Víctor Caamaño Rivas » Blog Archive » Comisión organizadora actos Cabanillas

Comisión organizadora actos Cabanillas

8:30 pm Sen clasificar

Víctor Caamaño Rivas, con DNI nº 35437835X, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de Cambados,

EXPÓN: que no Pleno Extraordinario do 9 de novembro de 2007 aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo PP sobre a celebración do ANO CABANILLAS 2009; en dita moción incluíuse a seguinte enmenda presentada polo grupo municipal do BNG:

Punto 2º da moción.-

  • Crear unha Comisión Organizadora dos actos do Ano Cabanillas 2009 que recolla as propostas dos diferentes sectores. Estaría integrada por Institucións Académicas (universidades, centros de ensino), Políticas (Comisión Informativa de Cultura, Xuventude e Deportes, Consellerías, Deputación), Culturais (Asociacións culturais, de ensinantes), Sociais (Asociacións de veciños, Confraría) e representantes da Familia Cabanillas.

  • A execución dos actos propostos por esta Comisión recaería na Comisión Informativa de Cultura, Xuventude e Deportes.

A diversidade de sectores que formarían esta Comisión aseguraría unha gran variedade e riqueza de propostas culturais a realizar no 2009 ao redor da figura de Cabanillas e ademais implicaría a un gran número de cambadeses na participación en ditos actos, co cal o éxito deste evento estaría asegurado.

Cómpre darse presa na constitución da Comisión, pois xa estamos no mes de abril e a elaboración e programación dos actos necesitan un tempo de antelación suficiente para evitar presas a última hora.

SOLICITA: que se constitúa canto antes a Comisión Organizadora dos actos culturais a celebrar no Ano Cabanillas 2009.

En Cambados a 7 de abril de 2008

Asinado: Víctor Caamaño Rivas

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBADOS