-
A irresponsabilidade do goberno municipal de Sanxenxo, coas súas declaracións en contra do Noitebús, está chegando a cotas inadmisíbeis.
Como se pode comprobar, aproveitan unh vez mais a páxina web oficial do Concello para criticar á oposición.
Xa non é só o concelleiro de seguridade cidadá senón agora tamén é a propia alcaldesa, vina e escoiteina onte [...]
-
Na negativa a modificar a lei electoral están dacordo tanto o PSOE coma o PP, inda que estes queiran ir agora de “salvadores” porque non están gobernando. Tempo tiveron dabondo para facelo e non o fixeron.
Na Galiza isto vese agravado polo “voto emigrante”, ante o rexeitamento do goberno a que as eleccións se fagan dun xeito democrático, con [...]
-
Onte sorprendeunos o concelleiro de seguridade cidadá de Sanxenxo cunhas declaracións en Radio Voz nas que lle botaba a culpa dos botellóns que se fan na vila aos mozos e mozas que chegan no Noitebús.
Esas declaracións poderían achacárselle á súa falta de experiencia ou ignorancia, mais iso ficou aclarado cando dixo que por ese motivo non asinaran o convenio coa [...]
-
O grupo de goberno do Concello de Sanxenxo, quere aprobar un 4º modificado no contrato coa empresa concesionaria do servizo de limpeza, que se adxudicou mediante concurso no ano 2.000 por importe de 247.103,86 €/ano.
Este contrato inicial foi sufrindo modificados, baixo unha suposta mellora no servizo, nos anos 2.001, 2.002 e 2.004 chegando ao custe [...]
-
Estamos no mes de agosto, mes de vacacións, e o goberno local de Sanxenxo tamén debeu collelas. Ben, en realidade levan de vacacións (pagadas) 14 meses.
Como en vacacións non se xeran noticias e hai que xustificar porque se ten un gabinete de prensa ao que se lle paga todos os meses, escríbense noticias como a que publican [...]
-
Onte dicía eu que a culpa da crise internacional non era dá alcaldesa de Sanxenxo. Home, para chegar a esa conclusión non fai falta escribir un blog, diredes vos e tendes razón.
Ogallá fora dela, porque entón tería unha solución doada, pero por desgraza non é así e a solución é moi difícil e vai para [...]
-
Por se lle pasou pola cabeza a alguén, ao ler o meu comentario anterior sobre o nivel de visitantes do mes de xullo dado o seu ton, que estou contento por estes datos, teño que dicirlle que todo o contrario: estou moi preocupado.
Estou preocupado pola teima que ten este goberno en tratar de agochar a realidade.
Sra. [...]
-
Sempre me resultou curioso os datos que se manexan dende o Concello para calcular o nivel de visitantes nos meses de verán: a recollida de lixo e o consumo de auga. (Seguindo eses parámetros deberían medir tamén o índice de garrafas cheas na fonte do Vimbieiro (1)).
As conclusións que tira o goberno municipal é que, segundo eses [...]
-
Mentres sigamos a vivir neste sistema capitalista, globalizado, neoliberal e todos os outros adxectivos que lle queirades por, non temos nada que facer para mellorar o benestar dos cidadáns e cidadás de a pe.
Dende o goberno do estado seguen a ”vendernos a burra” de que hai que apertar o cinto porque a crise é moi forte.
As medidas [...]
-
Na miña intervención no Pleno de aprobación dos orzamentos dixen que o modelo de xestión que ten este Concello, iniciado por Telmo Martín e seguido pola actual alcaldesa, está esgotado porque basea os seus ingresos na xestión urbanística.
Unha vez rematada a puxanza do sector do “ladrillo”, ao estoupar a burbulla inmobiliaria, o Concello ficará sen [...]
-
Onte tivemos Pleno Ordinario en Sanxenxo. Como novidade pódese destacar que rematou moito antes das 12 da noite.
Como punto importante estaba a aprobación do II Plan de Igualdade do Concello.
O noso grupo abstívose na votación, non porque non esteamos a favor de que se fagan planos de igualdade, senón porque o que se fai en Sanxenxo é [...]
-
O comunicado da concelleira de facenda para aclarar a débeda do Concello, non lle ten envexa aos contratos de Groucho Marx!
Eu ata hoxe tiña un lío na cabeza, pero despois de ler as súas aclaracións xa vin a luz: o Concello non ten débeda!
Vos chegaste á mesma conclusión, non?
Si é que non hai mellor cousa que falar clariño!
A [...]
-
Mañá 25 de xullo, celebraremos o día do noso país, que en palabras de Castelao é: “a festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos”.
Esta celebración iniciouse no ano 1920, cando as Irmandades da Fala organizaron o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
As Irmandades da Fala xa [...]
-
Arquivado: Xullo 4, 2008, 12:28pm CEST por pazabraira
Menos mal que os veciños de Paradai protestaron e puxeron a andar tanto ao Concello como a Política Territorial. Menos mal que se moveron a tempo e puideron paralizar un novo disparate no que coma sempre ten moito que ver o goberno de Orozco coa súa proverbial incapacidade.
Os veciños e as veciñas puxeron sobre a [...]
-
Arquivado: Xullo 3, 2008, 12:14pm CEST por pazabraira
Esta mañá perticipei nunha tertulia económica en Onda Cero. Estiven cun concelleiro do PP e co Secretario Comarcal de CC.OO Todos coincidíamos na análise da situación chamándolle polo seu nome, crise. Esta crise que sobre todo lle afecta aos que menos teñen, aos asalariados, aos labregos, aos autónomos, aos pensionistas,…
Desde logo non vou ser eu [...]
-
Arquivado: Xullo 2, 2008, 11:49am CEST por pazabraira
Onte chamáronnos os veciños do barrio de Paradai e alí fomos pola tardiña a reunirnos con eles. Están moi preocupados polas obras do Plan Paradai, ese proxecto urbanístico que leva xa máis de 12 anos aprobado e que só agora comeza a materializarse. Están moi preocupados porque non teñen información sobre como vai quedar a [...]
-
Arquivado: Xullo 1, 2008, 11:51am CEST por pazabraira
Acabou xuño, pasou o pleno (por certo, o goberno cada mes é menos serio nas súas respostas á oposición municipal) e entramos de cheo no verán. E claro, no verán ninguén quere traballar, e menos o PSOE. Por iso non creo que convoquen a Comisión de Planeamento que pedimos para falar sobre os atrasos do [...]
-
Falaba onte do “plante” na Comisión de Asuntos Xerais do Concello, por non aparecer os membros do goberno, pasados 20 minutos da hora en que estaba convocada.
Segundo a Sra. Alcaldesa a culpa foi nosa por non agardar 15 minutos.
Sen querer entrar no tempo de espera, direi que o meu móbel marcaba as 12:26 cando recibín a [...]
-
As actitudes antidemocráticas e a falta de respecto que a Alcaldesa de Sanxenxo mostra cos concelleiros e concelleiras que representamos a mais do 50% dos veciños e veciñas de Sanxenxo, son continuas.
Hoxe deu unha mostra mais da súa ditatorial actitude.
Tíñamos convocada, para as 12 da mañá, unha Comisión de Asuntos Xerais.
Ás 12:20, sen que aparecera ela [...]
-
A algúns estráñalle a medida acordada pola UE de ampliar a 65 horas semanais a xornada laboral.
E logo que agardaban con Angela Merkel mandando en Alemania, Nicolas Sarkozy gañando as eleccións en Francia e os italianos votando maioritariamente a Silvio Berlusconi?
O acordo foi tomado sen ningún voto en contra e só coa abstención dalgúns países.
“O [...]
-
Arquivado: Xuño 9, 2008, 11:46pm CEST por robertolores
O Concello de Sanxenxo vai contratar 65 persoas para atender a vixianza das praias.
Mirado deste xeito parece persoal dabondo, mais se temos en conta que ao longo da costa de Sanxenxo hai 25 praias, xa non parecen tantas.
Claro que si só se contrata persoal para as praias que teñen bandeiras azuis, tendo en conta que son [...]
-
Arquivado: Maio 25, 2008, 12:29pm CEST por robertolores
Nos círculos financeiros dise que a Galiza as situacións de bonanza ou febleza económicas chegan con un/dous anos de retraso con respecto ao resto do estado.
Un bo exemplo de que isto é así témolo na “crise do ladrillo” que estamos comezando a sufrir aquí agora, cando no levante levan máis de dous anos con ela.
Tamén [...]
-
Estimado Anxo:
Agradezo o teu interese en falar de min, xa sabes (ben, non sei se sabes) que en política é fundamental que falen de un.
Eu, como sabes que che teño aprecio, quero tamén falar de ti para que vaias collendo “importancia política” dentro do teu grupo.
E quero facer isto porque dáme a sensación de que [...]
-
Xa esta ben de marear aos veciños e veciñas de Sanxenxo por parte da alcaldía co proxecto de seguridade viaria da estrada Sanxenxo-Vilalonga (PO-504)!
Para clarexar de onde parten os males vou facer unha cronoloxía dos feitos.
No mes de novembro do 2006 comezan os rumores de que hai circulando polo concello uns planos do proxecto que [...]
-
Os gobernos do PP, sexa na institución que sexa, son de “ordeno e mando” e á oposición nin auga!
Imaxinades que un concelleiro ou concelleira do BNG puidera ter en Sanxenxo a vicepresidencia dalgún organismo autónomo (Terra Sanxenxo, Xerencia de Urbanismo) ou dunha das sociedades (Nauta, Ínsula, Turismo de Sanxenxo)?
Xa nin iso, dalgunha Comisión Informativa?
Para os [...]
-
A estas alturas da película, xa todo o mundo sabe quen está detrás da asociación Galicia Bilingüe e o que pretenden.
Xa quixéramos nos que no 50% dos organismos públicos, das entidades financeiras, das escolas, dos centros médicos e, por que non, das igrexas, se dirixiran á cidadanía en galego como predican que defenden os desta asociación.
Os medios [...]
-
Arquivado: Maio 16, 2008, 10:39pm CEST por robertolores
Acabo de chegar de Barakaldo (Bizkaia), por iso non puiden escribir onte.
Estiven alí como membro do Consello de Administración da sociedade mixta Turismo de Sanxenxo S.L., pola parte que lle corresponde á corporación municipal.
Esta sociedade conta co apoio do BNG ao considerarmos que é fundamental a implicación do empresariado, con aportación de capital privado, nas [...]