Sobre min
Nacín en Noia (A Coruña) no 1962. Son veciño de Cambados desde o 1971, cando por motivos laborais os meus pais se trasladaron a vivir ao noso concello. Estou casado e teño unha filla e un fillo. Rematei a educación Primaria no Colexio Antonio Magariños e posteriormente cursei o Bacharelato no IES Ramón Cabanillas. Ademais xoguei ao fútbol en diversos equipos de Cambados. Son Licenciado en Bioloxía pola USC. Exerzo de profesor de Ensino Secundario desde 1990 na especialidade de Bioloxía, labor docente desenvolvida en diversos centros de ensino de Galiza ata que acadei o destino definitivo en Cambados no ano 1998. Din clase, no IES Ramón Cabanillas e actualmente traballo no IES Francisco Asorey. Entre o 2000 e o 2004 fun Xefe de Estudos de EPA (Ensinanza Permanente de Adultos) no Asorey e desde o 2004 son o Director.Durante uns anos compaxinei o labor docente co de Biólogo, realizando proxectos técnicos para empresas alimentarias relacionadas co sector do mar. O meu compromiso activo co medio ambiente levoume a formar parte como Socio colaborador do Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) desde o ano 1993, e no 1999 pasei a formar parte da Dirección do grupo da que actualmente son o Vicepresidente. Ademais coordinei e fun poñente en diversos cursos de temática medioambiental no Salnés. No desempeño do meu labor profesional considero fundamental que o ensino conte con materiais adaptados á realidade de Galiza, levándome esta preocupación a ser Autor de publicacións didácticas (destacando os libros de texto de Ciencias Naturais para 1º e 2º de ESO da Editorial Galaxia e Proxecto Didáctico “A Enseada de Umia - O Grove” de Candea). É ademais son autor de publicacións de divulgación medioambiental, entre elas: Serie dos “Espazos Naturais de Galiza”, “As Fervenzas de Galiza”, “Árbores de Galiza”, “As Montañas de Galiza”, “A Natureza” (todas elas na Editorial A Nosa Terra), A Enseada do Umia - O Grove (editado por Candea e o CES). Colaborei desde hai anos co BNG en labores de asesoramento ao respecto das necesidades medioambientais e educativas da comarca do Salnés e máis en concreto do concello de Cambados.

