GRAZAS!!!!!!!!

Candidatura 9 Comentarios

 

É a palabra que teño que decir ao remate destas eleccións. Grazas a todos os veciños e veciñas por confiar en min e no proxecto do BNG para Tomiño. Grazas aos compañeiros e compañeiras que traballaron arreo nesta campaña e grazas especiais para os compañeiros do Bloque que levan tempo a traballar xenerosa e desinteresadamente como Lito Oliveira ou Suso Montero, a nosa colleita tamén é grazas ao que vos levades anos a a semear.

Desculpade non ter actualizado a web antes, pero comprenderedes que tomara un respiro sobre todo para estar co meu fillo, que tamén estivo até ben entrada a madrugada na praza do Seixo celebrando o resultado electoral.

Seguiremos en contacto. Grazas por todos os comentarios, os da web e as ducias de mensaxes e chamadas, a todos GRAZAS!!!!!!!!!!!!

GRAZAS e ANIMO !!!

Candidatura 6 Comentarios

Amigos e amigas: xa queda pouco para rematar unha campaña electoral que está resultando do máis interesante. O éxito de asistencia aos mitins do BNG fae que realmente estemos moi satisfeitos coa resposta dos veciños e veciñas de Tomiño. Grazas a todos e todas polo voso ánimo, polo voso apoio, por estar aí!!!

Onte no mitin de Tomiño, Xosé Manuel Beiras estivo brillante!!!!!!!!, como sempre, entusiasmou ao público, que abarrotaba o salón, as escaleiras e que pasaba das 350 persoas segundo os nosos cálculos. Provocou risas cos seus comentarios e chegou ao fondo de moitos asuntos, como o tema das candidaturas independentes: fixo pensar. Todos aplaudimos a rabiar, os que o coñecemos non esperabamos menos del.

Hoxe estaremos en Figueiró, terra dos meus avós e do meu pai, onde seguro teremos boa acollida e mañán espero vervos a todos e todas en Estás, na miña parroquia, para a festa-peche de campaña!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

COMEZA A CAMPAÑA!!!

Candidatura 2 Comentarios

Bueno xa levamos tempo en campaña electoral, pero onte fixemos a pegada simbólica da primeira noite electoral, aquí vos achego algunhas fotos. A partir de agora todo vai ser máis emocionante, visitando todas as parroquias do Concello.

Tedes na web o calendario de mitins para poder saber cando visitaremos a vosa parroquia. Vémonos!!!