29 Maio, 2007
Candidatura
9 Comentarios
É a palabra que teño que decir ao remate destas eleccións. Grazas a todos os veciños e veciñas por confiar en min e no proxecto do BNG para Tomiño. Grazas aos compañeiros e compañeiras que traballaron arreo nesta campaña e grazas especiais para os compañeiros do Bloque que levan tempo a traballar xenerosa e desinteresadamente como Lito Oliveira ou Suso Montero, a nosa colleita tamén é grazas ao que vos levades anos a a semear.
Desculpade non ter actualizado a web antes, pero comprenderedes que tomara un respiro sobre todo para estar co meu fillo, que tamén estivo até ben entrada a madrugada na praza do Seixo celebrando o resultado electoral.
Seguiremos en contacto. Grazas por todos os comentarios, os da web e as ducias de mensaxes e chamadas, a todos GRAZAS!!!!!!!!!!!!
24 Maio, 2007
Candidatura
6 Comentarios
Amigos e amigas: xa queda pouco para rematar unha campaña electoral que está resultando do máis interesante. O éxito de asistencia aos mitins do BNG fae que realmente estemos moi satisfeitos coa resposta dos veciños e veciñas de Tomiño. Grazas a todos e todas polo voso ánimo, polo voso apoio, por estar aí!!!
Onte no mitin de Tomiño, Xosé Manuel Beiras estivo brillante!!!!!!!!, como sempre, entusiasmou ao público, que abarrotaba o salón, as escaleiras e que pasaba das 350 persoas segundo os nosos cálculos. Provocou risas cos seus comentarios e chegou ao fondo de moitos asuntos, como o tema das candidaturas independentes: fixo pensar. Todos aplaudimos a rabiar, os que o coñecemos non esperabamos menos del.
Hoxe estaremos en Figueiró, terra dos meus avós e do meu pai, onde seguro teremos boa acollida e mañán espero vervos a todos e todas en Estás, na miña parroquia, para a festa-peche de campaña!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
21 Maio, 2007
Eventos
Non hai comentarios
Este mércores día 23, a partir das 22:00H, no Hotel Nova Colina de Tomiño contaremos coa presencia de Xosé Manuel Beiras. Para min é un mitin moi especial xa que Xosé Manuel Beiras e o presidente da fundación donde traballo, pero sobre todo porque é un home moi loitador, tivo e ten unha relevancia fundamental no nacionalimo galego e ante todo é un gran mestre. Por iso me gustaría que todos e todas acudírades ao mitin o mércores.
Vémonos alí !!!
14 Maio, 2007
Eventos
2 Comentarios
Xa tivemos catro mitins: comenzamos en Vilameán, como todos os anos; ao día seguinte Amorín e o domingo doblete en San Salvador de Tebra e Vilachán do Monte. Gústame falar e estar coa xente e os mitins teñen moita asistencia de público, se ve que o de ser unha muller nova chama a atención e a moita xente móvelles a curiosidade de escoitar o que temos que decir. Onte estabase moi ben en Vilachán do Monte, co lume prendido e con todos, maiores e nenos da parroquia moi receptivos ao que deciamos.
Para os que queiran saber cando estamos na súa parroquia está a vosa dispor o calendario de mitins na parte dereita da pantalla.
Agardo vervos alí !!!
11 Maio, 2007
Candidatura
2 Comentarios
Bueno xa levamos tempo en campaña electoral, pero onte fixemos a pegada simbólica da primeira noite electoral, aquí vos achego algunhas fotos. A partir de agora todo vai ser máis emocionante, visitando todas as parroquias do Concello.
Tedes na web o calendario de mitins para poder saber cando visitaremos a vosa parroquia. Vémonos!!!
10 Maio, 2007
Mulleres
Non hai comentarios
Onte o acto que celebramos no Centro Goianés foi todo un éxito!!. Co salón cheo, calculo que habería un cento de mulleres de todo o concello. Falamos, de xeito informal, de cousas que nos preocupan, como entre amigas. Paca, enfermeira do Centro de Saúde de Tomiño, que tamén vai na lista explicou todo o tema do novo centro de saúde, médicos, pediatra e novas incorporacións que pronto se esperan.
Tamén suscitou moito interese os folletos que achegamos sobre a Lei da Dependencia e como dirixirse aos distintos puntos, webs e teléfonos de información.
Moitas grazas a todas por vir e de xeito especial ás organizadoras que se implicaron dende o primeiro momento neste evento: as mulleres da lista, de xeito especial a Mariví e Cristina que me axudaron a convocar ao maior número de mulleres posibles.
O máis importante é que creo que todas saimos moi contentas. Quedamos en que repetiríamos!!!!