3.O mellor equipo

 

Aquí vos presento este novo equipo de goberno que propón o BNG para as vindeiras edsc_0121.JPGleccións: xente ilusionada, con novos proxectos e con ganas de facer de Tomiño un concello mellor. A lista xa está completa, todos e todas son importantes para este proxecto común. Anímosvos a colaborar no que queda daquí ao 27 de Maio !!!

 

 

 

 

CANDIDATURA BNG TOMIÑO

1.- Sandra González Álvarez. Licenciada en Ciencias Políticas, especializada en Administración Pública. Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal. Traballa para a Fundación Galiza Sempre. É concelleira do BNG desde 2003

2.- Uxío Benítez Fernández. (Goián) Licenciado en Química. Viceresponsábel Comarcal do BNG. Foi responsábel comarcal de Galiza Nova e fundador da Asociación Xuvenil Taiña. Vicepresidente do Centro Goianés.

3.- Francisco Campo Lago. (Tomiño) Comercial. Distribuidor de gas

4.- Xaquín Villadangos Fernández. (Sobrada)Técnico en traballo forestal e conservación do medio natural. Traballa como comercial de pranta ornamental. Foi fundador e presidente da Asociación Xuvenil Muimenta

5.- Cristina Martínez Souto. (Forcadela) Administrativa. Responsable de Loxística. Delegada sindical da CIG

6.- Jose Luis Vázquez Calvo. (Sta Ma de Tebra) Secretario da Comunidade de Montes de Santa Maria de Tebra e Presidente da Asociación Cultural Val do Cereixo

7.- Juan A. Pérez González. (Figueiró) Comercial. Foi concelleiro do BNG entre o 1999 e 2003.

8.- Araceli Ozores Peixoto. (Goián) Licenciada en Bioloxía. Profesora no IES de Tomiño. Foi fundadora da Asociación Cultural Eliseo Alonso. Responsábel Local do BNG.

9.- Moisés Fernández Álvarez (Barrantes) Empregado nunha empresa de limpeza. Membro do equipo de bolos celtas de Vilachán.

10.- Araceli Vaamonde Polo (Amorín) Mestra no C.E.I.P. de Sobrada

11.- Emma De Oliveira Dantas. (Tomiño) Técnica enóloga. Empregada nunha destileria.

12.- Raquel Álvarez Puente. (Piñeiro) Empregada de fogar

13.- Anxo Francisco Blanco. (Pinzás) Vixiante contra-incendios. Cabreiro. Foi fundador e presidente da Asociación de Veciños.

14.- Mariano González Martínez (Taborda) Empregado

15.- Jesús Montero Villar. (Tomiño) Funcionario do INEM. Concelleiro do BNG desde 1991. Membro da directiva do Tomiño C.F. e da Comisión de Festas de San Blas.

16.- Teresa Fernández Rodríguez (San Salvador de Tebra) Administrativa. Foi concelleira do BNG entre 1995 e 2001.

17.- Rafael Martínez Calzado. (Goián) Concelleiro e portavoz municipal do BNG desde 1987. Foi Responsábel Comarcal do BNG e membro do seu Consello Nacional.

SUPLENTES:

1.- María Victoria Álvarez Fernández (Goián). Empresaria.

2.- Amantino Fernández Fernández (Barrantes) Funcionario no Concello de Vigo

3.- Estrela Paramos Vicente (Forcadela) Enxeñeira Informática.

4.- Basilio Calzado Domínguez (San Salvador de Tebra) Canteiro

5.- Maximino Álvarez Vicente (Estás) Traballador social da Xunta de Galiza. Foi concelleiro do BNG entre 2001 e 2003.

6.- Francisca Vázquez Couso (Tomiño) Enfermeira no Centro de Saúde de Tomiño

7.- Manuel Anxo Prado Pérez (Barrantes). Empregado. Cuidador de paxaros exóticos.