-
Esta fin de semana o Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana e o Portavoz no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, indicaron que de non haber modificacións nos orzamentos do Estado, o BNG non os vai apoiar.
Non podemos prestarlle o noso apoio a unhas contas que non garantizan o investimento no noso País, pois aínda que [...]
-
Posted: July 21, 2008, 10:19am CEST by pazabraira
Esta semana vaise seguir falando moito de financiamento. Vannos seguir acusando aos nacionalistas de ser insolidarios e pedichóns. Xa o facían antes cos cataláns e vascos e agora tamén con nós.
Desde logo no BNG temos moi claro que non imos aceptar sen máis a proposta do Ministro Solbes, e o PSOE galego se ten dignidade [...]
-
Posted: July 18, 2008, 10:54am CEST by pazabraira
Esta semana falouse moito de crise, de Fadesa e tamén das balanzas fiscais. O BNG leva anos e anos denunciando que a información que sempre nos dan os partidos estatais sobre o que achega Galiza ao Estado e o que recibe del está falseada. Está falseada porque está claro que se as grandes empresas que [...]
-
Posted: July 3, 2008, 12:14pm CEST by pazabraira
Esta mañá perticipei nunha tertulia económica en Onda Cero. Estiven cun concelleiro do PP e co Secretario Comarcal de CC.OO Todos coincidíamos na análise da situación chamándolle polo seu nome, crise. Esta crise que sobre todo lle afecta aos que menos teñen, aos asalariados, aos labregos, aos autónomos, aos pensionistas,…
Desde logo non vou ser eu [...]
-
Posted: June 24, 2008, 10:30am CEST by pazabraira
Anda Quintana negociando transferencias pendentes por Madrid. Onte logrou varias transferencias necesarias para este país, para avanzar no noso autogoberno e para mellorar as condicións de vida de galegos e galegas. E coma sempre no Estado poñen trabas. Que se as cousas son difíciles, que se hai temas en conflito, que se non están dacordo [...]
-
Posted: June 6, 2008, 10:30am CEST by pazabraira
Hoxe non podo evitar escribir sobre o AVE, ese mito do que levamos décadas falando en Galiza e tamén en Lugo. Onte a Ministra de Fomento, no Congreso, a preguntas do BNG, nin sequera se dignou a confirmar nada de que fose chegar ao noso país no 2012 e sen embargo Orozco segue insistindo en [...]
-
Posted: May 27, 2008, 11:12am CEST by pazabraira
A nosa economía atravesa por unha situación realmente delicada. Hoxe sae publicado nun xornal que ir de Lugo a A Coruña nun vehículo diesel, custa de 40 a 84 € máis co ano pasado por estas datas. Tal incremento afecta directamente á economía de moitas familias lucenses que ven como os seus ingresos non lles [...]
-
Posted: May 14, 2008, 10:40am CEST by pazabraira
Hoxe recollen os medios de comunicación que o Goberno do Estado está estudando un aumento do recibo da luz, este verán, dun 11%. E tamén aparece reflectido nos medios algo que o BNG denunciou insistentemente durante a campaña das eleccións xerais: que a eliminación da tarifa eléctrica nocturna ía incrementar o recibo dos consumidores que [...]