A PISCIFACTORIA DE TRAGOVE
Maio 4, 2008 10:15 pm Sen clasificarA PISCIFACTORIA DE TRAGOVEÂ
A construcción dunha planta de engorde de rodaballo no porto de Tragove creou unha certa preocupación no sector marisqueiro de Cambados, pola posible repercusión que esta poderÃa ter sobre os bancos marisqueiros próximos ao lugar da súa ubicación. Como consecuencia o grupo municipal do BNG trasladou unha serie de preguntas ao pleno do concello sobre o estudio de impacto ambiental presentado e sobre o permiso do Concello para a súa construcción. Asà mesmo solicitóuselle ao parlamentario do BNG , Bieito Lobeira, que preguntara no Parlamento Galego sobre as medidas que esta empresa adoptarÃa para impedir os posibles impactos contaminantes sobre os bancos marisqueiros do litoral cambadés.
A contestación da ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos á pregunta formulada por Bieito Lobeira tenta aclarar o tratamento que se lle dará tanto as augas residuais industrias como as augas residuais fecais da planta de engorde, asà como cales serán as medidas utilizadas durante a construcción do recheo para evitar o impacto sobre os bancos marisqueiros próximos.
A ConsellerÃa contesta que as augas residuais industriais procedentes do proceso de producción pasarán por un primeiro tratamento de decantación para a precipitación de sólidos (lodos) e as augas serán conducidas por un desaugadoiro de 430 m de lonxitude. A empresa ten a obriga de acudir a un xestor autorizado de lodos, non podendo depositalos en zonas onde poidan contaminar augas. Ademais o sistema de tratamento proposto para estas augas debe garantir o cumprimento dos obxectivos de calidade das augas establecidos na lexislación vixente.
Con respecto as augas procedentes da limpeza das instalacións, aclárase que se valorará o desvÃo destas á rede de saneamento municipal ao igual que se prevé para as augas fecais.
Nos informes non se reflicte afección ningunha co banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns, e aclárase que se modificará a ubicación do efluente de saÃda da planta segundo o acordo entre a empresa e a ConfrarÃa. A empresa levará a cabo un Programa de Vixilancia e Control e os resultados obtidos recolleranse nun informe anual que deberá ser remitido á Administración competente.
No BNG cremos imprescindible que se asegure que as augas de limpeza vaian á rede de saneamento e non ao mar, asà como que cómpre que a Administración sexa estricta e esixente no control das augas emitidas pola empresa para evitar calquera repercusión negativa sobre os bancos marisqueiros próximos.
