-
A irresponsabilidade do goberno municipal de Sanxenxo, coas súas declaracións en contra do Noitebús, está chegando a cotas inadmisíbeis.
Como se pode comprobar, aproveitan unh vez mais a páxina web oficial do Concello para criticar á oposición.
Xa non é só o concelleiro de seguridade cidadá senón agora tamén é a propia alcaldesa, vina e escoiteina onte [...]
-
Onte sorprendeunos o concelleiro de seguridade cidadá de Sanxenxo cunhas declaracións en Radio Voz nas que lle botaba a culpa dos botellóns que se fan na vila aos mozos e mozas que chegan no Noitebús.
Esas declaracións poderían achacárselle á súa falta de experiencia ou ignorancia, mais iso ficou aclarado cando dixo que por ese motivo non asinaran o convenio coa [...]
-
O grupo de goberno do Concello de Sanxenxo, quere aprobar un 4º modificado no contrato coa empresa concesionaria do servizo de limpeza, que se adxudicou mediante concurso no ano 2.000 por importe de 247.103,86 €/ano.
Este contrato inicial foi sufrindo modificados, baixo unha suposta mellora no servizo, nos anos 2.001, 2.002 e 2.004 chegando ao custe [...]
-
Estamos no mes de agosto, mes de vacacións, e o goberno local de Sanxenxo tamén debeu collelas. Ben, en realidade levan de vacacións (pagadas) 14 meses.
Como en vacacións non se xeran noticias e hai que xustificar porque se ten un gabinete de prensa ao que se lle paga todos os meses, escríbense noticias como a que publican [...]
-
Por se lle pasou pola cabeza a alguén, ao ler o meu comentario anterior sobre o nivel de visitantes do mes de xullo dado o seu ton, que estou contento por estes datos, teño que dicirlle que todo o contrario: estou moi preocupado.
Estou preocupado pola teima que ten este goberno en tratar de agochar a realidade.
Sra. [...]
-
Sempre me resultou curioso os datos que se manexan dende o Concello para calcular o nivel de visitantes nos meses de verán: a recollida de lixo e o consumo de auga. (Seguindo eses parámetros deberían medir tamén o índice de garrafas cheas na fonte do Vimbieiro (1)).
As conclusións que tira o goberno municipal é que, segundo eses [...]
-
Na miña intervención no Pleno de aprobación dos orzamentos dixen que o modelo de xestión que ten este Concello, iniciado por Telmo Martín e seguido pola actual alcaldesa, está esgotado porque basea os seus ingresos na xestión urbanística.
Unha vez rematada a puxanza do sector do “ladrillo”, ao estoupar a burbulla inmobiliaria, o Concello ficará sen [...]
-
Onte tivemos Pleno Ordinario en Sanxenxo. Como novidade pódese destacar que rematou moito antes das 12 da noite.
Como punto importante estaba a aprobación do II Plan de Igualdade do Concello.
O noso grupo abstívose na votación, non porque non esteamos a favor de que se fagan planos de igualdade, senón porque o que se fai en Sanxenxo é [...]
-
O comunicado da concelleira de facenda para aclarar a débeda do Concello, non lle ten envexa aos contratos de Groucho Marx!
Eu ata hoxe tiña un lío na cabeza, pero despois de ler as súas aclaracións xa vin a luz: o Concello non ten débeda!
Vos chegaste á mesma conclusión, non?
Si é que non hai mellor cousa que falar clariño!
A [...]
-
Vendo o cadro de investimentos que acompaña ao orzamento, para o ano 2008, do Concello de Sanxenxo e analizando cales van ser as fontes de financiamento para a súa execución, pódese comprobar cal é a realidade das arcas municipais.
Nauta Sanxenxo, S.L. para a remodelación prevista da praza do porto por importe de 3 millóns de euros, [...]
-
Hoxe pódese dicir que xa estamos en pleno verán en Sanxenxo.
O mercurio dos termómetros pasou con creces dos 30 graos e a praia de Silgar semellaba unha lata de sardiñas, das perrechiñas, das que caben moitas nun só envase.
As outras praias do concello tamén estaban ateigadas de xente a pesar de que a auga estaba fría… [...]
-
As cousas están mudando no Partido Popular. Cando mandaba Fraga, facía as “concentracións” nos mosteiros, agora fanas ao carón da praia de Silgar, en Sanxenxo!
Pena que xa non estea Zaplana para mellorar o seu “bronceado”.
Claro que, con esta desculpa a nosa alcaldesa tivo o seu minuto de groria. E aproveitouno!
Ela pensou: “Os meus xefes do [...]
-
Hoxe, coas novas da Inmobiliaria MARTINSA-FADESA, lembreime da urbanización Altos de Miraflores en Padriñán, na que tiñan previsto construír 429 vivendas.
Esa urbanización sempre estivo rodeada de polémica e cun denominador común: o Concello de Sanxenxo.
Cando se pretenden facer as cousas “contra natura” (ese monte nunca se debeu declarar urbanizábel), mais cedo ou mais tarde, sempre rematan [...]
-
Por fin, despois de un ano e un mes dende que se conformou a nova corporación municipal, o grupo de goberno de Sanxenxo levou a cabo unha idea propia.
Xa temos autobuses no rural!
Ben, xa sei que o anunciaron en marzo de 2007, pero todos sabemos que as cousas da administración van lentas.
Esta é unha boa nova. [...]
-
A min non me gusta demasiado falar dos orzamentos feitos polo PP no Concello de Sanxenxo porque, como xa dixen en mais dunha ocasión, é un documento que nunca se corresponde coa realidade.
É imposíbel facer aportacións dende a oposición xa que non se trata de proxectos serios.
Nos últimos anos presentaron números abraiantes, con grandes titulares de [...]
-
Arquivado: Xullo 9, 2008, 10:28pm CEST por robertolores
En toda a comarca do Salnés é coñecido que Vilalonga é a raíña das festas do verán. Comezan o 29 de xuño con San Pedro e logo vanse celebrando, cada domingo a un santo, mais dous días do Carme inda que non caia en domingo, ata finais de xullo.
Queda claro que os veciños e veciñas [...]
-
En febreiro do ano 2003, con Telmo Martín de alcalde en Sanxenxo, aprobouse o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) máis especulativo de todo o País.
Este PXOM destinou case 5 millóns de metros cadrados do territorio de Sanxenxo a Solos Urbanizábeis, Polígonos de Execución Integral e Plans Especiais de Reforma Interior, que contemplan a construción [...]
-
Xa falei en mais dunha ocasión do idioma que utilizan os gobernantes de Sanxenxo na páxina web oficial do Concello.
Ao parecer utilizan o español para que a entendan os que a visitan. Esta é a “Galicia Bilingüe” que queren os do PP!
Ao ter tanta fobia a todo o que soe a galego, logo pasa o [...]
-
Arquivado: Xullo 5, 2008, 11:57am CEST por robertolores
A Conta Xeral do Concello de Sanxenxo correspondente ao ano 2007 puxo de manifesto que os orzamentos de 114 millóns de euros eran unha ficción, como xa dixera o BNG no seu día.
Mais o que tamén demostra é que os cartos dos veciños e veciñas de Sanxenxo gástanse sen ter en conta o seu benestar [...]
-
Dicía eu na aprobación dos orzamentos do ano pasado: “estes orzamentos son irrealizábeis, ficticios e feitos sen un verdadeiro estudo das necesidades do concello de Sanxenxo”.
Hoxe celebrouse a Comisión de Contas para analizar a Liquidación da Conta Xeral do Concello, correspondente ao ano 2007.
O orzamento de 114 millóns de euros ficou en papel mollado!
A realidade [...]
-
Que nos queda se non podemos ter confianza na lei e na xustiza?
Que pasaría si todos opinaramos da xustiza como aquel político do Partido Andalucista, lembrádesvos da frase de Pedro Pacheco?
Agora ben, que podemos opinar despois de ler as declaracións do xuíz decano da Coruña?
Non credes que este xeito de pensar está moi introducido na [...]
-
Segundo os concelleiros que presentaron á prensa os orzamentos deste ano, parece ser que nos vindeiros dous anos non haberá novos investimentos.
Agardaremos a que nos pasen datos.
O que si xa podo dicir é que os “despilfarros” do goberno destes anos pasados non tiñan porque pagalos os veciños e veciñas de Sanxenxo.
Exemplo destas “ledicias” é o [...]
-
Resulta lamentábel a actuación que está a facer o goberno municipal de Sanxenxo en Punta Vicaño, polo xeito e polo custe.
Eu penso que o lamentable é todo o relacionado con Punta Vicaño. Lembremos que o Concello mercou esta propiedade, protexida polo PXOM e pola Lei de Costas a prezo de ouro (7,5 millóns de euros [...]
-
Arquivado: Xuño 22, 2008, 12:45pm CEST por robertolores
Xa presentou o goberno os orzamentos do 2008: 79 millóns de euros!
Por certo que a xustificación que deron para o retraso lembroume os filmes dos irmáns Marx.
O de menos é o importe, xa sabedes que os números que presentan cada ano en Sanxenxo non se parece en nada ao que logo realmente se executa.
Só como [...]
-
Falaba onte do “plante” na Comisión de Asuntos Xerais do Concello, por non aparecer os membros do goberno, pasados 20 minutos da hora en que estaba convocada.
Segundo a Sra. Alcaldesa a culpa foi nosa por non agardar 15 minutos.
Sen querer entrar no tempo de espera, direi que o meu móbel marcaba as 12:26 cando recibín a [...]
-
As actitudes antidemocráticas e a falta de respecto que a Alcaldesa de Sanxenxo mostra cos concelleiros e concelleiras que representamos a mais do 50% dos veciños e veciñas de Sanxenxo, son continuas.
Hoxe deu unha mostra mais da súa ditatorial actitude.
Tíñamos convocada, para as 12 da mañá, unha Comisión de Asuntos Xerais.
Ás 12:20, sen que aparecera ela [...]
-
Arquivado: Xuño 9, 2008, 11:46pm CEST por robertolores
O Concello de Sanxenxo vai contratar 65 persoas para atender a vixianza das praias.
Mirado deste xeito parece persoal dabondo, mais se temos en conta que ao longo da costa de Sanxenxo hai 25 praias, xa non parecen tantas.
Claro que si só se contrata persoal para as praias que teñen bandeiras azuis, tendo en conta que son [...]
-
Arquivado: Xuño 5, 2008, 6:01pm CEST por robertolores
O pasado día 24 de maio, escribíalle unha carta ao concelleiro de urbanismo de Sanxenxo, Anxo Casal, na que lle daba algúns consellos.
Parece que non me fixo moito caso e é unha mágoa porque eran ditos con “boa” intención.
Pola contra, el segue coa súa teima de facer oposición á oposición.
Onte pedíamos explicacións pola paralización das [...]
-
Arquivado: Xuño 4, 2008, 8:19pm CEST por robertolores
Hoxe falouse de Vilalonga no Parlamento Galego.
Debatéronse en Comisión as preguntas que fixo o deputado do BNG, Bieito Lobeira, sobre dúas problemáticas que atinxen á parroquia.
Primeiro sobre o proxecto de seguridade viaria na estrada PO-504 de Sanxenxo a Vilalonga.
Logo sobre o “misterio” que rodea aos pantaláns da Arnosa. Podedes ver o contido das preguntas no [...]
-
Arquivado: Xuño 3, 2008, 9:16pm CEST por robertolores
Soubemos hoxe da boa nova de que o Concello vai conceder a licenza para a construción do novo Centro de Saúde no Revel, en Vilalonga.
Sen que ninguén lle pida explicacións (excusatio non petita, accusatio nanifesta), a Sra. Alcaldesa aclara que a parcela onde se construirá o Centro de Saúde, non precisa do Informe de Sostibilidade [...]
-
Xa falta menos para aprobar o orzamento do concello para o ano 2008!
Falaba do tema o 14 de marzo coa esperanza de que se aprobara no mes de abril. Logo volvín a falar o 23 de abril agardando, inxénuo de min, que se aprobara a finais de maio.
Hoxe publica un xornal que o goberno esta ultimando o [...]
-
Estimado Anxo:
Agradezo o teu interese en falar de min, xa sabes (ben, non sei se sabes) que en política é fundamental que falen de un.
Eu, como sabes que che teño aprecio, quero tamén falar de ti para que vaias collendo “importancia política” dentro do teu grupo.
E quero facer isto porque dáme a sensación de que [...]
-
Xa esta ben de marear aos veciños e veciñas de Sanxenxo por parte da alcaldía co proxecto de seguridade viaria da estrada Sanxenxo-Vilalonga (PO-504)!
Para clarexar de onde parten os males vou facer unha cronoloxía dos feitos.
No mes de novembro do 2006 comezan os rumores de que hai circulando polo concello uns planos do proxecto que [...]
-
Os gobernos do PP, sexa na institución que sexa, son de “ordeno e mando” e á oposición nin auga!
Imaxinades que un concelleiro ou concelleira do BNG puidera ter en Sanxenxo a vicepresidencia dalgún organismo autónomo (Terra Sanxenxo, Xerencia de Urbanismo) ou dunha das sociedades (Nauta, Ínsula, Turismo de Sanxenxo)?
Xa nin iso, dalgunha Comisión Informativa?
Para os [...]
-
Arquivado: Maio 16, 2008, 10:39pm CEST por robertolores
Acabo de chegar de Barakaldo (Bizkaia), por iso non puiden escribir onte.
Estiven alí como membro do Consello de Administración da sociedade mixta Turismo de Sanxenxo S.L., pola parte que lle corresponde á corporación municipal.
Esta sociedade conta co apoio do BNG ao considerarmos que é fundamental a implicación do empresariado, con aportación de capital privado, nas [...]
-
O 31 de xaneiro xa escribín sobre a web do Concello.
Naquel comentario daba algunhas pistas para que a melloraran, mais fica claro que a miña opinión non interesa aos gobernantes de Sanxenxo.
Por aquel entón non reparara no saúdo da Sra. Alcaldesa.
Agora, despois de telo lido, comprendo moito mellor o contido da páxina.
Remata o saúdo (en [...]
-
Arquivado: Maio 9, 2008, 1:07am CEST por robertolores
Xa falei moitas veces do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Sanxenxo, e mais que o farei, porque ese documento é un pozo sen fundo, cun contido que, como os bos viños, hai que bebelo en sorbos pequenos.
A pesar dos 30 Solos Urbanizábeis(S.U.), dos 19 Polígonos de Execución Integral (P.E.I.) e dos 9 Plans [...]
-
Arquivado: Maio 8, 2008, 2:54pm CEST por robertolores
Todos temos exemplos dabondo de manipulación informativa, e non me estou a referir aos xornalistas precisamente, pero os gobernantes de Sanxenxo son uns mestres na materia.
Vexamos un exemplo.
O goberno municipal, que por certo utiliza a paxina do Concello como boletín de propaganda, publica: “Costas desautorizou a ocupación pretendida polo concesionario dos servizos na praia de Bascuas…”
Quen [...]