Dominicos, franciscanos e xesuÃtas
Maio 29, 2008 5:36 pm UncategorizedLevanteime esta mañá pensando en que seguramente un bo simil para describir a actual situación polÃtica no Concello de Lugo e a actitude e comportamento de cada unha das tres forzas polÃticas que temos representación no Concello era botar man dos meus recordos de nenez. Eu que me criei co meu tio cura en Candai e lle escoitaba sempre falar das distintas ordes dentro da Igrexa tratarei de vos identificar aos dominicos, aos franciscanos e aos xesuÃtas no Concello.
DefinÃa o meu tÃo aos dominicos como unha orde impulsiva, irascible e belixerante. De feito, as Cruzadas foron cousa dos dominicos. AsÃ, como un dominico irascible, é como definirÃa eu a Orozco. Non hai máis que ver as súas cruzadas contra a Xunta (galescolas, Consorcio Galego de Servizos Sociais, Normas do Hábitat …). Os franciscanos eran todo o contrario: submisión e recollemento. E como un franciscano paciente e resignado é como vexo a JoaquÃn GarcÃa DÃez, queixoso xa do seu pacto con Orozco mais pouco decidido a rachar coa orde establecida. Alegres e reivindicativos eran os xesuÃtas; coido que nos pega ben aos do BNG.
Claro que esta é só unha maneira de falar, unha sorte de parábola ou simple sÃmil didáctico; non é intención miña, dende logo, que as ordes relixiosas ostenten o poder, como acontecÃa noutro tempo. De feito, este martes o BNG presentaba unha proposición non de lei no Congreso dos Deputados que era rexeitada polo PSOE e o BNG en Madrid na que se instaba ao Goberno de Zapatero a revisar e modificar os acordos subscritos coa Santa Sede en 1976 e 1979 e que outorgaron, pese á suposta laicidade do Estado, unha situación de privilexio á Igrexa Católica no entramado institucional que se mantén a dÃa de hoxe. Dende o respecto á confesionalidade relixiosa individual de cada quen, son dos que pensa que a aconfesioalidade do Estado pasa pola separación clara e definitiva entre Igrexa e Institucións, máis isto non se logrará se non se revisa o Concordato asinado no seu dÃa coa Santa Sede.
Isto no BNG témolo claro. Tanto como o PP ten claro o contrario. E o PSOE, que di? Pois nunha actitude moi propia dos curas (segundo dà a xente), predica unha cousa e fai a contraria. Zapatero centrou boa parte da súa última campaña electoral en confrontar coa Igrexa (aÃnda lembramos aqueles cruces de declaracións cos bispos). Penso que con dous obxectivos: diferenciarse do PP e aglutinar o voto da esquerda. Pero á hora da verdade que acontece? Pois que o PSOE, ao igual que o PP, rexeita esta proposición do BNG que Ãa na liña de deslindar definitivamente Igrexa de Estado.Â
AÃnda máis, a semana pasada estivo en Lugo o insigne embaixador de España diante da Santa Sede. Pero lonxe de vir defender a laicidade do Estado, como é a súa obriga, Paco Vázquez veu a facer campaña en favor da Igrexa, a pedirlles aos lucenses que marquen na súa Declaración da Renda a casiña da Igrexa. Penso que é inaceptable vindo dun representante público. Porque máis parecÃa Paco Vázquez o embaixador do Vaticano en España, o emisario económico do papa Ratzinger pasando o cepillo en Lugo, que un diplomático independente e abandeirado da neutralidade relixiosa do Estado, como é, polo seu cargo, a súa obriga e cometido. Â

Maio 29th, 2008 at 11:42 pm
Dende logo atinou o concelleiro de pleno no contido do seu artigo. Nembargantes engadirÃa outro adxectivo non recollido no texto e do cal fan moito uso os chamados “socialistas” (eu dirÃa sociolistos): PREPOTENCIA.
Un saúdo e ánimo Xosé Anxo.