O tráfico na Ro(to)nda da Muralla
Xuño 11, 2008 10:00 am A cidadeHai un tempo alguén me dixo que na provincia de Lugo estaban as dúas rotondas máis grandes de Europa: a de Viveiro, que ten a rÃa no medio, e a de Lugo, que ten unha muralla romana de máis de dous quilómetros de longo a modo de escultura central. E tiña razón, porque hoxe a Ronda é unha auténtica rotonda de dous carÃs arredor da muralla.
Temos un problema real e serio nesta cidade coa circulación na Ronda da Muralla. Xa non só pola gran densidade de tráfico que soporta, senón polas velocidades que nela se alcanzan. Non quero ser alarmista nin catastrofista, pero acabamos de ver esta mesma fin de semana tres novos episodios de accidentes que ben puideron ter consecuencias graves contra a seguridade dos viandantes en zonas onde xa se teñen producido varias mortes e atropelos.
Dende a responsabilidade de quen goberna faise necesario tomar medidas. Desta volta non pasou nada, pero non se pode deixar en mans da fortuna a seguridade dos cidadáns. Cando hai uns meses tivera lugar outro atropelo na Ronda, os expertos reunidos na Comisión de Tráfico non aconsellaron a colocación nin de bandas rugosas nin de radares fixos co argumento de que dificultarÃan o tráfico. Semella unha contradición se temos en conta que o obxectivo a medio prazo é sacar o tráfico da Ronda, ofrecendo itinerarios alternativos que permitan reducir a circulación no centro. Por iso, no BNG defendemos o control da velocidade na Ronda a través da vixiancia permanente por parte da PolicÃa Local (que para iso está) e da instalación de catro radares de nova modalidade, radares de tramo cun alcance aproximando de 500 metros, o que nos permitirÃa ter perfectamente controlado o exceso de velocidade en toda a Ronda da Muralla. O que non serve, desde logo, é non facer nada, ou incluso favorecer a circulación de vehÃculos, en detrimento dos peóns, nunha vÃa na que o obxectivo a medio prazo é precisamente eliminar os coches.
Mais o que acontece cada fin de semana na Ronda da Muralla, sen que o Goberno municipal tome ningunha medida, non é senón outro episodio máis da desidia á que nos ten acostumados este equipo de Goberno en todo o relativo ao tráfico nesta cidade, convertido nun caos constante nos últimos anos. Non hai máis que mirar en que está convertido o casco histórico ultimamente, nun estacionamento permanente en superficie, cando a lóxica di todo o contrario, que dentro dun recinto histórico Patrimonio da Humanidade non deberÃan entrar os coches máis que para o imprescindible. Hoxe, sen embargo, debido á permisividade deste Goberno, o retroceso peonil é evidente e o casco histórico está de novo, como nos anos 70, tomado polos coches.
E que dicir do transporte público, sumido nun deterioro evidente de puntualidade e frecuencia que o levou a perder desde que o BNG deixou esa responsabilidade no Goberno bipartito o 10% dos seus usuarios. Consecuencia de que este Goberno actual non coida o bus urbano, cando a súa potenciación é ademais o único xeito posible de reducir o impacto do tráfico na cidade. Por iso en Lugo non temos máis carrÃs bus, nin rondas peonÃs, senón rotondas viarias.

Xuño 12th, 2008 at 7:46 pm
Pois eche ben raro que o noso alcalde non teña feito algo
Bueno, facer, facer, non pero falar, falar, seguro que si e coma sempre cumprindo o prometido
Exemplo:
No seu encontro dixital cos lucenses, si, home, si eses encontros dixitais onde Monseñor imparte o seu catecismo ós lucenses que lle preguntan polo divino e polo humano, alá polo ano do señor do 2005, polo mes de febreiro, un incauto alcumado “RB” lle pregunta as 18:24 horas se está previsto poñer bandas rugosas en Ramòn Ferreiro e na Ronda da Muralla
Como non podia ser menos a resposta de Monseñor e que si se colocarán esas bandas.
Pasou o dia, pasou a romeria e as bandas rugosas na Ronda da Muralla non se atopan por ningures. Outras medidas tampouco.
O enlace ó catecismo dixital é iste
Orozco promete en 2005 bandas rugosas na Ronda
Xuño 20th, 2008 at 5:30 pm
Sr. Laxe, xa vexo os comentarios que ten no seu blog.
Non me extrana. Unha persoa impresentabel coma vostede somente será visitado e atendido polos acólitos incondicionais do tamén impresentabel BNG.
Que mágoa que Galicia non teña outra xente que a poda dignificar.