Enquisa-trampa sobre o galego

Galiza, Política, Sociedade Non hai comentarios

A Xunta de Galiza do señor Feijóo comezou a enviar aos colexios a enquisa que en teoría ten como propósito inquirir a pais e nais sobre en que lingua prefiren que lles sexa impartido o ensino aos seus fillos e fillas. Estamos perante unha auténtica consulta-trampa coa que o Goberno do señor Feijóo pretende dotarse dunha coartada para xustificar unha política contra o galego tracexada xa de antemán.

Leer o resto …

Europa

Galiza, Política Non hai comentarios

Elexir aos representantes mediante o voto é un dos principais dereitos cidadáns. O próximo día 7 de xuño estaremos novamente diante dunha cita coas urnas para escoller, desta volta, aos representantes do pobo galego no Parlamento Europeo. Non son pois, estas eleccións, as primarias dunhas eleccións xerais nin un referendo sobre a política do Goberno de Zapatero ou a oposición de Rajoy, senón que se trata de validar a oportunidade de que Galiza sexa de novo oída en Europa.

Leer o resto …

Orozco en Washington

A cidade, Cousas do Concello Non hai comentarios

Volveu o alcalde de Lugo dunha viaxe dunha semana a Washington, imitando aos grandes mandatarios mundiais que asisten a grandes cumios internacionais tipo G-20. Chama cando menos a atención aos lugueses e luguesas esta nova excursión diplomática do alcalde de Lugo, que nos últimos anos afeccionouse sobre maneira a ampliar fronteiras do seu negociado fóra do termo municipal. Xa estivo, o noso alcalde viaxeiro, en Santo Domingo, na China, en Arxentina e agora en Washington.

Leer o resto …

Catro millóns de parados no 1º de Maio

A cidade, Política, Sociedade Non hai comentarios

Esta véspera do 1 de maio é unha das máis duras que lle toca vivir a miles de familias ás que a recesión económica está castigando de forma cruel. A capacidade de destruír empregos da nosa economía fai que esta crise non sexa comparable con ningunha outra que teñamos vivido.

A escombreira na que se convertiron as finanzas internacionais e a especulación que disparou o prezo da vivenda acabaron dando o asombroso froito de máis de 4 millóns de parados no Estado. Castigo inmerecido para moitos autónomos e traballadores que, sen ser culpables da crise, si que a sufren de forma virulenta.

Leer o resto …

Preguntas para o señor Feijóo

Galiza, Política Non hai comentarios

Hoxe será investido novo presidente da Xunta o señor Feijóo. Volve pois a dereita a gobernar este país e máis alá de que isto supoña, ao meu xuizo, ver truncado o camiño de transformación e modernización do país iniciado polo BNG no anterior Goberno, con medidas verdadeiramente valentes e positivas en moitos eidos, como o do medio rural, o da vivenda, o da política industrial e enerxética ou o dos servizos sociais, supón dende logo unha razón para estar vixiantes, atentos a que o novo rumbo do Goberno da Xunta non supoña unha volta atrás máis ou menos encuberta.

Leer o resto …

Os alcaldes nas procesións de Semana Santa

A cidade, Sociedade Non hai comentarios

Estamos ás portas da Semana Santa e é este sempre un bo momento para reflexionar sobre o papel outorgado á relixión na nosa sociedade e sobre os privilexios dos que desfruta a Igrexa Católica no Estado español. E penso que é ademais oportuno facelo despois do acontecido nas últimas semanas en cuestións como o aborto, por canto tiveron de intromisión clara da Igrexa en asuntos que non lle competen como é a promulgación de leis que regulan dereitos das persoas nun Estado, polo menos formalmente, laico.

Leer o resto …

Absentismo na Policía Local

A cidade, Cousas do Concello Non hai comentarios

Hai unha guerra aberta neste momento entre o Partido Popular e o Goberno de Orozco a conta do conflito da Policía Local. Esta guerra política non aporta nada positivo nin resolve o problema da Policía Local. Por iso o BNG quixo manterse á marxe en todo este tempo, mais a nosa postura é ben clara:

Leer o resto …

O aborto, un dereito das mulleres

Política, Sociedade Non hai comentarios

É o aborto un delito? O Bloque Nacionalista Galego sempre reclamou a despenalización do aborto e a aprobación dunha lei de prazos que o regule con claridade e sen ambaxes e outorgue á muller o dereiro á interrupción voluntaria do seu embarazo. Na anterior lexislatura o BNG xa presentou iniciativas a prol do recoñecemento do dereito ao aborto libre e gratuito na sanidade pública porque o aborto é precisamente iso, un dereito, o dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo. E un dereito non pode estar penado.

Leer o resto …

As reflexións necesarias

Galiza, Política Non hai comentarios

Á vista dos resultados das eleccións do domingo, imponse unha reflexión serea que nos axude a entender os motivos que levaron a que Galiza votase polo cambio de goberno dunha maneira tan notoria. O BNG perdeu as eleccións, constatando unha doenza crónica que levamos sufrindo desde hai anos e que nos levou a ir perdendo votos nas sucesivas eleccións, especialmente nas cidades.

Diagnosticar correctamente os males que nos afectan é a mellor maneira de asumir a principal tarefa para a que se constituiu o BNG: servir aos intereses dos galegos e de Galiza. Se o noso traballo non é respaldado nas eleccións, algo falla; de aí a importancia de analizar correctamente os resultados e os seus motivos, para aplicar o tratamento adecuado.

Leer o resto …

1 de marzo

Galiza, Política Non hai comentarios

O 1 de marzo todos os galegos e galegas temos a oportunidade de tomar a decisión, posiblemente, de máis calado social en catro anos: decidiremos quen e cómo queremos que se goberne a nosa terra, Galicia. Todas as ideoloxías e as formas de entender a política están representadas. Só falta tomar a decisión.

Leer o resto …

« Entradas anteriores