GRAZAS!!!!!!!!

Candidatura 9 Comentarios

 

É a palabra que teño que decir ao remate destas eleccións. Grazas a todos os veciños e veciñas por confiar en min e no proxecto do BNG para Tomiño. Grazas aos compañeiros e compañeiras que traballaron arreo nesta campaña e grazas especiais para os compañeiros do Bloque que levan tempo a traballar xenerosa e desinteresadamente como Lito Oliveira ou Suso Montero, a nosa colleita tamén é grazas ao que vos levades anos a a semear.

Desculpade non ter actualizado a web antes, pero comprenderedes que tomara un respiro sobre todo para estar co meu fillo, que tamén estivo até ben entrada a madrugada na praza do Seixo celebrando o resultado electoral.

Seguiremos en contacto. Grazas por todos os comentarios, os da web e as ducias de mensaxes e chamadas, a todos GRAZAS!!!!!!!!!!!!

GRAZAS e ANIMO !!!

Candidatura 6 Comentarios

Amigos e amigas: xa queda pouco para rematar unha campaña electoral que está resultando do máis interesante. O éxito de asistencia aos mitins do BNG fae que realmente estemos moi satisfeitos coa resposta dos veciños e veciñas de Tomiño. Grazas a todos e todas polo voso ánimo, polo voso apoio, por estar aí!!!

Onte no mitin de Tomiño, Xosé Manuel Beiras estivo brillante!!!!!!!!, como sempre, entusiasmou ao público, que abarrotaba o salón, as escaleiras e que pasaba das 350 persoas segundo os nosos cálculos. Provocou risas cos seus comentarios e chegou ao fondo de moitos asuntos, como o tema das candidaturas independentes: fixo pensar. Todos aplaudimos a rabiar, os que o coñecemos non esperabamos menos del.

Hoxe estaremos en Figueiró, terra dos meus avós e do meu pai, onde seguro teremos boa acollida e mañán espero vervos a todos e todas en Estás, na miña parroquia, para a festa-peche de campaña!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Mitin en Tomiño

Eventos Non hai comentarios

Este mércores día 23, a partir das 22:00H, no Hotel Nova Colina de Tomiño contaremos coa presencia de Xosé Manuel Beiras. Para min é un mitin moi especial  xa que Xosé Manuel Beiras e o presidente da fundación donde traballo, pero sobre todo porque é un home moi loitador, tivo e ten unha relevancia fundamental no nacionalimo galego e ante todo é un gran mestre. Por iso me gustaría que todos e todas acudírades ao mitin o  mércores. 

Vémonos alí !!!

Mitins nas parroquias.

Eventos 2 Comentarios

Xa tivemos catro mitins: comenzamos en Vilameán, como todos os anos; ao día seguinte Amorín e o domingo doblete en San Salvador de Tebra e Vilachán do Monte. Gústame falar e estar coa xente e os mitins teñen moita asistencia de público, se ve que o de ser unha muller nova chama a atención e a moita xente móvelles a curiosidade de escoitar o que temos que decir. Onte estabase moi ben en Vilachán do Monte, co lume prendido e con todos, maiores e nenos da parroquia moi receptivos ao que deciamos.

Para os que queiran saber cando estamos na súa parroquia está a vosa dispor o calendario de mitins na parte dereita da pantalla.

Agardo vervos alí !!!

COMEZA A CAMPAÑA!!!

Candidatura 2 Comentarios

Bueno xa levamos tempo en campaña electoral, pero onte fixemos a pegada simbólica da primeira noite electoral, aquí vos achego algunhas fotos. A partir de agora todo vai ser máis emocionante, visitando todas as parroquias do Concello.

Tedes na web o calendario de mitins para poder saber cando visitaremos a vosa parroquia. Vémonos!!!

Sobre a xuntanza de mulleres

Mulleres Non hai comentarios

Onte o acto que celebramos no Centro Goianés foi todo un éxito!!. Co salón cheo, calculo que habería un cento de mulleres de todo o concello. Falamos, de xeito informal, de cousas que nos preocupan, como entre amigas. Paca, enfermeira do Centro de Saúde de Tomiño, que tamén vai na lista explicou todo o tema do novo centro de saúde, médicos, pediatra e novas incorporacións que pronto se esperan.

Tamén suscitou moito interese os folletos que achegamos sobre a Lei da Dependencia e como dirixirse aos distintos puntos, webs e teléfonos de información.

Moitas grazas a todas por vir e de xeito especial ás organizadoras que se implicaron dende o primeiro momento neste evento: as mulleres da lista, de xeito especial a Mariví e Cristina que me axudaron a convocar ao maior número de mulleres posibles.

O máis importante é que creo que todas saimos moi contentas. Quedamos en que repetiríamos!!!!

XUNTANZA DE MULLERES (Mércores 9 ás 22:00h – Centro Goianes)

Eventos Non hai comentarios

Aproveitando que son a única muller candidata, quero poñer especial interese en escoitar ás mulleres de Tomiño e tamén explicarlle cales son as políticas específicas que máis nos afectan como mulleres e poñelas en valor, ninguén mellor que nos mesmas para facernos escoitar!!!!!!!!

A xuntanza será este mércores ás dez da noite no Centro Goianés. Estades todas convidadas: mulleres traballadoras, empresarias, amas de casa, mamás etc.

Xuntanza de empresarios co Delegado de Vivenda e Solo

Eventos Non hai comentarios

Xoves 3 de maio, no Hotel Nova Colina, ás nove e media da noite o BNG convida aos empresarios e empresarias de Tomiño a unha xuntanza co Delegado de Vivenda e Solo, Eudosio Álvarez que explicará todo o relativo ao polígono industrial de Tomiño: estado en que se atopa, proxectos e perspectivas de futuro.

Presentamos o programa e a lista completa!!

Eventos Non hai comentarios

Foi este mércores 25, unha data fermosa pola nosa proximidade co veciño Portugal e acompañounos Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural, que nos deleitou coa súa xenial dialéctica. Claro que levar tantos anos en política e ter sido portavoz parlamentar do BNG no Parlamento Galego, ten que dar algo de soltura….

Antes de comezar o acto proxectamos un video que gustou moito. Teño que decir que deu o seu traballo facelo, pero pagou a pena!!! Unha imaxe vale máis que mil palabras.

Presentamos as ideas fundamentais do noso programa e tamén a parte máis valiosa do BNG: a xente. A xente do BNG que vai na lista e outra moita que nos apoia son o noso ben máis prezado. Dende aquí o meu sinceiro agradecemento para eles por implicarse neste proxecto no que estamos a poñer tanta ilusión.

Aquí está o BNG!!!

Sen clasificar Non hai comentarios

 

Coa chegada das eleccións municipais de maio agroman as candidaturas como os cogumelos despois de uns días de choivas. Certamente que as eleccións municipais son as máis cercanas, as que despertan máis interese, as que mobilizan máis xente, pero tamén as máis suculentas para os ambiciosos de poder e para os que buscan simplemente engordar os seus intereses particulares, sen preocuparse polo ben común.

Curiosamente estes supostos “grupos independentes” case sempre se declaran apolíticos, de centro e preocupados polo ben de Tomiño por enriba de todo, como se o noso concello fose unha illa no medio do océano, como se non pertenceramos a un país, a un estado…

Por outra banda o partido popular de Tomiño sufriu unha desbandada das que faen historia, froito dun proxecto político esgotado e que esta vez se presenta menos crible que nunca, despois de tantos anos no goberno con escasos resultados de xestión.

Frente a esta marabunta que se afana en buscar mulleres para as listas, percorrre as casas pola noite e mesmo tenta comprar algunha que outra fidelidade, o BNG preséntase cos deberes feitos, máis unido ca nunca e cunha lista renovada e con programa e alternativas posibles para Tomiño.

O BNG é hoxe en día unha forza de goberno constructiva, positiva; xa o ten demostrado no goberno da Xunta de Galicia e agora é tempo de que o desmotre en Tomiño.

Para todos e todas que aspirades a vivir nun Tomiño mellor o BNG preséntase como o “voto util”, sen dobles fondos, sen estranos pactos previos, e como alternativa seria e segura aos que cansinamente levan 25 anos gobernando o noso concello e agora se presentan no PP ou tras outras listas.

« Entradas anteriores