GRAZAS e ANIMO !!!

5:10 pm Candidatura

Amigos e amigas: xa queda pouco para rematar unha campaña electoral que está resultando do máis interesante. O éxito de asistencia aos mitins do BNG fae que realmente estemos moi satisfeitos coa resposta dos veciños e veciñas de Tomiño. Grazas a todos e todas polo voso ánimo, polo voso apoio, por estar aí!!!

Onte no mitin de Tomiño, Xosé Manuel Beiras estivo brillante!!!!!!!!, como sempre, entusiasmou ao público, que abarrotaba o salón, as escaleiras e que pasaba das 350 persoas segundo os nosos cálculos. Provocou risas cos seus comentarios e chegou ao fondo de moitos asuntos, como o tema das candidaturas independentes: fixo pensar. Todos aplaudimos a rabiar, os que o coñecemos non esperabamos menos del.

Hoxe estaremos en Figueiró, terra dos meus avós e do meu pai, onde seguro teremos boa acollida e mañán espero vervos a todos e todas en Estás, na miña parroquia, para a festa-peche de campaña!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!



6 Comentarios

  1. Laura Di:

    Me elegra ser la primera en darte la enhorabuena en la página ya que, debido a la distancia, no pude dartela en persona. Enhorabuena Sandra!!!

  2. Noraboa!!! Di:

    Xa non son o primeiro, pero o que en realidade me alegra e poder decirte esto: NORABOA ALCALDESA !! a cambiar este concello… animo!!!

  3. M.P. (SOBRADA) Di:

    Tamén me quero unir a estas felicitacións porque, eu tamén estou moi contenta por este BNG de Tomiño e por esa ALCALDESA que imos ter (¡ oxalá !). O que está acontecendo fai que non perdamos a ILUSIÓN de ter un Concello de todos e non só duns cuantos. Eu nacín no 75 e non recordo outro alcalde que non sexa o Sr. José Luis, non recordo outra persoa, nin outra posibilidade de governar.
    Oxalá a ambición do Sr. Castiñeiras non nos faga perder esa ILUSIÓN, non nos faga ver moi lonxe esa posibilidade de CAMBIO que foi o que pedimos a maior parte da poboación deste concello.

  4. Marisa Di:

    MOITAS FELICIDADES SANDRA.

  5. lini Di:

    Enhorabuena Sandra muy especialmente a tí y tambien a todos tus compañeros. Estoy segura que dentro de muy poco harás que muchos y muchas recuperemos el orgullo de vivir en Goian.Estoy muy orgullosa de poder estar representada por una persona como tú. Un beso y mucha suerte.

  6. Lupe Di:

    Hola Sandra:

    Miña mais sincera NORABOA polos exitos acadados.

    Unha aperta.

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.