O futuro de Padrón decídese tamén en Madrid

Política Non hai comentarios

foto_voceiro_xerais.JPG

O BNG como forza política ten que estar presente en tódalas institucións onde se tomen decisións que afecten ao noso País. Entre as forzas políticas que van a conformar o Parlamento español, o BNG ten que contar cunha ampla representación para por en práctica as políticas que dende Galiza necesitamos para acadar o noso desenrolo en tódolos eidos. A presenza do BNG no Parlamento de Madrid é, polo tanto, imprescindible. Isto é así porque os deputados electos dentro das listas do PP ou do PSOE non conforman unha verdadeira representación galega, xa que as súas opinións dependen da decisión dos seus partidos asentados en Madrid e estes inclínanse sistematicamente en función dos seus intereses, tendo en conta a forza económica e o número de votantes, de aí o apoio, orzamentariamente descarado, cara a zonas como Cataluña, Andalucía, etc… Ao longo da historia temos sobrados exemplos deste feito, onde Galiza sempre queda para despois.

 

Estas políticas teñen que ser asumidas polos deputados galegos destas formacións políticas, atendendo, aínda que non sexa máis, á disciplina de voto. Votando ao PP ou ao PSOE estariámoslle dando aos partidos centralistas máis poder para usar en contra nosa, é dicir, estaríamos votando contra nós mesmos. Pola contra, votar BNG é votar á favor do noso País.

 

Pensando nos asuntos que atinxen ao noso concello e que dependen do goberno de Madrid, xa estaría máis que xustificado o voto ao BNG simplemente centrándose nas cuestións que seguen:

  • O tren de cercanías. Este medio de comunicación é vital para o noso concello, foi abandonado e ten que ser recuperado como elemento vital no plano do desenrolo económico, tanto para o transporte de persoas, como para o de mercadorías.
  • A realización da variante de Padrón. O crecemento deste pobo e o seu ordenamento dependen crucialmente da resolución deste problema, en tanto que supón:

1. Aforro dos problemas do tráfico

2. Facilidade para visitar Padrón sen agobios

3. Converter en rúa a N-550 ao seu paso polo centro da vila

4. Espazo para o aparcamento soterrado no percorrido que circunda ó casco antigo, que permitiría facer un aparcamento por tempo limitado gratuíto

  • Liberalización da peaxe da autoestrada Santiago-Padrón ou realizar unha autovía que enlace coas outras en construción: Santiago-Brión e Padrón-Barbanza. Hai que poñer en valor a situación estratéxica de Padrón como centro do eixo das comunicacións entre os polos económicos máis importantes de Galiza: A Coruña-Vigo-Ría de Arousa.

Por todo iso o BNG necesita acadar unha importante representación no Parlamento español. Temos que estar alí con forza suficiente para sermos necesarios á hora de decidir e apoiar o que máis lle convén a Galiza.

Acto público con Francisco Jorquera e Elvira Cienfuegos

Actos Non hai comentarios

Os candidatos número 1 e 2 do BNG pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera e Elvira Cienfuegos, expuxeron en Padrón os compromisos do BNG de cara ás eleccións Xerais do 16 de marzo. No acto interviu tamén o concelleiro de Padrón, Xoán Santaló, que falou daquelas cuestións que poñen de manifesto que o futuro de Padrón tamén se decide en Madrid.

Francisco Jorquera

Fernando Blanco visitou o mercado dominical

Visitas Non hai comentarios

Recibimos en Padrón a visita de Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que nos axudou a repartir propaganda electoral no mercado dominical, ademais de falar cos viandantes e vendedores, aos que animou a votar a Xoán Santaló nas próximas eleccións.

praza1.JPG

Falamos de vivenda

Actos Non hai comentarios

Este mércores día 16 ás 21 horas:

Mitin co delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, no Instituto Camilo José Cela de Padrón.

Interveñen:

  • Xoán Carlos Bascuas (Delegado Provincial de Vivenda)
  • Anxo Vidal (Responsable Local do BNG de Padrón)
  • Pablo Casal (Membro da lista)
  • Xoán Santaló (Candidato a alcalde)

Falamos do Banco de Terras

Actos Non hai comentarios

Este venres día 11 no recinto feiral de Herbón, ás 21:00 horas, falamos da Lei de Conservación da Superficie Agraria Útil e do Banco de Terras de Galiza con Xosé Carballido Presas, Director Xeral de Estructuras e Infraestructuras Agrarias da Consellaría de Medio Rural.

 

 

carballido1.jpg
Intervirán tamén:

  • Xoán Santaló (candidato á alcaldía)
  • Daniel Alexandre Vecino (integrante da candidatura)
  • Maite Mosquera Noya (integrante da candidatura)

Falamos de xestión urbanísica e industria

Actos Non hai comentarios

 

barcia.jpg

 

O xoves 10 estará en Padrón Luís Barcia, Delegado da Consellería de Industria e Innovación da Xunta de Galicia e Director Xeral de Xestur. A visita comerazá ás 19:00 horas no polígono de Pazos e ás 20:30 horas reunirase cos empresarios de Padrón no local da asociación de empresarios.

 

No mesmo día, ás 24:00 horas temos pegada de cartaces para dar comezo de xeito oficial á campaña eleitoral.

Presentación da candidatura de Padrón

Política Non hai comentarios

Este venres 4 de maio presentase a candidatura do BNG de Padrón no restaurante Gaucho Rois, ás 21:00 horas.

O acto contará coa intervención de:

  • Encarna Otero (Directora Xeral de Patrimonio)
  • Carlos Aymerich (Voceiro do grupo parlamentar do BNG no Parlamento nacional)
  • Anxo Vidal (Secretario xeral do BNG de Padrón)
  • Xoán Santaló (Candidato á alcaldía de Padrón)

Logo do acto, haberá unha cea para todos e todas os/as que queirades asistir (militantes, simpatizantes, amig@s…)