“Viaje a La Toja”
Maio 29, 2008 12:22 pm Artigos
Cambre, 29 de maio de 2008.- É un día importante para o Concello. Temos Pleno Ordinario e, moitos son os asuntos que merecen reflexión e que debateremos á tardiña. Levo días traballando neles cos meus compañeiros do grupo municipal e, tiña pensado dedicarlles unhas notas. Pero algo me fixo cambiar de planes. Ademais, a información estivo estes días na prensa e se pode consultar no noso blog, www.bngcambre.org
Pois si, chegando a casa do traballo, onte á tarde, no panel luminoso de información municipal do Paraugas do Temple, encóntrome con esta frase: “VIAJE A LA TOJA…”, en letras ben grandes e refulxentes. Que si¡, que é certo¡, quedei impactado. Dalgunha maneira tiven un sentimento de rexuvenecemento, volvín por uns intres a aqueles tempos mozos nos que, “armados” de bote de pintura e brocha, percorriamos a comarca poñendo en orde a toponimia dos rótulos das estradas: Arteijo, Injertos, La Coruña, El Temple,… que co noso espírito “irredento” e ilusionado trocabamos á lingua propia.
Pero, hoxe, como se planta un “X” de dignidade a estes rótulos modernos e cibernéticos? Coido que non chega cun pouco de pintura e un moito de ilusión.
Galiza non se merece a estes incultos.
E aínda estamos no mes das letras…
Xabier Iglesias

Maio 30th, 2008 at 13:31
É certo,compañeiro,Galiza non se merece a estes incultos. E,despois do pleno de onte,podo decir que Cambre tampouco se merece a estes…nin aos outros. Tanto PP como EU-IU,deronn lectura a un discurso no que arremeteron duramente contra o alcalde e o seu equipo,para despois pedir perdón polo tono e chegar a un acordo que os deixou satisfeitos,conseguir o que parece ser a sua máxima aspiración,que lles digan que van falar con eles.Non sei se se chamalos só ignorantes.
Xuño 5th, 2008 at 12:10
Será que vostede fixo algo pola normalización lingüística mentres estivo no Concello deixando sempre de lado este aspeito ou acaso non viu os cartaces indicativos de Meijigo, Órdenes, etc? Sorprendeme moitas das cousas que aqui vexo publicadas porque fai vostede gala dunha hipocresía propria daqueles que están cegados polas ansias de poder.
PD: Ande que os do seu grupo municipal son moi listos…
Xuño 7th, 2008 at 18:58
Como todo na vida, é un problema de confianza e, sobre todo, de boa vista. A hipocresía e a as ansias de poder veas vostede, pero e que os rótulos de MEIJIGO e ORDENES, tamén. Que vista¡ Parabéns¡