Xa falta menos para o inicio da campaña electoral, serán quince días intensos, pero aos que imos sosegados e tranquilos, cos deberes feitos…Percorreremos todas as parroquias do noso concello para explicarvos a todos o que fixemos e o proxecto de futuro que temos para Tomiño. É a primeira vez que o BNG se presenta despois de ter gobernado e presidido o goberno local.

Polo tanto  esta vez SI hai algo que evaluar e xulgar e precisamente o que queremos é que os veciños nos sometan a examen, non temos nada que temer, sabemos que hai cousas que mellorar, que tivemos fallos, que debemos correxir outras pero é bo que se compare o que se fixo nesta etapa de 4 anos e o que se fixo na anterior etapa popular de 24….

Comentarios pechados.