-
A policía local de Lugo leva cun conflicto aberto moitos anos, conflicto que se recrudeceu nos últimos meses nos que a situación xa se fixo insostíbel. O meu compañeiro e portavoz municipal, Xose Anxo Laxe, fixo públicos onte unha serie de datos que son moi claros. Esta cidade padece un total caos de tráfico, non [...]
-
Onte celebrouse unha comisión de tráfico na que se analisou a seguridade vial no concello. Os últimos atropelos producidos en distintas rúas, en ocasións en pasos de peóns, puxeron de manifesto a necesidade de mellorar a regulación do tráfico na cidade. Entre outras cousas acordaron poñer radares na Ronda para reducir a velocidade, pois é [...]
-
Case parece que Lugo é unha nación que precisa dun debate sobre o seu Estado. A Lei de Grandes Cidades permite facer este tipo de cousas: debates nos que o alcalde tén tempo ilimitado (onte falou durante case dúas horas) e a oposición tén 15 minutos e despois 10 de réplica. Xa se ve que [...]
-
Na rúa López Guntín había un tampón urbanístico que se derrubou non fai moito. Tiraron coa casa que impedía o acceso á rúa desde Lamas de Prado e…máis nada. O concello asfaltou o tramo de rúa no que estaba a casa que se tirou e non fixo nada máis. Nin pintou os aparcadoiros, nin mellorou [...]
-
A Ordenanza Municipal de Parques, Xardíns e Arboredo Urbano contempla a posibilidade de crear o Catálogo Municipal de Árbores Singulares co obxecto de preservar e poñer en valor todas as especies vexetais sobresaintes do municipio.
En Lugo estamos afeitos a que se talen carballeiras para levantar edificios e ao seu lado, se faga un novo xardín. [...]
-
Os condutores que teñen que usar a estrada que une Baralla con Láncara, levan varios meses sufrindo os buratos que se produciron como consecuencia das obras que realizou o Concello, da traída de de auga municipal en Pousada. Desde aquel momento, o alcalde parece que non se volveu acordar de que desfixera a estrada en [...]
-
Xa denunciamos repetidamente as deficiencias do sistema de recollida de lixo e reclamamos o pechamento do vertedoiro. Agora, en teoría, e por decisión do Sr. Alcalde, parece que imos depositar o lixo na planta de Lugo. Algo que evidentemente nos vai saír máis caro que verter en Becerreá. Pero aí non acaba todo. O pasado [...]
-
Douscentos!! Douscentos “convidados e convidadas”, a un xantar que imos pagar todos os veciños do concello. Esa é a maneira que ten o Sr. Capón de xestionar os cartos públicos. Pagarlle unha enchente o pasado venres, aos seus amigos a conta dos cartos de todos. Concelleiros do PP, pedáneos, tíos, sobriños, curmáns e demais [...]
-
No pleno do pasado xoves, conseguimos dar un paso adiante para a apertura da galescola e para iniciar o proceso de posta en marcha do Centro de día. Despois de moitas iniciativas e peticións, e despois de que este alcalde perdese un ano, conseguimos que se dirixa ao Consorcio para traballar para poñer en marcha [...]
-
Posted: May 15, 2008, 10:59am CEST by pazabraira
Andan estes días preocupados no concello polo do barrio da Ponte, pero tamén pola contratación desde a Área de Xuventude de Carmen de Foz, unha muller que se define como vidente, para dar uns cursos dentro do programa de ocio nocturno alternativo “Elixe a túa noite”.
Pensar que se están gastando os cartos dos lucenses en [...]
-
Posted: May 13, 2008, 10:59am CEST by pazabraira
Segundo Orozco está todo feito. Do famoso Plan Estratéxico, no que se movilizou a toda a sociedade lucense para a súa redacción, seica non queda practicamente nada por facer. Seica xa temos autovías a Santiago e Ourense. Polo visto xa temos nova ponte. Seica xa temos AVE, xa temos auditorio… xa temos pleno emprego,…, seica [...]
-
Posted: May 12, 2008, 11:06am CEST by pazabraira
Hoxe resulta obrigado falar de integración social. O conflito que se xerou coa adxudicación de vivendas sociais a distintos colectivos no barrio da Ponte pon de manifesto o moito que aínda queda por facer no camiño da integración social das minorías.
No caso de Lugo non estamos falando dun realoxo. Os solicitantes, parte deles de étnia [...]
-
Posted: May 9, 2008, 10:42am CEST by pazabraira
Hoxe, o xornal El Progreso, publica que a tramitación dunha licencia de obra menor, - que ten por lei ten un mes para a súa tramitación-, agora mesmo, no Concello de Lugo, está tardando mínimo 3 meses (solicítanse 1500 ao ano), e nalgúns casos cerca de un ano. Unha obra menor é cambiar un canalón, [...]