Presentamos o programa e a lista completa!!
Abril 27, 2007 9:06 pm EventosFoi este mércores 25, unha data fermosa pola nosa proximidade co veciño Portugal e acompañounos Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural, que nos deleitou coa súa xenial dialéctica. Claro que levar tantos anos en polÃtica e ter sido portavoz parlamentar do BNG no Parlamento Galego, ten que dar algo de soltura….
Antes de comezar o acto proxectamos un video que gustou moito. Teño que decir que deu o seu traballo facelo, pero pagou a pena!!! Unha imaxe vale máis que mil palabras.
Presentamos as ideas fundamentais do noso programa e tamén a parte máis valiosa do BNG: a xente. A xente do BNG que vai na lista e outra moita que nos apoia son o noso ben máis prezado. Dende aquà o meu sinceiro agradecemento para eles por implicarse neste proxecto no que estamos a poñer tanta ilusión.


