Os animados Plenos de Lugo
Xuño 3, 2008 2:22 pm Cousas do ConcelloOs Plenos volven ser o centro da vida polÃtica en Lugo. Despois de catro anos de soneca, o Salón de Plenos espertou con forza coa perda da maiorÃa absoluta do PSOE convertido agora de novo no foro de debate e discusión dos asuntos de interese na cidade. Onte no Pleno volveu quedar patente. Ducias de veciños (da Ponte, de Esperante, de Soñar e membros de Adega) encheron o Salón de Plenos, mesmo houbo que habilitar o contiguo Salón de Comisións para que poideran seguir o debate. Os conflitos multiplÃcanselle a un alcalde débil e en minorÃa que non fai máis que botar, como pode, balóns fóra. Esta é a crónica do Pleno de onte visto dende os escanos que ocupa o BNG:
O Pleno comezou puntual (celébrase o primeiro luns de cada mes ás cinco da tarde) cos pitidos das traballadoras da limpeza pedindo a demisión de Orozco. Xa parece ser unha costume. En plenos anteriores foron os policÃas locais os que se manifestaron. Desta volta tomaron o relevo as limpadoras. E mentras isto acontecÃa fóra, diante do Concello, medio cento de veciños da Ponte (que tamén pediron a demisión de Orozco hai semanas) escoitaban sentados nas bancadas do público do Salón as explicacións en relación ao conflito das vivendas sociais do barrio. Alguén me comentaba o outro dÃa que a este alcalde en minorÃa médranlle os ananos, e visto o visto, a manifestación por dÃa, pode que teña razón.
Despois tocou o turno dos veciños das parroquias de Esperante, Soñar e Piugos, apoiados por membros da asociación ecoloxista Adega. Acudiron ao Pleno porque habÃa unha iniciativa instanto ao Ministerio de Fomento a variar o enlace da autovÃa A-54 previsto en Esperante, e que vai ter unha importante afección social e ambiental na zona. Orozco non se quixo mollar e a moción dos veciños saÃu adiante cos votos do BNG e do PP. Foi unha mostra máis dun alcalde que non dá a cara diante dos problemas, que deixa sos aos veciños e que ten medo de molestar ao Goberno amigo de Madrid.Â
Ao final aprobáronse dúas mocións do BNG, esta para variar o enlace da A-54 en Esperante e outra na que pediamos a modificación do sistema de estacionamento ORA na cidade unha concesión que quedou obsoleta logo de 17 anos en vigor e que caduca o vindeiro dÃa 1 de agosto.
A través do Pleno o BNG está a levar a iniciativa en moitos temas fronte a un Goberno parado e inoperante. Pero vemos nos últimos meses como estes acordos adoptados por maiorÃa no Pleno non son logo executados polo Goberno municipal, incumprindo unha das máximas do sistema democrático, a do respecto ás decisións adoptadas pola maiorÃa. Orozco demostra con esta actitude unha falta de respecto ao Pleno como órgano de representación da vontade popular a través dos seus representantes. É unha falta de respecto, polo tanto, aos cidadáns de Lugo. Xa acululamos nestes meses varios exemplos de incumprimento de acordos plenarios, quizais o máis claro o da elección de pedáneos. É a maneira sui xéneris que ten Orozco de entender o resultado das últimas eleccións municipais.
