Mitins nas parroquias.

8:04 pm Eventos

Xa tivemos catro mitins: comenzamos en Vilameán, como todos os anos; ao día seguinte Amorín e o domingo doblete en San Salvador de Tebra e Vilachán do Monte. Gústame falar e estar coa xente e os mitins teñen moita asistencia de público, se ve que o de ser unha muller nova chama a atención e a moita xente móvelles a curiosidade de escoitar o que temos que decir. Onte estabase moi ben en Vilachán do Monte, co lume prendido e con todos, maiores e nenos da parroquia moi receptivos ao que deciamos.

Para os que queiran saber cando estamos na súa parroquia está a vosa dispor o calendario de mitins na parte dereita da pantalla.

Agardo vervos alí !!!



2 Comentarios

  1. Mitins Di:

    So quero decir a todos os que entren nesta paxina, que de verdade merece a pena ir a un mitin do BNG, fun a uns cuantos de todalas formacions e sin ningunha duda sodes os unicos capaces de convencer a xente, con proxectos reales e non con fantasias imposibles de realizar que prometen outros. Empezan con un video sobre o concello que tamen merece a pena ver e logo tanto a primeira intervencion (creo que o numero 2) como a intervencion da candidata son moi boas, notase donde esta a xente preparada… Animo a todo o mundo a asistir os mitins do BNG. Adiante!!!

  2. M.P. Di:

    Xa está ben das Alternativas ó capitalismo, dos Centrados no capitalismo e do de Sempre, os demais que somos a maioría, penso, tamén temos dereitos.
    É un exercicio moi sano lembrar a historia para valorar o noso presente. A lección maxistral de historia aplicada de X.M. Beiras non fixo máis que describirnos esa realidade que xa coñecemos.
    Dende Sobrada, ánimo para Sandra e BNG Tomiño.

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.