Para os usuarios

Sen clasificar 2 Comentarios

Este Blog pretende ser un espazo aberto para poder contar coas vosas achegas, e aquí podedes deixar opinións, suxestións… Só tedes que premer no apartado “comentarios”, que se atopa ao final de cada anotación,  xunto co autor do texto.

Unha gran cea

Eventos Non hai comentarios

Foi unha noite estupenda a que compartimos os amigos e amigas do Bloque, que estiveron alí a dar ánimos e amosar o seu apoio á candidatura. Quero agradecer tamén a presenza dos deputados Carlos Aymerich, portavoz do Bloque no Parlamento galego polo seu ánimo e as súas palabras e de Quico Paz Antón.

 

Non faltou a música nin a boa comida, pero sobre todo a boa compañía: un bo xeito de comezar esta ilusionante viaxe. Grazas aos que nos acompañastes onte nesa noite ¡!
Aquí vos deixo algunhas fotos da exitosa velada onde nos xuntamos máis de duascentas persoas.

Unha nova andaina

Sen clasificar 1 Comentario

Amigos e amigas, benvidos ao meu blog. Esta proposta interesante é unha nova maneira de achegarme aos que queiran coñecer un pouco máis da miña persoa e das propostas do BNG para as vindeiras eleccións municipais. Xa hai tempo que comezamos coa dinámica preelectoral (a presentación, reunións con xente, configuración do novo equipo de traballo e propostas) pero esta fin de semana vai ser a festa na que nos xuntemos todos os amigos e amigas do BNG de Tomiño e mais doutras vilas do Baixo Miño a apoiarnos; os de sempre e moita xente nova que se achega. De certo que vai resultar un encontro moi estimulante!!!. Superamos as expectativas de asistencia e a xente está moi motivada para asistir e atoparnos todos. Como xa tedes en axenda, será na Quinta do Ramo (o sitio promete) a partir das nove e media da noite. Vémonos alí!!!!!

Benvid@s

Sen clasificar Non hai comentarios

Ola! Prenséntovos aquí este novo espazo na Rede, pertencente ao BNG de Tomiño. Neste blog podedes atopar información do traballo que estamos a realizar e as propostas que ten o BNG para darlle un novo rumbo ao noso concello. Ademais, podedes obter algunha outra información sobre as nosas intervencións nos medios de comunicación a través de vídeos e fotos, para así poder achegarnos un pouco máis a cada un de vós.

 
Agardamos tamén os comentarios e suxestións que queirades facernos.

Benvid@s!

Entradas Recentes »