Sobre a xuntanza de mulleres

Mulleres Non hai comentarios

Onte o acto que celebramos no Centro Goianés foi todo un éxito!!. Co salón cheo, calculo que habería un cento de mulleres de todo o concello. Falamos, de xeito informal, de cousas que nos preocupan, como entre amigas. Paca, enfermeira do Centro de Saúde de Tomiño, que tamén vai na lista explicou todo o tema do novo centro de saúde, médicos, pediatra e novas incorporacións que pronto se esperan.

Tamén suscitou moito interese os folletos que achegamos sobre a Lei da Dependencia e como dirixirse aos distintos puntos, webs e teléfonos de información.

Moitas grazas a todas por vir e de xeito especial ás organizadoras que se implicaron dende o primeiro momento neste evento: as mulleres da lista, de xeito especial a Mariví e Cristina que me axudaron a convocar ao maior número de mulleres posibles.

O máis importante é que creo que todas saimos moi contentas. Quedamos en que repetiríamos!!!!