O seleccionador Orozco e o seu 11 titular

10:00 am Cousas do Concello

Onte vendo o partido pola noite pensei que tamén Orozco está ante un dilema, coma o entrenador da selección española diante da Eurocopa. Luís Aragonés non atopa substituto para Raúl e no Concello pasa algo parecido. Está Orozco e os seus once, pero agora parece que non hai quen meta goles no equipo. O dianteiro titular, Liñares, marcha (encantado) cunha mellor oferta. É o que acontece habitualmente cando un equipo baixa a segunda, que todos os xogadores se buscan a vida. Non é que a Confederación Hidrográfica sexa un gran clube, pero ten a permanencia asegurada.

Este outro equipo, o do Concello, que hai só un ano xogaba a Champions, anda agora perdido na parte baixa da táboa. A verdade é que xoga sen coordenación, cada un por libre, non hai quen corra e tampouco xogadores de calidade. E o peor é que no banco dos reservas Orozco tampouco ten grandes fichaxes (nos últimos tempos fala de dar entrada no once titular de Rosana Rielo, unha rapaza da canteira). Por iso, consciente das limitacións do seu once, anda ultimamente resignado a tirar adiante, ata final de tempada, con este equipo modesto.

Todo o contrario que na tempada pasada. Daquela Orozco tiña ademais de a Liñares a outro dianteiro tipo Beckham, moi mediático. Porque o galáctico de Besteiro correr non corría moito, pero tiña boa planta e lucía nas fotos.

Pero agora xa non quedan máis que xogadores coxos no equipo. Coma aquel do programa dos Tonechos da semana pasada. Saía o adestrador anunciándolle á prensa unha gran fichaxe e dicía que despois de facerlle ao novo xogador un estudo médico detallado (resonancia, tag, electrocardiograma…) na Sanidade Pública decidiron mandalo a Houston, onde lle descubriron que lle faltaba unha perna. “Cal lle falta, a dereita ou a esquerda?”, preguntaba un xornalista. “Non o sabemos aínda, está por diagnosticar. Temos que facerlle aínda máis probas”, contestaba o entrenador.

Pois o mesmo pasa no Concello de Lugo. Está claro que con este equipo de Orozco non imos pasar de cuartos.

 

(Foto: Besteiro ‘Beckham’ nunha imaxe da campaña electoral das municipais do ano pasado)



Un comentario

  1. Arco da Vella Di:

    Unha vez máis acertache no teu comentario. O simil futbolístico ven que nin pintado para esta equipa de goberno que ten montada o PSOE no Concello. Vaia desfeita: nin física nin tacticamente teñen capacidade para a reacción.

    Agora que Rafa Guerrero (o xuíz de liña) retirouse podían fichalo para dicir:

    Rafa: “¡Penalti e moción!”.

    Orozco: “¡Rafa, non me fodas! “¡Me cago en mi madre!”, ¿moción de quén?”.

    Un saúdo.

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.