O meu equipo
Quero presentarvos ao meu equipo, o equipo que formará o próximo goberno municipal de Cambados. Un goberno municipal que traballará pola, mellora da calidade de vida das persoas, por dinamizar a actividade económica e o emprego, e por implantar a participación, a transparencia e o diálogo como unha nova forma de gobernar. Un equipo formado por homes e mulleres elixidas polo que son e polo que representan no noso concello, pola súa valía persoal. Entre as persoas de distintas idades, entre os diferentes sectores profesionais e nos diferentes lugares de Cambados, hai xente que comparte a nosa visión sobre o que debe ser a vida en sociedade e que sabe traballar polo ben común e facer cousas sen pedir nada a cambio, simplemente porque cre que iso será o mellor para todo a comunidade. Esta é a razón que fai que as sociedades avancen e sexan máis xustas. Este debe ser o criterio principal á hora de facer unha lista electoral. Pero ademais preséntovos un equipo con garantías para gobernar, con preparación, con capacidade de traballo e de xestión, preséntovos o próximo goberno municipal.
2- Mª JOSÉ CACABELOS DOMÍNGUEZ. San Tomé. 46 anos. Mariscadora. Presidenta de Guimatur, asociación que promove un novo concepto de turismo, a partir da realidade laboral do entorno. Guimatur está formada por mariscadoras que actúan de guías turísticas, ensinándolle aos que nos visitan como se traballa no Serrido, que tipos de mariscos se apañan; e explicándolles que repercusión ten esta actividade na economía de Cambados.
3- AMANCIO GONDAR COSTA . Castrelo. 39 anos. Licenciado en Psicoloxía. Libreiro. Vicepresidente da Asociación de Comerciantes de Cambados “Zona Centro”. Secretario da Agrupación de Libreiros de Pontevedra. Xunto con outros libreiros de Cambados, organiza continuas actividades culturais (presentacións de libros, exposicións, concursos escolares, homenaxes a escritores destacados, como a Manuel María e Neira Vilas…)
4- Mª CARMEN AGUÍN BEA. Cambados. 53 anos. Profesora de EXB no C.E.I.P. San Tomé. En colaboración cun grupo de mestres recopilou contos infantís populares, que teñen publicados. Participa activamente en actividades da Federación pola Cultura Mariña.
5- RAMÓN MARTÍNEZ ULLOA. Fefiñáns. 46 anos. Mariñeiro. Foi Vicepatrón Maior 1º, e actualmente é membro da Xunta Xeral da Confraría de Pescadores de Cambados e da directiva da Agrupación de Marisqueo a Flote. Seguindo a tradición familiar é amante da música e toca a gaita no grupo da Asociación Cultural Unha Grande Chea, desenvolvendo un importante labor de animación cultural en Cambados. É concelleiro do BNG na actual corporación municipal.
6- ANTONIO FERNÁNDEZ GARCÍA. Oubiña. 41 anos. Empregado. Membro da AVV de Oubiña, onde organiza actividades culturais e deportivas.
7- JOSÉ LUIS GONZÁLEZ ROMA. Corvillón. 32 anos. Carpinteiro. Foi compoñente do grupo de baile da Asociación Cultural de Corvillón.
8- LOURDES MAQUIEIRA CASAL. Vilariño. 27 anos. Empregada nunha fábrica de conserva. Presidenta da Agrupación Cultural-Musical “Clave de Sol”, de Vilariño, onde se creou un coro infantil, que está a actuar con éxito en distintos festivais e actos culturais. Promove e participa en accións sociais e culturais da parroquia de Vilariño.
9- ISABEL DAPORTA PADÍN. San Tomé. 43 anos Conductora de tren turístico. Presidenta da ANPA do Colexio de San Tomé.
10- XOSÉ XOÁN MARTÍNEZ COSTA. Cambados. 48 anos. Arquitecto. É un gran aficionado ao cicloturismo.
11- OSCAR PARDO PLANAS. Fefiñáns. 18 anos. Estudante de Enxeñería Química. Coordinador da revista dixital “Cambados tk”, que está a levar a cabo un interesantísimo labor de participación e debate entre a mocidade cambadesa.
12- JULIA BORRAGEIROS REY. Corvillón. 45 anos. Diplomada en Maxisterio. Ama de casa. Foi directiva da Asociación Cultural de Corvillón.
13- ROBERTO MARIÑO CORES. Oubiña. 36 anos. Carpinteiro. Directivo da AVV de Oubiña.
14- CARLOS GONZÁLEZ CANLE. Castrelo.42 anos. Encargado de empresa de construción.
15- OLGA GONZÁLEZ VILAS. Cambados. 49 anos. Diplomada en Maxisterio. Ama de casa. Creadora e directora do grupo de teatro “Caracol”, que naceu dunha iniciativa de pais e nais de alumnos dos colexios de Cambados, que decidiron representar para os seus fillos unha obra de teatro cada curso. É concelleira do BNG na actual corporación municipal.
16- XAQUÍN XESTEIRA LOSADA. Corvillón. 35 anos. Profesor de Música tradicional na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Membro do grupo Treixadura Gaiteiros. Deu clase de gaita en numerosos lugares da xeografía galega, impulsando o uso do noso máis tradicional instrumento.
17- MONTSERRAT PRADO CORES. Oubiña. 42 anos. Diplomada en Maxisterio, Licenciada en Historia. Actual Delegada Provincial en Pontevedra da Consellería de Innovación e Industria. Foi directiva da AVV e Mancomunidade de Montes da parroquia de Oubiña e concelleira de Cambados durante 14 anos. Pertence ao Consello Nacional do BNG.
suplentes
1- AVELINO ARAGUNDE DE LA TORRE. Fefiñáns. 62 anos. Xubilado.
2- ANA CHARLÍN GONZÁLEZ . A Modia. 36 anos. Empregada da Confraría de Pescadores “San Antonio”
3- Mª JOSÉ DÍAZ LÓPEZ. A.T.S. no Centro de Saúde de Cambados. 49 anos.
4- RICARDO LÓPEZ COSTA. vilariño. 42 anos. Empresario agrícola. Secretario da AVV “As Rans”, de Vilariño.
5.- MANUEL PILLADO SILVOSO. Fefiñáns. 57 anos. Empregado de caixa de aforros.
