O blog de Xosé Anxo Laxe » Blog Archive » Willy Fog e a volta ao mundo

Willy Fog e a volta ao mundo

2:14 pm Cousas do Concello

No capítulo de hoxe: China

No capítulo anterior: Santo Domingo

E no anterior ao anterior: Arxentina
 

O noso Willy Fog presumía no mandato anterior de pasear polos barrios de Lugo… Agora parece que prefire pasear polo mundo. Saiunos un alcalde viaxeiro: viaxe de negocios a Bos Aires, viaxe solidaria ao Caribe e agora viaxe diplomática, de irmanamento entre murallas, de aventuras polo lonxano Oriente cos cartos de todos os lugueses.

E os asuntos domésticos? Pois agardando a completar a volta ao mundo. Por exemplo, o PXOM, que debería ter chegado a Lugo con toda a documentación este pasado mércores segundo o calendario fixado e non chegou, como ben explica a compañeira Paz Abraira no seu blog. Pero parece que hai cousas máis importantes que facer en China.



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.