-
Cando chega o San Froilán parece que todo se para en Lugo. Seguro que os veciños e veciñas desta cidade van aparcar por uns días ou por unhas horas incluso a crise e, coma todos os anos, gozar das festas se é que o tempo acompaña. Este ano xa se escoitaron críticas ao programa das [...]
-
A policía local de Lugo leva cun conflicto aberto moitos anos, conflicto que se recrudeceu nos últimos meses nos que a situación xa se fixo insostíbel. O meu compañeiro e portavoz municipal, Xose Anxo Laxe, fixo públicos onte unha serie de datos que son moi claros. Esta cidade padece un total caos de tráfico, non [...]
-
Onte celebrouse unha comisión de tráfico na que se analisou a seguridade vial no concello. Os últimos atropelos producidos en distintas rúas, en ocasións en pasos de peóns, puxeron de manifesto a necesidade de mellorar a regulación do tráfico na cidade. Entre outras cousas acordaron poñer radares na Ronda para reducir a velocidade, pois é [...]
-
Case parece que Lugo é unha nación que precisa dun debate sobre o seu Estado. A Lei de Grandes Cidades permite facer este tipo de cousas: debates nos que o alcalde tén tempo ilimitado (onte falou durante case dúas horas) e a oposición tén 15 minutos e despois 10 de réplica. Xa se ve que [...]
-
Na rúa López Guntín había un tampón urbanístico que se derrubou non fai moito. Tiraron coa casa que impedía o acceso á rúa desde Lamas de Prado e…máis nada. O concello asfaltou o tramo de rúa no que estaba a casa que se tirou e non fixo nada máis. Nin pintou os aparcadoiros, nin mellorou [...]
-
A Ordenanza Municipal de Parques, Xardíns e Arboredo Urbano contempla a posibilidade de crear o Catálogo Municipal de Árbores Singulares co obxecto de preservar e poñer en valor todas as especies vexetais sobresaintes do municipio.
En Lugo estamos afeitos a que se talen carballeiras para levantar edificios e ao seu lado, se faga un novo xardín. [...]
-
As obras nesta cidade parece que empezan sempre tarde e que nunca dan acabado. É o que pasa coas que andan facendo en Mar Cantábrico. Eu paso por alí case todos os días e de verdade que son para desesperarse. Levamos todo o verán coa rúa cortada, non se sabe moi ben porque, e agora [...]
-
Chega o outono tamén ao concello de Lugo e con el o Concelleiro de Medio Ambiente parece outro. Non sei se será polo cambio de estación que se aveciña ou polas novas responsabilidades que asumíu, pero parece outro. Agora é ben rara a semana na que non anuncia unha obra ou non presenta unha actuación. [...]
-
Posted: July 24, 2008, 10:44am CEST by pazabraira
Non lles quedou máis remedio e o goberno do PSOE tivo que convocar a comisión de planeamento para o luns 28. Vai ser unha reunión interesante. Por fin imos ver en acción a nova responsabel de urbanismo. Debería irse preparando, pois o seu papel agora é distinto, é un papel loxicamente político.
Eu o único que [...]
-
Posted: July 22, 2008, 11:56am CEST by pazabraira
O alcalde acaba de anunciar un recorte dos gastos do concello para paliar a crise. E como non pode ser menos en calquera goberno, polo que empeza é por conxelar os salarios dos cargos políticos e dos directores xerais que tén. Vai aforrar a asombrosa cantidade de…. 40.000 €. Non vos riades, a cantidade está [...]
-
Posted: July 17, 2008, 12:25pm CEST by pazabraira
Lugo ten 54 parroquias e 318 núcleos de poboación. Actualmente teñen saneamento 3 e están en obras 2. Por certo que dous dos tres núcleos que teñen saneamento son da época na que o meu ben querido compañeiro Marcos Cela foi concelleiro de Medio Ambiente (cantas veces nos lembramos del. É forte a pegada que [...]
-
Posted: July 16, 2008, 11:44am CEST by pazabraira
Xa temos novo concelleiro para a zona rural. A verdade é que non é tan novo pois xa leva medio ambiente desde fai 8 anos. Imos darlle certo marxe para que tome posesión do cargo, pero a verdade é que nunha entrevista que lle publican hoxe xa me deixou claro que as cousas na zona [...]
-
Esta mañá estivemos no novo polígono industrial das Gándaras co Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, a Conselleira de Vivenda, Teresa Taboas e o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco. As máquinas xa están explanando o terreo do que vai ser un dos maiores e máis modernos polígonos industriais de Galiza. Son moitas hectareas cedidas no seu [...]
-
Posted: July 4, 2008, 12:28pm CEST by pazabraira
Menos mal que os veciños de Paradai protestaron e puxeron a andar tanto ao Concello como a Política Territorial. Menos mal que se moveron a tempo e puideron paralizar un novo disparate no que coma sempre ten moito que ver o goberno de Orozco coa súa proverbial incapacidade.
Os veciños e as veciñas puxeron sobre a [...]
-
Posted: July 2, 2008, 11:49am CEST by pazabraira
Onte chamáronnos os veciños do barrio de Paradai e alí fomos pola tardiña a reunirnos con eles. Están moi preocupados polas obras do Plan Paradai, ese proxecto urbanístico que leva xa máis de 12 anos aprobado e que só agora comeza a materializarse. Están moi preocupados porque non teñen información sobre como vai quedar a [...]
-
Posted: July 1, 2008, 11:51am CEST by pazabraira
Acabou xuño, pasou o pleno (por certo, o goberno cada mes é menos serio nas súas respostas á oposición municipal) e entramos de cheo no verán. E claro, no verán ninguén quere traballar, e menos o PSOE. Por iso non creo que convoquen a Comisión de Planeamento que pedimos para falar sobre os atrasos do [...]
-
Posted: June 30, 2008, 10:53am CEST by pazabraira
Hoxe ás 5 da tarde temos o último pleno antes do verán. É o do mes de xullo, que se celebra cunha semana de antelación. Nel imos tratar unha serie de temas que son importantes para os veciños e veciñas de Lugo. Nós levamos dúas mocións a pleno de marcado carácter social. Unha para reclamarlle [...]
-
Posted: June 26, 2008, 10:41am CEST by pazabraira
Hoxe sae na Voz que empresarios do Ceao protestan polas obras de acceso ao núcleo de Mazoi. Antes estes veciños accedían ás súas vivendas atravesando a vía ferrea, e estáselles habilitando un novo paso con ponte incluida para salvar o ferrocarril. Pero para facelo resulta que un vial do CEAO que tiña 16 metros agora [...]
-
Posted: June 25, 2008, 10:58am CEST by pazabraira
Neste concello todo é unha desorde, un descontrol. Onte saía publicado na Voz de Galicia que os expedientes urbanísticos non collen no arquivo e que andan ciscados por debaixo das escaleiras da planta alta do concello e hoxe o goberno sae dicindo que xa van resolver o problema cuns novos andeis, pero xa recoñecen que [...]
-
Posted: June 20, 2008, 10:05am CEST by pazabraira
Acaba a semana igual que a empezamos, sen grandes acontecementos no Concello. As únicas novidades importantes son negativas: non chegou a documentación do Plan Xeral, cousa xa que non sorprende a ninguén.
Aínda que tamén chegou o anuncio de que o Concello non quere poñer os cartos que lle corresponden para poder soterrar a liña de [...]
-
Posted: June 3, 2008, 10:13am CEST by pazabraira
Xa pasou un pleno máis no concello, e nel tivemos que aturar, como xa é habitual, a falta de seriedade e rigor deste goberno municipal. O BNG presentou unha iniciativa a petición dos veciños e veciñas de Esperante, Piugos e Soñar e da organización ecoloxista Adega, na que pedíamos que se modificase o enlace previsto [...]
-
Posted: June 2, 2008, 10:10am CEST by pazabraira
Durante a campaña das Xerais, o BNG puxo riba da mesa, en numerosas ocasións, datos que eran e son irrefutábeis. Diciamos que os lucenses temos que destinar practicamente o 50% do noso salario a pagar a hipoteca. E despois pagar facturas, comer cada día, encher o depósito,… actividades normais no día a día. Hoxe a [...]
-
Posted: May 29, 2008, 10:29am CEST by pazabraira
O día 27 de maio do ano 2007, hai agora un ano, celebráronse eleccións municipais e nelas o PSOE perdeu a maioría absoluta en Lugo. Por iso esta foi unha semana de balances municipais e desde logo non podían ser máis diferentes. Orozco di que a cidade avanza e que todo está ben, que os [...]
-
Posted: May 16, 2008, 11:02am CEST by pazabraira
Onte asistín a un acto organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística en Lugo no que emitían videos que se presentaron a un concurso, e houbo un que me pareceu especialmente realista e demostrativo do que acontece na nosa sociedade. Van dous amigos nun coche e un pregúntalle a outro:
- Que vas facer mañá?
E o [...]
-
Posted: May 15, 2008, 10:59am CEST by pazabraira
Andan estes días preocupados no concello polo do barrio da Ponte, pero tamén pola contratación desde a Área de Xuventude de Carmen de Foz, unha muller que se define como vidente, para dar uns cursos dentro do programa de ocio nocturno alternativo “Elixe a túa noite”.
Pensar que se están gastando os cartos dos lucenses en [...]
-
Posted: May 13, 2008, 10:59am CEST by pazabraira
Segundo Orozco está todo feito. Do famoso Plan Estratéxico, no que se movilizou a toda a sociedade lucense para a súa redacción, seica non queda practicamente nada por facer. Seica xa temos autovías a Santiago e Ourense. Polo visto xa temos nova ponte. Seica xa temos AVE, xa temos auditorio… xa temos pleno emprego,…, seica [...]
-
Posted: May 12, 2008, 11:06am CEST by pazabraira
Hoxe resulta obrigado falar de integración social. O conflito que se xerou coa adxudicación de vivendas sociais a distintos colectivos no barrio da Ponte pon de manifesto o moito que aínda queda por facer no camiño da integración social das minorías.
No caso de Lugo non estamos falando dun realoxo. Os solicitantes, parte deles de étnia [...]
-
Posted: May 9, 2008, 10:42am CEST by pazabraira
Hoxe, o xornal El Progreso, publica que a tramitación dunha licencia de obra menor, - que ten por lei ten un mes para a súa tramitación-, agora mesmo, no Concello de Lugo, está tardando mínimo 3 meses (solicítanse 1500 ao ano), e nalgúns casos cerca de un ano. Unha obra menor é cambiar un canalón, [...]