Trampas co “urbanismo” .

8:00 pm Artigos

Cambre, 18 de xuño de 2008.- Non hai mellor maneira de aplacar as críticas e os desencontros que meter aos discrepantes a compartir a xestión das cousas que critican. Máis ben,  facerlles crer que están a compartir a xestión. Na realidade trátase de lles facer perder o tempo con nimiedades e procedimentos, mentres os asuntos serios, as cousas que importan, van por outo lado.

Un exemplo: o Alcalde crea unha comisión informativa especial para a elaboración do PXOUM, só a reune cando desde a oposición nos poñemos “serios”. Cando a xunta, trae uns técnicos redactores a soltar rollos sen fin sobre legalismos e normativas. Cando se intenta ir ao concreto, ao grao, non pasamos de xeralidades e lugares comúns, e así…un ano despois (xa vai un ano), todo o que hai feito é o informe de impacto ambiental, por riba tivemos que corrixilo desde a oposición. Pois xa está ben¡

Pero, mentres, que ninguén se pense que o “urbanismo” está parado. O Alcalde se encarga de iniciar as tramitacións de planes sectoriais nos “solos aptos para urbanizar” pendentes. Separados da malla urbana, cun impacto medioambiental enorrme, cunhas propostas de densificación do territorio claramente inasumibeis polo crecemento de Cambre. E, o máis importante, sen nengún beneficio para os intereses xerais. Só contribuirá a densificar máis as estradas, a agravar os deficíts de prazas escolares e sanitarias e, a degradar máis o territorio.

Agardemos poder correxilo. Nós imos propoñelo.

Xabier Iglesias



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.