-
Posted: May 29, 2007, 5:17pm CEST by sandra
É a palabra que teño que decir ao remate destas eleccións. Grazas a todos os veciños e veciñas por confiar en min e no proxecto do BNG para Tomiño. Grazas aos compañeiros e compañeiras que traballaron arreo nesta campaña e grazas especiais para os compañeiros do Bloque que levan tempo a traballar xenerosa e desinteresadamente [...]
-
Posted: May 24, 2007, 6:10pm CEST by sandra
Amigos e amigas: xa queda pouco para rematar unha campaña electoral que está resultando do máis interesante. O éxito de asistencia aos mitins do BNG fae que realmente estemos moi satisfeitos coa resposta dos veciños e veciñas de Tomiño. Grazas a todos e todas polo voso ánimo, polo voso apoio, por estar aí!!!
Onte no mitin [...]
-
Posted: May 21, 2007, 8:27pm CEST by sandra
Este mércores día 23, a partir das 22:00H, no Hotel Nova Colina de Tomiño contaremos coa presencia de Xosé Manuel Beiras. Para min é un mitin moi especial xa que Xosé Manuel Beiras e o presidente da fundación donde traballo, pero sobre todo porque é un home moi loitador, tivo e ten unha relevancia fundamental no nacionalimo [...]
-
Posted: May 14, 2007, 9:04pm CEST by sandra
Xa tivemos catro mitins: comenzamos en Vilameán, como todos os anos; ao día seguinte Amorín e o domingo doblete en San Salvador de Tebra e Vilachán do Monte. Gústame falar e estar coa xente e os mitins teñen moita asistencia de público, se ve que o de ser unha muller nova chama a atención e [...]
-
Posted: May 11, 2007, 4:44pm CEST by sandra
Bueno xa levamos tempo en campaña electoral, pero onte fixemos a pegada simbólica da primeira noite electoral, aquí vos achego algunhas fotos. A partir de agora todo vai ser máis emocionante, visitando todas as parroquias do Concello.
Tedes na web o calendario de mitins para poder saber cando visitaremos a vosa parroquia. Vémonos!!!
-
Posted: May 10, 2007, 3:27pm CEST by sandra
Onte o acto que celebramos no Centro Goianés foi todo un éxito!!. Co salón cheo, calculo que habería un cento de mulleres de todo o concello. Falamos, de xeito informal, de cousas que nos preocupan, como entre amigas. Paca, enfermeira do Centro de Saúde de Tomiño, que tamén vai na lista explicou todo o tema [...]
-
Posted: May 8, 2007, 11:58am CEST by sandra
Aproveitando que son a única muller candidata, quero poñer especial interese en escoitar ás mulleres de Tomiño e tamén explicarlle cales son as políticas específicas que máis nos afectan como mulleres e poñelas en valor, ninguén mellor que nos mesmas para facernos escoitar!!!!!!!!
A xuntanza será este mércores ás dez da noite no Centro Goianés. Estades [...]
-
Posted: May 2, 2007, 11:34pm CEST by sandra
Xoves 3 de maio, no Hotel Nova Colina, ás nove e media da noite o BNG convida aos empresarios e empresarias de Tomiño a unha xuntanza co Delegado de Vivenda e Solo, Eudosio Álvarez que explicará todo o relativo ao polígono industrial de Tomiño: estado en que se atopa, proxectos e perspectivas de futuro.
-
Posted: April 27, 2007, 10:06pm CEST by sandra
Foi este mércores 25, unha data fermosa pola nosa proximidade co veciño Portugal e acompañounos Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural, que nos deleitou coa súa xenial dialéctica. Claro que levar tantos anos en política e ter sido portavoz parlamentar do BNG no Parlamento Galego, ten que dar algo de soltura….
Antes de [...]
-
Posted: April 21, 2007, 7:25pm CEST by sandra
Coa chegada das eleccións municipais de maio agroman as candidaturas como os cogumelos despois de uns días de choivas. Certamente que as eleccións municipais son as máis cercanas, as que despertan máis interese, as que mobilizan máis xente, pero tamén as máis suculentas para os ambiciosos de poder e para os que buscan [...]