Cen anos de ‘El Progreso’

Uncategorized Non hai comentarios

El Progreso cumpre hoxe un século de vida. Penso que é un feito relevante e quero felicitar de maneira sincera ao xornal e aos seus traballadores. E quero, como agasallo, transcribirvos a continuación o discurso que en nome do Bloque Nacionalista Galego lin o pasado mes de xuño na sesión plenaria na que lle foi concedida a El Progreso a Medalla de Ouro da cidade de Lugo. Moitas felicidades e 100 anos máis de vida.

Leer o resto …

Os gastos municipais en época de crise económica

Cousas do Concello, Política Non hai comentarios

O anuncio feito esta semana polo alcalde de Lugo, como medida para paliar a actual crise económica, de non subirlle o soldo aos seus concelleiros o vindeiro ano (neste momento o salario do alcalde de Lugo é de 4.590 euros ao mes por 14 pagas e o dos seus concelleiros de 3.411 euros ao mes) é moi loable dende o punto de vista persoal pero de moi pouca incidencia dende o punto de vista económico para as arcas municipais. Trátase, efectivamente, da primeira medida a tomar en época de vacas fracas, pero ten unha intención máis propagandística que efectiva e pretende tapar seguramente moitos outros despilfarros de fondos públicos dos que Orozco non está disposto a prescindir.

Preténdese a través desta conxelación salarial aforrar uns 40.000 euros, que é ben pouco comparado con moitos dos gastos sen sentido feitos no que vai de ano polo Goberno municipal do PSOE. Estes son só algúns exemplos: fotos cociñando na Praza (30.000 euros), viaxe a China (20.000 euros), excursión ao gran premio de Fórmula 1 en Montmeló (11.000 euros), dous directores xerais (120.000 euros).

Así pois, no BNG queremos facerlle a Orozco unha proposta para reducir gastos moito máis ambiciosa que a anunciada porque, por que conformarnos con reducir 40.000 euros podendo reducir 220.000?

Leer o resto …

Os cambios no Goberno de Orozco

Cousas do Concello Non hai comentarios

Cun ano transcorrido dende as últimas eleccións municipais afrontamos neste momento na cidade de Lugo a primeira crise de goberno. Pero neste caso a utilización do termo vai moito máis aló da definición que na tradición democrática se dá de crise de goberno para referirse a un periodo de cambio dentro dun Executivo sen que medien eleccións. Porque semella claro que a remodelación anunciada esta semana no Goberno municipal como consecuencia da marcha de Liñares deixou ao descuberto unha verdadeira e preocupante crise de goberno de moito maior calado e que merece a pena analizar.

Leer o resto …

‘O Cantiño’, de novo na rúa

Política Non hai comentarios

No Bloque Nacionalista Galego de Lugo vimos de recuperar O Cantiño, a publicación que xa editamos nunha etapa anterior, concretamente de 1995 a 2003. O novo formato, a toda cor, foi presentado o pasado martes nun acto público na Galería Sargadelos no que a compañeira Paz Abraira e o responsable local do BNG en Lugo, Xosé Lois Devesa, fixeron unha análise a situación política actual, tanto na cidade de Lugo como no panorama galego, coa perspectiva das vindeiras eleccións autonómicas do mes de marzo.

Leer o resto …

Galescolas, por que non en Lugo?

Política 1 Comentario

Coa creación do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, o Goberno da Xunta está a levar a cabo un ambicioso proxecto en materia de servizos sociais en Galiza baseado na colaboración entre administracións. Esta fórmula está posibilitando a creación dunha ampla rede de centros de día e escolas infantís ao longo da nosa xeografía. Lugo, incomprensiblemente, é a única das cidades galegas que non está no Consorcio, polo capricho do seu alcalde, lastrando gravemente os servizos sociais da cidade.

Leer o resto …

Willy Fog e a volta ao mundo

Cousas do Concello Non hai comentarios

Leer o resto …

O tráfico na Ro(to)nda da Muralla

A cidade 2 Comentarios

Hai un tempo alguén me dixo que na provincia de Lugo estaban as dúas rotondas máis grandes de Europa: a de Viveiro, que ten a ría no medio, e a de Lugo, que ten unha muralla romana de máis de dous quilómetros de longo a modo de escultura central. E tiña razón, porque hoxe a Ronda é unha auténtica rotonda de dous carís arredor da muralla.

Temos un problema real e serio nesta cidade coa circulación na Ronda da Muralla. Xa non só pola gran densidade de tráfico que soporta, senón polas velocidades que nela se alcanzan. Non quero ser alarmista nin catastrofista, pero acabamos de ver esta mesma fin de semana tres novos episodios de accidentes que ben puideron ter consecuencias graves contra a seguridade dos viandantes en zonas onde xa se teñen producido varias mortes e atropelos.

Leer o resto …

O seleccionador Orozco e o seu 11 titular

Cousas do Concello 1 Comentario

Onte vendo o partido pola noite pensei que tamén Orozco está ante un dilema, coma o entrenador da selección española diante da Eurocopa. Luís Aragonés non atopa substituto para Raúl e no Concello pasa algo parecido. Está Orozco e os seus once, pero agora parece que non hai quen meta goles no equipo. O dianteiro titular, Liñares, marcha (encantado) cunha mellor oferta. É o que acontece habitualmente cando un equipo baixa a segunda, que todos os xogadores se buscan a vida. Non é que a Confederación Hidrográfica sexa un gran clube, pero ten a permanencia asegurada.

Leer o resto …

Os animados Plenos de Lugo

Cousas do Concello Non hai comentarios

Os Plenos volven ser o centro da vida política en Lugo. Despois de catro anos de soneca, o Salón de Plenos espertou con forza coa perda da maioría absoluta do PSOE convertido agora de novo no foro de debate e discusión dos asuntos de interese na cidade. Onte no Pleno volveu quedar patente. Ducias de veciños (da Ponte, de Esperante, de Soñar e membros de Adega) encheron o Salón de Plenos, mesmo houbo que habilitar o contiguo Salón de Comisións para que poideran seguir o debate. Os conflitos multiplícanselle a un alcalde débil e en minoría que non fai máis que botar, como pode, balóns fóra. Esta é a crónica do Pleno de onte visto dende os escanos que ocupa o BNG:

Leer o resto …

Dominicos, franciscanos e xesuítas

Uncategorized 1 Comentario

Levanteime esta mañá pensando en que seguramente un bo simil para describir a actual situación política no Concello de Lugo e a actitude e comportamento de cada unha das tres forzas políticas que temos representación no Concello era botar man dos meus recordos de nenez. Eu que me criei co meu tio cura en Candai e lle escoitaba sempre falar das distintas ordes dentro da Igrexa tratarei de vos identificar aos dominicos, aos franciscanos e aos xesuítas no Concello.

Leer o resto …

« Entradas anteriores