Programa

Premendo eiquí abaixo poderedes descargar o noso programa completo:

Programa do BNG de Padrón 2007

E se non tedes tempo, ou non vos apetece, velaí tedes un resumo do noso programa, ó que chamamos:

40 Puntos de goberno do BNG de Padrón.

AS NOSAS PRIORIDADES SON: 

- Ordenar os espazos industriais e traballar a prol dun gran polígono comarcal.
- Potenciar Padrón como referente cultural galego e universal.
- Construción de vivenda protexida.
- Creación dun aparcadoiro público na zonas das lágrimas.
- Saneamento integral nas parroquias e mellora dos accesos entre estas e o núcleo de Padrón.
- Impulsar a iniciativa do Centro Comercial Aberto e fomentar a innovación no comercio.
 
Infraestruturas e desenvolvemento
- Crear un aparcadoiro público na zona das lágrimas.
- Executar a estrada de circunvalación.
- Coordinar e regulamentar o solo industrial.
- Crear un parque industrial de ámbito comarcal.
- Reservar solo para a instalación de actividades industriais e de servizos nas parroquias.
- Realizar xestións para dotar a Herbón dun sistema de regadío.
- Poñer en marcha un plano enerxético que atenda ás necesidades de iluminación das parroquias.
- Organizar un sistema de transportes comarcal.

Urbanismo e recuperación do patrimonio histórico
- Garantir a transparencia, a publicación en internet do PXOM e a participación cidadá.
- Canalizar as augas pluviais.
- Retirar o cabreado das fachadas.
- Recuperar a antiga estrada Muros-Boimorto.
- Valorizar o patrimonio cultural recuperable con potencial turístico.
- Pór en marcha un plan de axudas para a restauración de edificios singulares ou daqueles que presenten características propias da arquitectura tradicional.
- Recuperar o rueiro tradicional.
- Mellorar o estado do xardín histórico-artístico e recuperar o seu peche vexetal tradicional.

Calidade de vida e medio ambiente
- Integrar o Concello no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en atención, fundamentalmente, á gardería e á asistencia aos maiores.
- Fomentar os deportes creando infraestruturas e cun amplo programa destinado a todos os sectores de idade.
- Asinar un convenio coa Consellería de Vivenda e Solo para a construción de vivenda protexida.
- Ampliar o Centro de Saúde e a súa oferta, reforzando a súa operatividade comarcal.
- Sanear de xeito integral os ríos Sar e Ulla.
- Fomentar a agricultura ecolóxica, buscando saídas alternativas para os que viven do agro.
- Integrar Padrón á planta de lixo de Lousame.

Promoción turística
- Crear unha páxina web.
- Dinamizar o servizo de información turística.
- Adecuar os programas de festexos ás potencialidades turísticas do concello.
- Elaborar e publicar unha completa guía de Padrón que sirva de referente e presentación do concello.
- Potenciar Padrón como referente cultural galego e universal.
- Deseñar e realizar unha rede de roteiros de sendeirismo.

Educación e cultura
- Deseñar unha oferta educativa comarcal para dotar ao concello de novas ofertas: EPA, Ciclo de TIC, ensino de idiomas…
- Crear unha escola taller permanente.
- Acadar o renacemento do Consello Escolar municipal.
- Potenciar e mellorar a biblioteca municipal, ampliando o seu servizo ás parroquias, e crear unha hemeroteca.
- Promover as diferentes formas de cultura popular: regueifeiros, gaiteiros, folclore…
- Ampliar os usos dos edificios emblemáticos do Concello mediante acordos coas institucións nas que recae a titularidade dos mesmos: convento de Herbón, convento do Carme…
- Crear un centro de interpretación da realidade historia, xeográfica e cultural do concello.
 
Mocidade e igualdade
- Constituír o consello local da mocidade.
- Crear unha concellaría da igualdade.
- Pór a disposición da xente nova sistemas de bonos para o transporte público e xestionarlles un servizo de “noitebus”.
- Facilitar un local para as actividades e reunións da xuventude.