Por un concello saudábel

4:53 pm Artigos

Cambre, 17 de xuño de 2008.- Retomo as comunicacións cun dos asuntos que presentaremos ao Pleno Ordinario do vindeiro 26 de xuño. Trátase da proposta de creación do Consello Municipal de Deportes.

Onte fixemos pública esta iniciativa e, hoxe, ven recollida en varios medios de comunicación da comarca. Por iso, ao longo da mañá recibín varias chamadas de persoas vinculadas a actividade deportiva no noso concello. Mesmo dalgún empresario do sector. Agradezo sinceiramente estas comunicacións porque fixeron que centrara mellor a nosa proposta. Precisamente por que non formularon parabéns sen máis, senón porque querían saber exactamente en que consistía e porque expresaban as dúbidas sobre a viabilidade da idea. E non era por lles parecer mal a proposta, ao contrario, maís ben era porque consideraban como prioritario saber cal é o camiño que leva o Deporte en Cambre, cara onde imos.

Non podo máis que sintonizar con esa preocupación. Son consciente que o que se nos pide, máis aló dun modelo de xestión, dun organismo novo, é unha orientación das políticas deportivas. Que o que pensa e propón o BNG disto?

Porque, hoxe por xoxe, non se pode dicir que non exista promoción do deporte en Cambre, que si existe. Ou que non haxa infraestrutura deportiva, que tamén. Ou, mesmo, que non se apoien determinadas especialidades, que se fai.  O problema é que chegamos a un punto no que non se nota coerencia nas políticas deportivas, no que a inercia domina e as cousas se fan sen criterio. 

É necesario poñer en valor todo ese esforzo humano e económico e tirarlle máis rédito social. Necesitamos unha sociedade máis saudábel, para nós e para os nosos fillos, tamén para os nosos maiores e, un órganismo como o que propoñemos pode ser o instrumento adecuado.  Nel, podemos debatir, todas e todos os implicados o que e o como do deporte en Cambre. Podemos definir as liñas de actuación, podemos deseñar e perfilar os obxectivos, podemos opinar sobre a orientación e a xestión dos recursos.  Tamén, porque non, para que a práctica deportiva poda supoñer unha fonte de riqueza, ser o sustento dunha actividade económica importante.

Nesta liña irán as nosas argumentacións no debate político en Pleno. Agardo da receptividade do resto dos grupos e, sobre todo, que o goberno saiba aproveitar as boas ideas e poñelas en marcha. Neste, como en tantos outros temas, falta nos fai.

Xabier Iglesias

 Le a nota emitida polo BNG



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.