-
Posted: October 3, 2008, 1:01pm CEST by editor
Non vou dicer iso de “non estou para ninguén” mais é certo que preciso de certa calma, dunhas doses de tranquilidade e espazos de reflexión nestas corenta e oito horas que quedan para a celebración da Asamblea Nacional extraordinaria do BNG. É como unha necesidade vital de centrar a miña cabeza nesta importante cita nacionalista. [...]
-
Boas, reprodúzovos a carta escrita con motivo da presentación da miña candidatura á Presidencia da Xunta na vindeira Asamblea Nacional Extraordinaria do BNG que terá lugar o 5 de outubro. Coido que aí vai todo.
En Xuño de 2005 cóubome a honra de encabezar as listas do BNG para as eleccións galegas como candidato á [...]
-
Fálase de crise por todas partes. Desde logo, esta semana foi a das inestabilidades financeiras, a semana dos sustos na bolsa e dos vaivéns no mercado bursátil. Verdade é que hai poucas noticias positivas que proveñan do ámbito económico o cal instala aínda máis o sentimento de crise económica axexante, omnipresente.
Habería que aportar algo distinto, [...]
-
Sempre é un pracer viaxar a Barcelona, son un fan da cidade a pesar do calmizo inserto no ar e que ás veces afogaba a respiración. É o de menos, con tal de voltar como dí a canción. Encantado e admirado asistín aos actos da Diada Nacional de Catalunya. Chegamos o martes á tardiña para [...]
-
Pensaredes que estou acostumado a iso dos “flashes”, ás fotos e a estar nas pantallas audiovisuais e que todo iso xa non me afecta, nen frío nen calor. Pero non é así. Aínda me sinto un pouco raro cando me vexo nun xornal, ou na tele ou cando me escoito logo nunha radio. Sempre pensas [...]
-
Transformando Galiza non é o estribillo dunha vella canción é a savia nova que aportamos nestes tres últimos anos de Goberno do BNG na Xunta. Non teño a pretensión de entrar na seriedade das frases feitas, e menos neste foro, pero coido que esta exposición é unha bonita e creativa forma de expresarnos. Así que [...]
-
Posted: July 31, 2008, 12:45pm CEST by editor
Queda claro que o Goberno se fai o “remolón” á hora de proceder a reformar o sistema de voto dos emigrantes para que voten en urna. A Vicepresidenta do Goberno levou a cabo onte toda unha demostración de retórica evasiva para sortear o que o Parlamento galego aprobou por unanimidade, sabédelo, a proposición de [...]
-
Posted: July 17, 2008, 1:12pm CEST by editor
Houbo moito movemento declaratorio co tema das balanzas fiscais feitas públicas polo Goberno nesta semana. Confeso que non gostéi do enfoque e desde logo, menos gostéi do método que se segue para concluir ditas balanzas fiscais. Foi penoso ver o titular que a Administración central pretendeu e logrou. Resulta que Galiza é un pais subsidiado, [...]
-
Posted: July 10, 2008, 2:08pm CEST by editor
Seguro que estades ao tanto do que acontece no Parlamento galego para sacar adiante un acordo das tres forzas políticas en relación ao “nunca mencionado” AVE. É unha ironía porque son consciente de que leva días na axenda comunicativa e pode resultar incluso un pouco cargante, pero a cousa ten a suficiente entidade e relevancia [...]
-
Posted: July 2, 2008, 7:00pm CEST by editor
Hai xa uns días que solicitéi á Ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, que proceda a convocar a Comisión Bilateral de Cooperación para cumprir co aprobado no Congreso a semana pasada: a creación dunha Subcomisión de seguimento das infraestruturas estatais na Galiza. Si, para, entre outras obras, controlar o ritmo de execución do tren de [...]
-
Posted: June 27, 2008, 7:38pm CEST by editor
Aínda que o meu corazonciño pertence á selección galega de fútbol, non podo pasar por alto o triunfo de onte da selección española contra a selección rusa. Parabéns logo porque houbo un bón partido.
Tras este breve inciso, vou directo ao tema que recollían todos os medios de comunicación, e non podía ser menos dada a [...]
-
Posted: June 18, 2008, 6:30pm CEST by editor
Cando anuncias algo simplemente avanzas o que vas facer pero cando presentas un plan quer dicer que xa existe, que ten forma e propósito de realidade. Digo isto porque esta mañá participei con Teresa Táboas na presentación do Plan Sectorial de Solo Residencial para Vivenda Protexida. Explicamos en que consiste e cal é a súa [...]
-
Posted: June 12, 2008, 7:09pm CEST by editor
É difícil non falar doutra cousa que non sexa a folga dos transportistas destes días e as repercusións conseguintes. Como se dí en linguaxe comunicativa está na axenda setting. Faléi onte nunha entrevista en Radio Nacional deste tema co fondo musical dunha canción do meu venerado Leonard Cohen. Oes, foi unha aportación propia ao programa [...]
-
Posted: June 5, 2008, 6:26pm CEST by editor
Parece cousa do demo pero xa estamos no mes de xuño, ás portas dunha nova celebración do Día da Patria. Non me tildedes de ansioso porque de aquí a aló queda un paso. Por iso decidimos no BNG lanzar hoxe mesmo a nosa campaña de actos de cara o vindeiro 25 de xullo que englobamos [...]
-
Posted: May 29, 2008, 5:48pm CEST by editor
Coido que a todos nos preocupa a denominada por uns, crise económica, por outros, desaceleración, incluso hai quen a chama retroceso, parón ou como queira que se chame á situación actual de burato económico máis ou menos voluminoso. Todo depende desde a perspectiva coa que se mire.
Certo que é difícil fuxir do decaimento do peto. [...]
-
Posted: May 23, 2008, 11:50am CEST by editor
Cando abrin a fiestra e miréi para arriba esta mañá atopeime de cara coa densa choiva. Un día para meterse na casa e non saír, para estar a resgardo. Conste que aínda que me incomoda porque estou todo o día no coche dun lado para outro, recibo con agrado esta descarga de auga porque son [...]
-
Posted: May 17, 2008, 11:37am CEST by editor
Nestes días recuperamos a figura intelectual e o labor cultural de Xosé María Álvarez Blázquez, dándolle anovada vida ao seu afoutado compromiso coa divulgación da nosa cultura e lingua nuns tempos cangados de atrancos discriminatorios ben difíciles de remover. Recupéranse felizmente, entre outras moitas das súas iniciativas, os libros do Moucho, un imaxinativo produto editorial [...]
-
Posted: May 15, 2008, 11:05am CEST by editor
Boas. Aquí estou de novo despois dunha semana un tanto “out” porque se me agolpou o traballo, unha cousa tras outra e con breves intervalos para respirar. Por iso aínda miro agora con calma para o ordenador.
Últimamente ando moito por Madrid. Hai moitos temas que forzosamente hai que tratar con Ministerios diversos, por iso non [...]
-
Posted: May 7, 2008, 5:40pm CEST by editor
Onte tivemos un encontro coa Ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado. A ese encontro levéi a proposta de modificar a Comisión Bilateral Xunta-Estado para semellala ao formato que xa teñen outros territorios. Trátase de ter un instrumento de relación co Goberno central na mesma liña que teñen xa outros Gobernos autonómicos.
É normal que a [...]