Volvemos á normalidade
Maio 31, 2008 8:12 pm ArtigosCambre, 31 de maio de 2008.- Xa o comentei onte, á voz de : “levántase a sesión”, volta á normalidade. E tal cal, hoxe o Alcalde xoga ao Dominó nese trofeo montado por el e que pagamos todos e, a concelleira de Medioambiente aparece na prensa anunciando a semana “Ecocambre-08”. Por fin oposición está calada e, sobre todo os do bloque, que pesados¡
Sería para sorrir se non fora porque a situación é esperpéntica. Aparéntase normalidade cando todo está por facer, simúlase interese polo medioambiente cando acaban de tolerar graves atentados contra o noso patrimonio.
Mentres un busca o seis dobre para abrir partida, a poucos metros acaba de consumarse a tala dun bosque mixto que bordea o espazo natural do encoro de Cecebre –nada menos que Rede Natura-. E sen licenza, e con orde de paralización, pero da igual. Hoxe trátase de sumar menos que o contrario e gañar o campionato, de cerrar antes que os contrarios. Iso é o que importa. Gañar tempo, en fin, até o próximo mes.
Xabier Iglesias
Recoméndovos esta colaboración da miña compañeira do grupo municipal, Laura Fernández http://www.blogoteca.com/bngdecambre/index.php?cod=40348
