GRAZAS!!!!!!!!
Maio 29, 2007 4:17 pm Candidatura
É a palabra que teño que decir ao remate destas eleccións. Grazas a todos os veciños e veciñas por confiar en min e no proxecto do BNG para Tomiño. Grazas aos compañeiros e compañeiras que traballaron arreo nesta campaña e grazas especiais para os compañeiros do Bloque que levan tempo a traballar xenerosa e desinteresadamente como Lito Oliveira ou Suso Montero, a nosa colleita tamén é grazas ao que vos levades anos a a semear.
Desculpade non ter actualizado a web antes, pero comprenderedes que tomara un respiro sobre todo para estar co meu fillo, que tamén estivo até ben entrada a madrugada na praza do Seixo celebrando o resultado electoral.
Seguiremos en contacto. Grazas por todos os comentarios, os da web e as ducias de mensaxes e chamadas, a todos GRAZAS!!!!!!!!!!!!




Maio 29th, 2007 at 4:58 pm
Orgulloso de ver os resultados das pasadas eleccións e ver como conseguestes entre todos dar un volco a un concello que estaba sumido na dereita
Alégrome muito por ti, Sandriña, sei que, se os pactos te deixan, vas a levar a Tomiño hacia o progreso.
Lito, Suso,… tal como dixen o comenzo da campaña, tedes en Sandra unha digna sucesora dos vosos anos de traballo no concello.
Maio 30th, 2007 at 10:20 am
GRAZAS a tí Sandra e a todos os compañeiros do BNG polo voso traballlo desinteresado. Parabens.
Maio 30th, 2007 at 2:28 pm
E un motivo de orgullo ver como compañeiras como ti son capaces de revertir situacións que hipotecan a vida dos teus.Moitos bicos Sandra a ti e a todos os compañeiros de Tomiño e unha aperta
Maio 31st, 2007 at 9:19 pm
Despois de tanto tempo sementando, por fin,mirei a boa colleita. dava gusto chegar o local e ver aquelas caras cheas de ledicia. fai vintecatro anos o BNG tubo catro botos na mesa de Sobrada, AP. UCD. PSOE, arasaban , oxe somos a segunda forza mais botada. Animo SANDRA e demais compañeiros. Meus Parabens
Xuño 4th, 2007 at 1:19 am
Boas noites! Antes de nada os meus parabéns polos resultados obtidos, ó fin deixan de ser os que mandan en Tomiño!! A verdade é que teño unha certa inquietude polo que vai ser o futuro de Tomiño. Non sei se vos me poderiades dicir cómo e onde me podo informar sobre o progreso dos “pactos”. Na páxina web galiciasuroeste, algo ben, ainda que non sei se están as últimas novidades. Sexa como sexa, estou segura que tí vas ser a nosa próxima alcaldesa! Non cedas ás chantaxes do CdT, porque xa os temo… TI ALCALDESA!!! Moitas Grazas!
Xuño 4th, 2007 at 12:59 pm
Grazas a ti e a tódolos compañeiros polo voso traballo levado a cabo durante tantos anos para que Tomiño cambie, e grazas por esta campaña electoral tan transparente e polo voso achegamento ós veciños…Desde a alcaldía ou desde a oposición sabemos que o voso é un xogo limpo, é iso xunto coa ilusión e o esforzo e o que os veciños necesitamos para sentirnos orgullosos de vivir en Tomiño.
parabéns.
Xuño 11th, 2007 at 11:12 am
Noraboa, polo que teño entendido xa hai acordo coas outras duas forzas para pactar.
Agora a traballar moito e a facelo ben.
Xuño 11th, 2007 at 10:54 pm
O vindeiro sábado terá lugar un día histórico para Tomiño. Espero que os cambios comecen a notarse pronto. Noraboa a Sandra, ó seu equipo e a toda a xente de Tomiño.
Unha aperta.
Xullo 27th, 2007 at 1:01 pm
E, sempre uma alegria muito grande, cuando vemos alguem da nossa querida Estás, galgando os caminhos do suceso!! e esta, Neta de me meu saudoso amigo.amigo!!!
Para bens, suceso.
abrazos.