do galego que deben cubrir os pais (digo eu que as nais tamén terán algo que dicir neste tema). O venres remata o prazo para a súa entrega voluntaria. A enquisa só persegue un fin, cubrirlle as costas ao PP máis radical e español, [...]
-
Posted: June 11, 2009, 10:42am CEST by pazabraira
Está claro que o Fondo Estatal de Investimentos, o famoso Plan E que inzou de xigantescos cartaces boa parte da nosa xeografía, lle está servindo a todos os alcaldes e alcaldesas para sair adiante nun ano ben difícil. Esquecéronse completamente de todo o establecido no orzamento anual e adícanse a xestionar as obras que se [...]
-
Posted: June 9, 2009, 12:14pm CEST by pazabraira
Non é por nada, pero creo que todos os cidadáns galegos agradecemos os dous anos que temos por diante sen eleccións.Vennos ben a todos un descanso antes do vindeiro proceso electoral que vai ser na primavera do 2011, as eleccións municipais.
As eleccións europeas demostraron que esa Europa da que se fala cando non se está [...]
-
Posted: June 1, 2009, 12:00pm CEST by pazabraira
Esta tarde temos pleno e nel imos tratar cousas ben importantes. Imos falar de urbanismo, de idioma, de infraestruturas, de medio ambiente, de servizos sociais,… Empezamos ás 5 e non sei a que hora imos rematar, pero seguro que non moi cedo.
Semella que a chegada do bon tempo nos animou a todos os grupos a [...]
-
Posted: May 27, 2009, 12:32pm CEST by pazabraira
Está claro que o goberno socialista de Lugo está en descomposición. Orozco, o seu sumo sacerdote, ve perigar o seu futuro político e xa fala de cambios, de modificacións, de axustes,… Cando un alcalde di sen dicir que tén que facer modificacións na metade dun mandato está admitindo que as cousas non van ben e [...]
-
Posted: May 20, 2009, 10:33am CEST by pazabraira
O PP quere impoñer o apartheid lingüístico na Galiza. Quere separar aos cativos en función da língua que falen. Queren, polo tanto, segregar, diferenciar, excluir a uns para poñer a outros. Queren, en definitiva, que os poucos nenos e nenas que falan galego cando comezan a súa escolarización (despois xa deixan de facelo porque a [...]
-
Posted: May 18, 2009, 10:21am CEST by pazabraira
Mira que teño participado en infinidade de manifestacións, concentracións e demais actos reivindicativos, pero a de onte en Compostela foi unha das que máis satisfación me producíu. Ver a tantos milleiros de persoas de todas as idades reclamando o seu dereito a vivir en galego foi do máis emocionante que me pasou nos últimos anos. [...]
-
Posted: May 15, 2009, 11:12am CEST by pazabraira
Hoxe reunímonos cos representantes dos traballadores da fábrica que Pascual tén en Outeiro de Rei e que quere pechar coa trampa dun ERE. Agora todas as empresas presentan expedientes de regulación de emprego (ERE) aínda que a crise non lles afecte como eles din. Estamos falando dunha empresa punteira, que recibíu axudas das administracións, que [...]
-
Posted: May 11, 2009, 1:26pm CEST by pazabraira
Xa temos novo Portavoz nacional, Guillerme Vázquez. A Asemblea de onte demostrou a madurez do BNG e da súa militancia. Distintas listas, distintas propostas e resultados democráticos.
Deséxolle moitos éxitos a Guillerme á fronte desta portavocía nacional. Deséxollos porque os seus éxitos serán os éxitos do BNG e porque os éxitos do BNG son os éxitos [...]
-
Posted: May 7, 2009, 5:43pm CEST by pazabraira
Mañá vanse celebrar por todo o País concentracións en defensa do sector lácteo, que está atravesando unha das peores crises da súa historia. A importación masiva de leite francés a baixo prezo está obrigando aos gandeiros/as galegos a pechar as súas explotacións. E a política das empresas (Leche Pascual) pechando as plantas de transformación e [...]
-
Posted: May 5, 2009, 10:14am CEST by pazabraira
Onte tivemos plenos e levamos unha iniciativa da que xa vos falei para que o concello poña en marcha un programa piloto de compostaxe caseiro. E no pleno aconteceu o que me esperaba, que PP e PSOE deixaron ben claro que non apostan pola compostaxe. O PP, por boca de Castiñeira, vendeunos a política ambiental [...]
-
Posted: May 4, 2009, 9:50am CEST by pazabraira
Hoxe é un día ben triste para Lugo, pois a morte en accidente de dúas das rapazas do EMEVE transformou en escura unha mañá soleada. En lugar de satisfacción polos trunfos deportivos obtidos a fin de semana o que temos é dor polo gravísimo accidente sufrido polo autobús que as traía para a casa.
Vaia por [...]
-
O luns día 4 de maio temos pleno e imos levar unha iniciativa para que o concello de Lugo inicie canto antes un programa de compostaxe caseira.
O compost é un abono que se obtén da descomposición da materia orgánica. A proposta que levamos tén como obxectivo reducir a fracción de materia orgánica presente no lixo, [...]
-
O Portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, solicitou unha copia do proxecto da nova ponte sobre o río xa fai máis de 3 meses e a día de hoxe seguimos sen ter ningunha resposta. Para que os cidadáns poidan facerse unha composición exacta de como vai quedar e a que terreos vai afectar a [...]
-
Hai predios na cidade, construidos ou non, que acumulan no seu interior grande cantidade de lixo. E parece que neles só se actua cando os veciños ou os grupos políticos o denunciamos. E non é que non se vexan e que polo tanto a patrulla verde non poida facer denuncias para que o concello actue [...]
-
Neste concello permítense actuacións urbanísticas ben discutíbeis. Así puidemos comprobar como nas obras das costas do parque permiten a instalación de guindastres sen autorización, aínda que iso si, despois concedéronlla por decreto do Sr. alcalde.
Parece haber un trato diferenciado entre unhas e outras obras ou persoas, e non debería ser así. Por iso presentamos unhas [...]
-
Onte saia na prensa que a Asociación en defensa das costas do parque impedíu o acceso de distinta maquinaria ás obras que están facendo no entorno do parque Rosalía de Castro.
Son moitas as polémicas que perseguen a esta obra e á empresa construtora. Partimos do Plan Xeral do 91, aínda vixente, aprobado polo PP, que [...]
-
Xa tomaron posesión todos os conselleiros da nova Xunta do PP. Son maioritariamente homes e seica todos teñen un perfil técnico máis ca político. Por certo, isto dito polos propios membros do PP. Seica só 2 teñen ese “perfil político”, Rueda e Hernández (o incumpridor das normas). Levar unha triconsellería ten que ser, cando menos, [...]
-
Xa se celebraron as asembleas comarcais para a elección de delegados/as para asistir á Asemblea Nacional Extraordinaria do 10 de maio. Foron asembleas nas que se deu un profundo debate centrado no novo cenario político e na situación do nacionalismo galego.
Hai que felicitar a todo o BNG pola celebración dun proceso interno no que cada [...]
-
Hoxe hai manifestación en Madrid en defensa do sector lácteo. Os nosos gandeiros e gandeiras están atravesando unha das peores crises da súa historia e desde o Estado non fan nada para paliala. Como é posíbel que quede leite galego sen recoller cando só producimos o 70% do que consumimos? Como é posíbel que as [...]
-
É unha verdadeira mágoa que non veña máis xente aos plenos, porque ás veces son ben interesantes. Onte tivemos unha sesión na que, malia termos unha orde do día con distintas propostas, o debate estivo centrado na policía local.
Levamos xa varios meses (anos) de polémica con este corpo funcionarial do Concello de Lugo. Un corpo [...]
-
Posted: April 8, 2009, 10:13am CEST by pazabraira
O luns que vén, o día 13, temos pleno no concello. E van un par de temas ben interesantes. Imos falar da praia fluvial, e tamén da policía local. E tamén dos enfermos celíacos e do Plan Urban.
Lástima que os acordos que se toman despois non se apliquen. O PSOE, con Orozco á cabeza, ten [...]
-
Posted: April 7, 2009, 12:23pm CEST by pazabraira
Hoxe vin na prensa que vai estar en Lugo o sr. Feijóo para reunirse con membros do seu partido e tamén co Presidente dos Construtores lucenses. E nesa reunión van tratar sobre a paralización das urbanizacións na costa de Lugo. Non podo dicir que me sorprenden estas reunións. A do partido é totalmente lóxica, e [...]
-
Posted: April 6, 2009, 11:37am CEST by pazabraira
Seica esta, en termos relixiosos, é a semana de paixón. Como eu non comungo con ningún precepto relixioso non vos podo contar que significa iso. Eu a paixón sempre a asocio con elementos positivos: paixón pola vida, pola liberdade das persoas, pola liberdade dos pobos, polo dereito a reivindicacións sociais, paixón por unha persoa, paixón [...]
-
Posted: April 3, 2009, 10:26am CEST by pazabraira
Neste momento falar de policía local é falar de polémica. Cando un corpo de traballadores tén unha porcentaxe de baixas como a da policía local de Lugo algo pasa. cando un delegado sindical di que os policías collen máis baixas por catarros e gripes porque traballan na rúa é realmente curioso. E logo por que [...]
-
A nosa policía local é unha policía con conflitos. O lóxico sería pensar que é unha policía que resolve conflitos, pero dada a súa situación actual máis ben é ao revés. Baixas continuadas, axentes que se negan a facer o que sempre fixeron alegando curiosas razóns físicas,…
O BNG apoiou a reestruturación da policía local en [...]
-
A semana pasada fomos á inauguración que o concello fixo dos novos xardíns da Rúa Gallego Tato. Nun primeiro momento todo parece perfecto: herba impecábel, mobiliário novo, nenos xogando, vellos sentados,… E digo nun primeiro momento porque observando en detalle esta nova zona verde atopámonos de novo con esa proverbial capacidade deste goberno municipal para [...]
-
No BNG acabamos de iniciar unha rolda de visitas aos barrios de Lugo. Esta semana empezamos no barrio da Cheda, onde os veciños e as veciñas nos espuxeron as necesidades da zona e as melloras básicas que eles consideran necesarias.
A verdade é que non piden moito, polo que agardo que o Goberno municipal sexa sensíbel [...]
-
Andan a igrexa e o PP revolucionados con isto da modificación da lei do aborto. A verdade é que a súa especialidade é mentir e engañar porque no Estado español a lei do aborto xa existe e esta práctica é perfectamente legal. O único que se pretende agora é ampliar os supostos e os prazos [...]
-
Que terá pensado facer agora o PP coa súa política antigalego? Onte o Parlamento Europeo rexeitou a a súa proposta de utilización manipuladora da escolla do idioma de escolarización dos fillos. Quere o Parlamento europeo garantir o plurinlingüísmo naqueles Estados que teñan máis dunha língua oficial.
No caso galego isto era o que pretendía o famoso [...]
-
Ano tras ano cando chega o bon tempo somos moitos os que nos damos conta do importante que sería para a nosa cidade contar cunha praia fluvial pública. Até fai uns 20 anos sempre viviron de cara ao río, disfrutando del, pasando nel o seu tempo de lecer. Hoxe, a pesar de existir extensas zonas [...]
-
Está claro que a defensa dos servizos públicos non vai co Partido Popular e por iso se opoñen ao Consorcio. O deles sempre foi a privatización, o dicir que as empresas privadas sempre funcionan mellor cas públicas. O deles sempre foi apostar polo de fóra e nunca polo de dentro. O deles sempre foi España [...]
-
Non fai moitos meses que o BNG presentou unha proposición en Pleno na que pedíamos a reforma do sistema ORA. Entendendo que é necesario regular o aparcamento de vehículos no entorno doc asco histórico, tamén entendemos que este sistema non debe ser exclusivamente recaudatorio.
Na nosa iniciativa pedíamos que se establecese a gratuidade da primeira media [...]
-
Para min o futuro do País e o do BNG van sempre unidos. Non pode ser doutra maneira ao ser a nosa unha organización (que non un partido) nacionalista. Este fin de semana tivemos Consello Nacional e saimos del coa convocatoria dunha Asemblea Nacional Extraordinaria para o 10 de maio. Temos moito que debatir, moito [...]
-
Nestes meses vaise definir en boa medida o futuro do noso País. Houbo quen se queixou porque falo moito do País e pouco de Lugo. Grave erro pensar que Lugo non forma parte dese País que eu defendo. Defender intereses colectivos é tamén defender os intereses de Lugo como cidade. Se o BNG aposta por [...]
-
Debe andar medio Lugo preocupado polo tema das multas. Parece ser que hai funcionarios e políticos implicados. É un tema preocupante porque un cargo público debe ser estremadamente cuidadoso co uso que fai do posto que ocupa. Non podemos estar por encima do resto dos cidadáns. Temos que dar exemplo e actuar correctamente.
Agora son as [...]
-
Andan todos esixindo o traspaso de poderes do actual goberno ao novo. O PP e os empresarios teñen moita presa en que todo pase canto antes a mans do PP. Queren que se reduzan as dificultades para construir na costa. Non o din pero tamén queren que se abarate aínda máis o despido, que se [...]
-
O PP xa anda anunciando que vai eliminar o decreto do galego. Desde logo a política en materia lingüística que imos padecer neste país vai ser o nunca visto, peor incluso que na época de Fraga. Porque o PP de Feijóo non ten pudor en eliminar aquelo que aprobou por unanimidade na pasada lexislatura. Non [...]
-
Pasou xa outro 8 de marzo e as mulleres seguimos dando pequenos pasos para ocupar o posto que nos corresponde na sociedade. Non é o tempo de crise unha boa época para os avances ou para manter estes, pero o que non podemos permitir é pasos atrás.
Hoxe todas as estadísticas din que esta crise se [...]
-
É tempo de traballar e non só de andarse lamentando. É tempo de sumar esforzos e non de restalos. É tempo de pechar filas e non de atacar desde fóra á organización.
Veñen tempos difíciles e quen queira traballar vai poder facelo. Pero claro, traballar con algún medio menos, traballar sen tantas liberacións, sen tanto cargo [...]
-
Que ninguén pense que nos van destruir, nin desde dentro nin desde fóra, porque moitos e moitas de nós seguimos sendo BNG. Por moi duro que poida resultar agora, este é o momento de facer crítica, pero crítica construtiva e non destrutiva. Que agora veñan de salvadores quen durante case 4 anos non fixeron nada [...]
-
Eu non creo na política do todo vale. Tampouco son desas ás que lles gusta “reflexionar”. Eu son moito máis de estudar os temas, analisalos, tomar decisións e actuar. Sempre me guiei por esta práctica e non penso renunciar a ela. O BNG segue tendo moitos apoios. Son moitos os galegos e as galegas que [...]
-
Se algo teño claro despois dos resultados do domingo é que eu son nacionalista: seguramente a moitos non lles guste, pero sono. A miña actuación política e tamén a persoal guíanse sempre por esta premisa, para min fundamental. Temos un país que aínda non é consciente de que o é, e o noso traballo é [...]
-
Chegou o día despois e os galegos decidiron que sexa o PP quen goberne Galiza. Non é este para min o resultado que Galiza necesita. O meu máximo temor é que se paralicen moitos dos avances que se iniciaron nestes tres anos e medio, avances que son necesarios para que Galiza, tal e como a [...]
-
O PP negouse a asistir ao debate da TVG entre os tres candidatos á presidencia da Xunta. Un político nunca pode negarse a debatir con representantes das outras forzas políticas que forman parte da mesma institución ca el e que aspiran a ocupar o mesmo posto. O candidato do PP demostra pouca cintura ao desmarcarse [...]
-
No pasado ano a Comisión de Participación Cidadán do Concello mantivo numerosas reunións nas que no nome do BNG participou o meu compañeiro Xosé Chorén. Nelas Chorén defendeu as alternativas do BNG relativas ao fomento da participación vinculadas aos novos cambios normativos dos últimos tempos. Pero o curioso é que o PSOE, que se acolle [...]
-
Está claro que o PSOE quere ocultar o que está pasando con ferrocarril en Lugo. No ano 2003 constituiuse a Comisión de Seguimento do Ave con representación de todos os grupos políticos presentes no concello (BNG, PP e PSOE), con representantes da Xunta e tamén do Estado. Pois ben, onte celebraron unha reunión desa comisión [...]
-
Este é un inverno de temporais. Témolos de todos os tipo: climatolóxicos, sociais, políticos. Debe ser pola cercanía das eleccións. O 1 de marzo está aí e cada quen analisa as cousas en función do que se fixo e do que queda por facer. Eu son das convencidas de que se fixo moito, pero que [...]
-
O Consello da Xunta aprobou onte a segunda fase das obras do Plan paradai. Neste caso inclúese a nova ponte de Paradai, a que vai sustituir á vella e que enlaza unha e outra parte da cidade, dividida pola via do ferrocarril. Non vou insistir outra vez en algo que todos sabemos:que a via é [...]
-
Onte veu a Ministra de Fomento presentar o proxecto da nova ponte sobre o Miño. Xa sabedes de que ponte estamos falando, desa que xa tiña que levar feita 4 anos e que sigue sendo virtual.
Onte viñéronnos contar que vai estar feita en 30 meses (case 3 anos!!!) e que o enlace coa avenida de [...]
-
Esta semana seguimos coas xuntanzas informativas sobre o Plan Xeral. Onte fomos á Cheda e mañá e pasado a Albeiros e As Gándaras. Estamos facendo un traballo que lle correspondería facer ao goberno municipal, unha vez aprobado provisionalmente polo PSOE e polo PP en pleno, pero no Concello non dan cita até o 26 de [...]
-
Onte tivemos a nosa primeira xuntanza informativa sobre o PXOM. Fomos ao barrio Feixóo e alí constatamos algo que levamos máis dun ano dicindo: que o PXOM que aprobaron o PP e o PSOE sigue contendo erros moi importantes, erros que lle afectan aos veciños e que lles provocan indefensión.
Cando comezamos a analisar as espropiacións [...]