Presentamos o programa e a lista completa!!

Eventos Non hai comentarios

Foi este mércores 25, unha data fermosa pola nosa proximidade co veciño Portugal e acompañounos Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural, que nos deleitou coa súa xenial dialéctica. Claro que levar tantos anos en política e ter sido portavoz parlamentar do BNG no Parlamento Galego, ten que dar algo de soltura….

Antes de comezar o acto proxectamos un video que gustou moito. Teño que decir que deu o seu traballo facelo, pero pagou a pena!!! Unha imaxe vale máis que mil palabras.

Presentamos as ideas fundamentais do noso programa e tamén a parte máis valiosa do BNG: a xente. A xente do BNG que vai na lista e outra moita que nos apoia son o noso ben máis prezado. Dende aquí o meu sinceiro agradecemento para eles por implicarse neste proxecto no que estamos a poñer tanta ilusión.

Aquí está o BNG!!!

Sen clasificar Non hai comentarios

 

Coa chegada das eleccións municipais de maio agroman as candidaturas como os cogumelos despois de uns días de choivas. Certamente que as eleccións municipais son as máis cercanas, as que despertan máis interese, as que mobilizan máis xente, pero tamén as máis suculentas para os ambiciosos de poder e para os que buscan simplemente engordar os seus intereses particulares, sen preocuparse polo ben común.

Curiosamente estes supostos “grupos independentes” case sempre se declaran apolíticos, de centro e preocupados polo ben de Tomiño por enriba de todo, como se o noso concello fose unha illa no medio do océano, como se non pertenceramos a un país, a un estado…

Por outra banda o partido popular de Tomiño sufriu unha desbandada das que faen historia, froito dun proxecto político esgotado e que esta vez se presenta menos crible que nunca, despois de tantos anos no goberno con escasos resultados de xestión.

Frente a esta marabunta que se afana en buscar mulleres para as listas, percorrre as casas pola noite e mesmo tenta comprar algunha que outra fidelidade, o BNG preséntase cos deberes feitos, máis unido ca nunca e cunha lista renovada e con programa e alternativas posibles para Tomiño.

O BNG é hoxe en día unha forza de goberno constructiva, positiva; xa o ten demostrado no goberno da Xunta de Galicia e agora é tempo de que o desmotre en Tomiño.

Para todos e todas que aspirades a vivir nun Tomiño mellor o BNG preséntase como o “voto util”, sen dobles fondos, sen estranos pactos previos, e como alternativa seria e segura aos que cansinamente levan 25 anos gobernando o noso concello e agora se presentan no PP ou tras outras listas.

Presentacion do Programa e da Candidatura.

Eventos Non hai comentarios

25 Abril 2007
9:00 pm

Lugar: Auditorio de Goian.

Falaran: Uxio Benitez, Olaia Fernandez, Alfredo Suarez Canal e Sandra Gonzalez.

Para os usuarios

Sen clasificar 2 Comentarios

Este Blog pretende ser un espazo aberto para poder contar coas vosas achegas, e aquí podedes deixar opinións, suxestións… Só tedes que premer no apartado “comentarios”, que se atopa ao final de cada anotación,  xunto co autor do texto.

Unha gran cea

Eventos Non hai comentarios

Foi unha noite estupenda a que compartimos os amigos e amigas do Bloque, que estiveron alí a dar ánimos e amosar o seu apoio á candidatura. Quero agradecer tamén a presenza dos deputados Carlos Aymerich, portavoz do Bloque no Parlamento galego polo seu ánimo e as súas palabras e de Quico Paz Antón.

 

Non faltou a música nin a boa comida, pero sobre todo a boa compañía: un bo xeito de comezar esta ilusionante viaxe. Grazas aos que nos acompañastes onte nesa noite ¡!
Aquí vos deixo algunhas fotos da exitosa velada onde nos xuntamos máis de duascentas persoas.

Unha nova andaina

Sen clasificar 1 Comentario

Amigos e amigas, benvidos ao meu blog. Esta proposta interesante é unha nova maneira de achegarme aos que queiran coñecer un pouco máis da miña persoa e das propostas do BNG para as vindeiras eleccións municipais. Xa hai tempo que comezamos coa dinámica preelectoral (a presentación, reunións con xente, configuración do novo equipo de traballo e propostas) pero esta fin de semana vai ser a festa na que nos xuntemos todos os amigos e amigas do BNG de Tomiño e mais doutras vilas do Baixo Miño a apoiarnos; os de sempre e moita xente nova que se achega. De certo que vai resultar un encontro moi estimulante!!!. Superamos as expectativas de asistencia e a xente está moi motivada para asistir e atoparnos todos. Como xa tedes en axenda, será na Quinta do Ramo (o sitio promete) a partir das nove e media da noite. Vémonos alí!!!!!

Cea – Presentacion Candidatura

Eventos Comments Off

14 Abril 2007
9:30 pm

Lugar: A Quinta do Ramo.

Falaran: Carlos Aymerich e Sandra Gonzalez.

Benvid@s

Sen clasificar Non hai comentarios

Ola! Prenséntovos aquí este novo espazo na Rede, pertencente ao BNG de Tomiño. Neste blog podedes atopar información do traballo que estamos a realizar e as propostas que ten o BNG para darlle un novo rumbo ao noso concello. Ademais, podedes obter algunha outra información sobre as nosas intervencións nos medios de comunicación a través de vídeos e fotos, para así poder achegarnos un pouco máis a cada un de vós.

 
Agardamos tamén os comentarios e suxestións que queirades facernos.

Benvid@s!