Aquí está o BNG!!!
21 Abril, 2007 Sen clasificar Non hai comentarios
Coa chegada das eleccións municipais de maio agroman as candidaturas como os cogumelos despois de uns días de choivas. Certamente que as eleccións municipais son as máis cercanas, as que despertan máis interese, as que mobilizan máis xente, pero tamén as máis suculentas para os ambiciosos de poder e para os que buscan simplemente engordar os seus intereses particulares, sen preocuparse polo ben común.
Curiosamente estes supostos “grupos independentes” case sempre se declaran apolíticos, de centro e preocupados polo ben de Tomiño por enriba de todo, como se o noso concello fose unha illa no medio do océano, como se non pertenceramos a un país, a un estado…
Por outra banda o partido popular de Tomiño sufriu unha desbandada das que faen historia, froito dun proxecto político esgotado e que esta vez se presenta menos crible que nunca, despois de tantos anos no goberno con escasos resultados de xestión.
Frente a esta marabunta que se afana en buscar mulleres para as listas, percorrre as casas pola noite e mesmo tenta comprar algunha que outra fidelidade, o BNG preséntase cos deberes feitos, máis unido ca nunca e cunha lista renovada e con programa e alternativas posibles para Tomiño.
O BNG é hoxe en día unha forza de goberno constructiva, positiva; xa o ten demostrado no goberno da Xunta de Galicia e agora é tempo de que o desmotre en Tomiño.
Para todos e todas que aspirades a vivir nun Tomiño mellor o BNG preséntase como o “voto util”, sen dobles fondos, sen estranos pactos previos, e como alternativa seria e segura aos que cansinamente levan 25 anos gobernando o noso concello e agora se presentan no PP ou tras outras listas.
